As ideoloxías do atraso

Nun entorno competitivo como o que nos toca vivir, calquera cidade, nación ou mesmo individuo debería contar cun Plan Estratéxico.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 29/07/2010

  • versión para imprimir

Moi resumidamente, un Plan Estratéxico consiste en facer unha valoración dos puntos fracos e dos puntos fortes, e despois decidir; unha palabra cun significado crucial: decidir cales son os pasos que ten pensado dar esa persoa, esa cidade ou ese país para pór en valor as suas potencialidades e minimizar o impacto negativo das suas debilidades no caso de que non se poidan solucionar ou senón tentalas solucionar.

Neste artigo, vou centrarme en dous puntos fortes, diria que moi fortes de Galicia, que non son postos en valor en toda a sua potencialidade, ademáis de pola incompetencia de quen nos goberna, fundamentalmente polos preconceitos de duas das correntes ideolóxicas máis fortes do País, duas correntes ideolóxicas que sobre o mediodía do pasado 25 de Xullo se encontraban representadas, con só un muro de por medio, na catedral de Santiago e na praza da Quintana.

Para un territorio como o noso con menos de tres millóns de habitantes contar co destino do primeiro itinerario  cultural de Europa e do mundo e cunha das tres grandes capitais mundiais do cristianismo, unha das relixións máis influintes da humanidade é, obxectivamente, un activo extraordinario que facilitaria enormemente gañar para Galicia unha proxección mundial que hoxe resulta evidente que non temos. 

Algúns, probablemente moitos dos que estaban do muro da catedral para fóra o 25 de xullo, non son partidarios de que o papa Bieito XVI veña a Galicia durante este ano santo, eu creo, sen embargo, que sempre que a min non me obriguen nen me prohiban  ir velo é unha moi boa nova xa que conseguirá atraer atención mediática en todo o mundo para Galicia e resúltame un argumento peregrino, nunca mellor dito, vindo de quen ven, que o motivo para estar en contra desa visita sexa o gasto público, cando son os partidarios do gasto público ilimitado os que protestan.

Eu que, como demócrata liberal, si son partidario da eficiencia do gasto público para poder recortar impostos sen recortar servizos e de que a relixiosidade deba pertencer ao ámbito privado de cada persoa. Que un acto como o da oferenda ao apóstolo, cun destacado papel para as autoridades civis, na peor tradición do nacionalcatolicismo predemocrático, non me pareza propio dun definido constitucionalmente como estado aconfesional (suxiro ao PP un recurso de inconstitucionalidade) non me impide ver grandes vantaxes a unha visita e uns actos públicos aos que só irá quen queira ir ver ao papa Bieito, e que nos darán minutos de pantalla en todo o mundo.

Ser un home de pouca fe non me fai  esquecer que os cristiáns católicos, membros da  relixión maioritaria na nosa sociedade, teñen tanto dereito como calquera a ver á cabeza da sua igrexa. Naturalmente é a propia igrexa quen se debería facer cargo dunha parte fundamental dos custos e habería que revisar esas contas da visita porque non me fio, nada en absoluto, da suposta austeridade do señor Feijóo, pero non é iso o que move aos que protestan, é pola contra o seu anticristianismo e/ou anticlericalismo o que os motiva, ainda a custa de perxudicar a visibilidade internacional de Galicia. Por suposto, a Galicia que estaba representada na oferenda ao apóstolo ve con bos ollos esta visita pero seguramente nin lle dedicou unha décima de segundo a pensar en que, esa visita, sería boa para o País.

O propio camiño e a cidade de Santiago de Compostela, cuxa relevancia internacional, non nos debemos enganar nisto, non se debe a ser a capital da nosa autonomía senón ao peso que ten na cultura cristá e ao desenvolvimento urbano que lle forneceu a sua importancia relixiosa, dan pé para potenciar a marca Galicia en todo o mundo, igual que en Cataluña, xa está posto en valor e máis que analizado por publicistas de talla mundial como Lluis Bassat, o aproveitamento por parte do seu País, dunha marca máis potente no mundo como é Barcelona o mesmo poderiamos facer nós, sen embargo no noso País, o provincianismo dos que estaban na catedral e os preconceitos anticristáns, tan fortes como para ser os únicos que lle chaman Compostela a Santiago, dos que estaban na Quintana, impiden facelo.

O segundo punto forte para a relevancia internacional de Galicia que está tamén desaproveitado é o das relacións coa galeguía (que é como se refiren á lusofonia no Brasil), temos o enorme privilexio que para si quixeran moitos, calquera no mundo, de sermos membros naturais da comunidade hispanófona ao mesmo tempo que o somos da galegófona ou lusófona e estar a desperdicialo si que é algo que mereceria unha petición do rei ao apóstolo.

Australia, Indonesia e Ucrania, entre outros paises que como todo o mundo sabe non teñen ao portugués como língua principal e con menos vínculos económicos, culturais e linguísticos coa galeguia ou lusofonía que nós, acaban de solicitar o ingreso como membros observadores na CPLP (Comunidade de Paises de Língua Portuguesa).

