"Dos encapuchados de habla gallega"

"Dos encapuchados de habla gallega atracan a punta de pistola la estación de servicio de A Ponte do Porto...Dos hombres jóvenes que hablaban gallego robaron la gasolinera de A Ponte do Porto (Camariñas) armados con sendas pistolas".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 30/07/2010

  • versión para imprimir

Este é o titular e a entradiña dunha noticia publicada a mediados de maio en La Voz de Galicia e que nos remite esta semana un profesor de Xornalismo como exemplo do que non se debe facer para titular unha nova. "Acaso titularían: dos encapuchados de habla española atracan a punta de pistola la estación de servicio de A Ponte do Porto?. Desde logo estase utilizando o feito de que falen galego como un feito pexorativo. E semella escandaloso que ninguén diga nada", apunta,

Non é a primeira vez que se publican nos medios galegos titulares imprecisos do tipo: "morren tres persoas e un portugués" ou "dous homes con aspecto árabe roubaron un chalet en Oia". O caso é que o descuido ou mala intención nos titulares xa ven de lonxe. E senón lembren aquela fantástica sección do programa 'Caiga Quien Caiga' chamda 'Curso de Ética Periodística':

 

 


Curso de ética periodística - Caiga quien caiga (CQC)

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

28 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    un que pasou por aquí

    eran de Carballo!


    12

    OUTRO QUE TAL

    Pois eu creio que o feito de que os atracadores falassem galego é algo que havia que pôr na notícia. Já que som os estrangeiros e os castelhano-falantes os que nos venhem roubar. O feito de que os atracadores falassem galego demonstra que a crise já chegou aqui a níveis extremos (e nom desculpo para nada o latrocínio).

    1 resposta
    1

    Por burro aportuguesado: son os estranxeiros e os castelán-falantes os que nos veñen roubar.... mmmmmmmm, un da escola de Sabino Arana, sacáchelo mallado, co boiños que che somos eiquí, que non roubamos, estafamos, traballamos en B nin nada de nada, o malo son os de afora que veñen quitarnos o traballo e o froito deste, a que sí?


    11

    hpimu (ex chuceiro)

    A nova é do 15 de maio! Tivo que ser un profesor de xornalismo quen a enviara a Galicia Confidencial? A ningún dos lectores habituais da edición Carballo de La Voz de Galicia lles pareceu mal?

    1 resposta
    1

    Por razoando: Será que esa edición xa non ten lectores habituais


    10

    ITO CASTRO

    LA COZ DE GALICIA TEN ESTAS COUSAS..... DE HABLA GALLEGA¡ QUE MALA BABA¡ O QUE LLE GOSTARIA DICIR ERA QUE ADEMAS ........XA SO QUEDABAN ESTES DOUS FALANDO GALEGO E ADEMAIS ERAN DELINCUENTES... LA COZ DE GALICIA NUNCA MAIS¡¡


    9

    Santiago

    Non saquemos as cousas de sitio e contexto! Non se pode ser tan malpensados.. O que se quere recalcar aquí é, e está ben claro, que os ladróns son de aquí, galegos. Eu penso que é iso simplemente! E así mesmo decir implicitamente que non son rumanos, albano-kosovares, etc etc, esta xente que, por duro que pareza, soe ser a que nos ten acostumados a seren protagonistas nestes actos delictivos (sen menosprecialos nin nada parecido, pero é a realidade)

    8 respostas
    1

    Por gelo: galegos, romenos, albano - kosovares e outros tipos de delinqüentes. Está bem o conto. Enfim.

    2

    Por emgalego: Fazer do galego um estigma social está, simplesmente, a acabar connosco. Tentemos, polo menos, atualizar os códigos do jornalismo contra os estigmas sociais para galego falantes.

    3

    Por andrade: gelo, vexo que tas ganas de complicarte vendo o razoamento que te sacaches..

    4

    Por vigo: Pero bueno é que aínda hai alguén que pode sacar algo que non sexa discriminatorio deste acontecemento, a mín paréceme moi triste ter que ler esta noticia.

    5

    Por gelo: @andrade "En español no hay problema", dizia alguém.

    6

    Por andrade: gelo, deixa de respostar que o jode máis, e que cada vez lúceste máis...

    7

    Por sentidiño: Santiago, e ti que es?, da Coz de Galicia? Vaia...

    8

    Por Santiago: Non! vaia...


    8

    Madero

    O rapaz intitulou perfectamente. Lembrou aquelo de que, "a noticia é que o home trabe no can e"... non me negaredes que os galegofalantes non adoitamos atracar comercios nen estacións de servizo. Os malandros adoitan falar coruño, calé, hejpanhol, hejpanhol, hejpanhol.. ou albanokoso-bar. Os delinqüentes galegofalantes sonche todos dos charlines e similares. Todos ladróns de luva branca e conta na Suiza. Nada de carapuchas e "recortás"

    1 resposta
    1

    Por Picolo: De uva branca, se son mais ganhans que Louzan (outro do Salnes) nunca biblioteca


    7

    gelo

    Talvez os encarapuçados sejam da Mafia Galega de chuza!

    3 respostas
    1

    Por Pinto Soares: Non, enton serian de fala aportuguesada

    2

    Por Beatriz Santalices: mafiagalega.com está en Suiza, para a vosa información!

    3

    Por gelo: em Portugal http://domelhor.net/tv/?category=24


    6

    Yolix

    Ha ha, este ten un´ha etiqueta de anís del Mono, que diría Chiquito, e pensou que era o título de Periodista. Que cartos mal gastados na universidade, ou onde queira que se titulara este individuo


    5

    Cerna

    Pois logo debín ser eu e o meu abo de 93 anos.


    4

    Gabi & Fofó

    "Na Coruña edítase un periódico galegófobo"


  • Páxinas
  • 1
  • 2