GC retira o artigo de Carlos Aymerich

Galicia Confidencial decidiu retirar o artigo do deputado Carlos Aymerich logo de que el mesmo pedira a súa supresión.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 29/07/2010

  • versión para imprimir

"Veño de ver publicado na súa páxina un artigo da miña autoría sen eu ter dado autorización ningunha. Rogaría que o retirasen. Obrigado". Con esta escueta mensaxe, o voceiro parlamentario nacionalista dirixiuse a GC para pedir que a súa colaboración fora retirada.

GC colleu o seu artigo da páxina de +Galiza, tal e como especificamos no propio perfil do político. Sen embargo, e tal e como figura no aviso legal da páxina web de +G, e a petición do propio autor, decidimos retiralo. Ademais, pedimoslle desculpas por se lle temos causado algún problema.

Aviso legal


"Máis Galiza non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas, perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato. O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación". Así aparece no aviso legal da súa páxina web. Un aviso que GC fai estensivo a outras redes sociais, blogs e medios por se están tentados de reproducir os seus contidos sen contar co visto e prace dos autores.

Censuras

É a primeira vez que GC retira un artigo a petición do articulista. Ata o momento, e agas o caso de Aymerich, só un dos nosos colaboradores decidiu non continuar cos seus artigos semanais en GC, pero por motivos moi diferentes aos do político de Máis Galiza. Nese caso debeuse a fortes presións por parte do Xacobeo o que fixo inviable a súa colaboración con nós a pesar da súa boa vontade.

En todo caso, GC seguirá tentando reflexar a pluralidade política e social deste país tal e como ven facendo ata o de agora.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

52 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 25

    Paulo

    O Ay!merich é un síntoma de como vai o BNG. Que un homiño mediocre e conspirador, pacorodriguizguista cando vivia no piso co coronel en Madrid e logo reencarnación de condutore en Forza Italia sexa o referente de plus punto G é xa de carallada.


    24

    Manuel

    Amigo Carlos, ladran, sinal de cabalgamos...

    2 respostas
    1

    Por Eu-digo: .. cara o abismo.....

    2

    Por tripular: estes non saben aquilo de: imos de victoria en victoria, cara á derrota final. Non sei se era de Marx, Groucho Marx, pero no caso de non selo...a frase merecíao. O día que o Bloque vaia ó carallo, o nacionalismo galego poderá medrar sen medos e forte e vitaminado.


    23

    Xandokas

    Este crego é algo represor!


    22

    José Collarte

    #9 Non sei, é todo moi estraño. É moi coñecido que Ana Luísa Bouza, a que dirixe a web de Máis Galiza, evita (no facebook) apoiar as novas do blog de Máis Galiza Diáspora. Todo o mundo sabe que algunga xente da UPG non se relaciona cos das correntes contraris...pero é que a Bouza é de Máis Galiza. Rivalidade?. Non, según moita xente que sabe do asunto é porque é....soberbia e non pode mesturarse con emigrantes.


    21

    Meilan Gil

    Seguramente quererá que lle paguen o artigo ou que non se poida opinar, agás que sexa a favor, do mesmo


    20

    El Lute

    O problema do señor Aymerich e de incoherencia total non sabe cara onde vai e o peor de todo é que lle fai moito dano ao BNG e xa non digamos a +G, senón que llo pregunten aos da Coruña e Ourense xa que a perda das primarias para as candidaturas de estas duas cidades tivo moito que ver coa sua actuación falsa:

    1 resposta
    1

    Por Ourenán: Complentamente dacordo contigo. En Ourense sabemos moito do que falas


    19

    Gamela

    Xa que o Sr. Aymerich seguramente dará unha voltiña por GC para ver coma os seus desexos convírtense en ordes para o pobo sometido, vou deixarlle unha COPIA do meu COMENTARIO ao seu incríble panfleto que agora por mor da LIBERDADE (de peto) non temos oportunidade de ler neste lugar. === A este homiño non lle daría o sol na cabeza? "dotar o noso pobo das ferramentas políticas e financeiras necesarias para criar benestar" coma xa fixestes aprobando por unanimidade o Complemento de Altos Cargos do que aínda non devolvestes nin un peso! "festa, concerto, acto político ou xantar de confraternidade que o nacionalismo aproveita para sumar máis pobo" o mesmo que facía o Fraga coas romarías e as pulpeiras do Carballiño? Somos ese POBO que berraba en Compostela "Terra Viva e Vida Digna para Todos" (GNSV) mentres vós dicíades que éramos a correa de transmisión do pp (aínda o voso compañeiro Touriño o segue a dicir sen vergoña en Pontedeume!)... CONT.