Independentemente da batalla ortográfica, se tivesemos un goberno galego con maiúsculas e non unha delegación provincial e provinciana da rua Xénova madrileña como temos, este goberno debería solicitar o ingreso para a nosa comunidade na CPLP, como medio para ubicar no mundo o noso nome con máis forza, abrirnos politica e economicamente ao mundo lusófono, ao tempo que mantemos a nosa vinculación coa hispanofonía,  incrementaria o noso peso dentro e fóra de España e as posibilidades de negocio e por tanto de xeración de riqueza e de emprego, isto sábeno os que estaban o día 25 dentro da catedral pero como prefiren unha Galicia acomplexadiña, non moi rica e mansa, e non unha Galicia que actue con firmeza en España, Europa e o mundo na defensa dos seus intereses aposto que non van facer nada ao respecto. Os que estaban á mesma hora na praza da Quintana tampouco fixeron nada a este respecto cando gobernaban.

En definitiva, son as ideoloxías do atraso; a conservadora, subordinada e centralista dos da catedral e a marxista-leninista, totalitaria e tamén conservadora dos que mandaban na praza retirar bandeiras galegas, dous dos lastres máis importantes para o desenvolvemento e o progreso do noso País pero que non se pensen os que estaban en Rianxo tendo o lindo detalle de porlle unhas flores ao gran Castelao que penso que eles aportan algo máis, simplemente penso que, ou moi engañado me teñen, ou non teñen moi claro o que son ou o que defenden.

Carlos Vázquez Padín




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

11 comentarios
8

Manuel

Divertida colaboración. Menos mál que estas tu para salvarnos de nacionalistas y bloqueiros. Solo un apunte para que aprendas algo. La ofrenda al apostol Satiago viene del siglo XVII, y por entonces Franco no había nacido.

2 respostas
1

Por O sobrinho das de Penín: nacionalcatolicismo predemocrático Manuel, aprende a ler.

2

Por Manuel: Tienes razón, lo democrático es el agnosticismo modelno, nacionalista lusófono y comprometido con el país, inventado por el mesías do povo galego. Al final terminaremos montados en yate de multimillonarios. Como siempre


7

Carme de Tol

E logo, ¿o liberalismo e unha ideoloxía nova? Manda carallo o que hai que ler.

1 resposta
1

Por Wau: A chave da innovación é a profundización nos conceitos básicos.


6

umouvinte

O feito de que os que ti entendes que estão a favor do gasto ilimitado sejam os mesmos que estão em contra do gasto público na visita do papa a Galiza, não é um paradoxo. É uma prova de que estavas errado. De feito, dizer dum adversário político que está a favor do gasto ilimitado é intentar desqualifica-lo.


5

Meu Rei

Canta razón tés Carlos. Por favor, segue desenvolvendo ese plan estratéxico que é moi interesante o que dís. Como sempre.


3

umqualquer

Eu sou ateu. O motivo da minha vontade para que venha o papa é que vai ser sufragado com gastos públicos. Os que somos de esquerdas o que queremos é que sufrague os gastos NECESSÁRIOS, e nom os vícios crenças e demais histórias de cada quem. ao respeito da CPLP, Galiza está representada, mas nom de jeito "oficial". Temos a AGLP que nos representa e está a lograr grandes cousas nestes anos de trabalho. Lembre que o PRIBERAM já inclui 1000 palavras únicas da galiza. O governo do PP nunca vai a aceitar estarmos na lusofonia porque poderia dar-se o caso que a gente agir contra do espanholismo impositor do castelhano para poder usufruir da nossa língua na lusofonia. O Governo bipartito nom se atreveu a fazê-lo. foi umha mágoa. obrigado a você e ao seu partido por existirem, aguardemos que esse eleitorado galeguista que segue a votar em PP se decate do erro e votem ao seu partido. Todos sairemos ganhando.


2

Javier Domado

Cada día estoy más de acuerdo contigo Carlos. Los gallegos no somos ni tan religiosos, de hecho el 25 había más turistas en la catedral que gallegos, ni somos tan antireligiosos. Nos parece bien que se exprima el papel de Santiago como centro religioso, pero sin pasarse. Has acertado de pleno, porque la mayoría de la sociedad gallega somos así. Los extremos son minoría.


1

Xoán

Moi ben visto. Lembremos que cada ano centos e centos de galegos peregrinan ás ermitas das Virxes milagreiras. O ano pasado falábase de 50.000 a 100.000 persoas presentes no triángulo Muxía, Amil e Rianxo. http://www.galiciahoxe.com/vivir-ho... Non fai isto mover tamén a nosa economía? Persoalmente estas mareas de xente abráianme. As culturas cristiáns non son unha vergoña en Europa. Non digo que haxa tampouco que favorecer ésta máis ca outras relixións, ou que non haxa que evitar a súa presenza nos ámbitos máis públicos (escolas, administracións públicas) pero o catolicismo forma parte moi profunda da nosa cultura, mesmo dos ateos. Aproveitemos que toda Europa mira para Compostela para promocionar este noso país.


Carlos Vázquez Padín

Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.