    1 resposta
    1

    Por Gamela: SEGUE... "converter o BNG na grande organización de masas que Galiza precisa" Que vós precisades para sumar votos e poder seguir vivindo coma señoritos pisando moqueta ghorda nese parlamentiño que tanto vos gusta e que tanto criticades? Unha OO.MM. non precisa 'directores de orquestra" que veñan ler a cartilla ao día seguinte da revolución...[este párrafo venche ao pelo despois de retirar o artigo de GC] E para rematar ben podíades falar co voso querido amigo Jacinto Rey e ver de salvar a cabeceira VIEIROS en lugar de mirar para outro lado coma senon pasara nada... no Día da Patria. AMÉN (e sinto ser tan pesado pero nunca vira tal cousa!)


    18

    Loureiro

    Por certo... o de "obrigado" debe ser porque alguén o obriga a retiralo, ou?

    6 respostas
    1

    Por umqualquer: obrigado é uma palavra galega, desde muitos anos, séculos antes de que tu nasceres. Não façam brincadeira com aquilo do que não têm conhecimento. O Dicionário de Xerais inclui "Obrigado" por se você não acredita na minha palavra (porém, como soa muito "lusista" em versões atuais acho que já não está incluida.

    2

    Por Pascal: OBRIGADO é unha fórmula de agradecemento galega que ata aparece no dicionario Xerais.

    3

    Por Eu1: Ah! Bueno!!! Se aparece no Xeraissss...!!! Quedamos tranquilos!

    4

    Por Loureiro: Na actualidade NINGUÉN, agás os lusistas máis extremos, din "obrigado" por "grazas". Xa abonda con termos que aturar o de "grazas" para ademais veña un tipo -oficialmente falando para todos (e todas) os galegos (e as galegas)- dicindo que "obrigado". Esa arela diferenciadora do común da xente é algo que afasta ao BNG da sociedade. Por moito que nos doa aos que votamos nacionalista, resulta que hai máis número de galegofalantes votando PP que BNG. E, incluso, que HAI UNHA PORCENTAXE de galegofalantes máis grande que vota PP que os que vontan BNG. Evidentemente, non falo de militantes. Pero se mirades os votos urbáns do BNG, veredes que moitos son castelanfalantes. E case nengún é reintegrata, agás catro militantes. Cómpre que vos poñades ao día. Claro que -se cadra por iso- non queredes abrir o BNG á sociedade, e preferides seguir con tácticas asamblearias e pequenos reinos de Taifas.

    5

    Por I lusos: Loureiro, moi ben, tes toda a razón. E inda mais, se pretenden que a xente se identifique co galego, mal imos lendo: nao fasam nao tem versoes acho que ja nao... igual filoloxicamente e impecable, pero socialmente ninguen o asume (agas the four cats)

    6

    Por Zurullo: Umqualquer, meu rei, ¿en que carallo falas? O portugués, de Tui para abaixo. De Valença parriba fálase galego, deixa de tocar o carallo.


    17

    Loureiro

    Eu deixara comentarios baixo ese artigo. Se cadra non lle gustaron os meus comentarios ao señor Aymerich, ou os doutros comentaristas (e "comentaristos", que non se me esqueza a parida-de ). Eu non vou ir ler o seu artigo en Máis Galicia, así que se non quere que o lea, pois non llo vou ler... ¿E se o señor Aymerich non quere que a xente lea o seu artigo, que clase de político é...? Non entendo nada de nada, a verdade.


    16

    Eu1

    "Obrigado"!!??

    1 resposta
    1

    Por Um dous, trés: De nada!!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Rolda de prensa de Carlos Aymerich/ mundogaliza.org