Coa morte de Vieiros non teño dúbidas sobre a pertinencia dunha versión actualizada daquela máxima televisiva..Cando desaparece un medio de comunicación feito en galego algo perdemos todas aquelas persoas que desexamos a progresiva consolidación dun espazo comunicacional realizado na nosa lingua.Pero é que, ademais, Vieiros era a demostración práctica da compatibilidade entre un compromiso explícito coa identidade nacional galega e o respecto pola pluralidade existente no seo do que poderiamos chamar a sociedade nacionalista.Vieiros contribuía a facer Pais sen utilizar unha trincheira partidista.
Mais alá das circunstancias específicas e conxunturais que podan explicar a caída desta publicación dixital, estamos ante a repetición dun fenómeno que revela a existencia de eivas estruturais de importancia no conxunto do universo social de orientación galeguista.O nacemento das organizacións políticas que configuran o nacionalismo galego moderno non se viu acompañado pola existencia dun tecido económico e asociativo amplo e estábel (agás no eido do sindicalismo obreiro).Esta asimetría sumada á cultura política na que foron educados os cadros dirixentes das novas organizacións orixinou unha dupla concepción asumida como verdade indiscutíbel:a superioridade da acción política organizada sobre calquera outra actividade social e a necesaria subordinación das asociacións ubicadas no universo nacionalista ás decisións adoptadas na dirección da formación política hexemónica de cada momento.
Durante moito tempo, o nacionalismo político galego mantivo un discurso dual e contraditorio a respeito dos medios de comunicación:por unha banda outorgáballe unha grande responsabilidade nas dificultades que experimentaba para obter un rápido medre electoral e por outra parte non era quen de contribuír ao nacemento dunha rede de medios alternativos.E cando algúns destes vían a luz, aparecía un dos virus mais destrutivos que habitan na galaxia nacionalista:o sectarismo que prefire a desaparición daquel ente que non se somete á lóxica da “correa de transmisión”.
A morte de Vieiros pode servir para corrixir vellas deficiencias e comezar a enterrar o cainismo que nos acompaña dende hai corenta anos.Tamén pode ser o comezo dun longo deserto cheo de frustracións e abandonos.A ver se é verdade, agora, que “cando un Vieiros se queima, algo noso se queima”.
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O problema é que hai uns nacionalistas puros e outros impuros, os nacionalistas impuros, ou sexa, os non nacionalistas segundo os nacionalistas puros, non fan pais. Aos nacionalistas puros só lle valen os médios controlados ou dominados por eles, así por exemplo é mellor colaborar con "La Voz de Galicia" que xa se sabe que é un xornal nacionalista de toda a vida, que colaborar con Vieiros ou, poño por caso, Xornal de Galicia que permitiron ou permiten que publiquen nas suas páxinas os nacionalistas impuros. Xa lles vale!
Aínda poderíamos facer algo por VIEIROS ? http://www.vieiros.com/open/amosar/... facer algo máis que chorar... claro!
En Vieiros había censura, o Secretario Xeral de Converxencia XXI foi censurado despois do seu primeiro e único artigo en Vieiros. Vieiros era tan sectaria como La Voz pero mais do teu pau, pero iso non ten nada a ver coa pluralidade. Ademais é sempre bo que unha empresa mal xerida e que vivia dos impostos dos cidadáns via subsidios e contratos nada claros do Bloque no bipartito quebre.
Por Costadamorte: ...? O SXCXXI non sei se foi censurado en Vieiros, o que teño claro e que ten unha deficit na linguaxe... Soio sabe conxugar a primeira persoa do singular, EU, EU, EU... Lémbrame a aquel conto dun que quiso ligar cunha rapaza e ela respostoulle que non, que el era un can que soio ladraba..., ao que o ligón lespostou: Que EU ladro?... Quen, EU?..., EU, EU?..., EU, EU, EU EU???....
Por Martinho: Pois a ver se lle aplican a mesma receita á Voz, á Rexión, ao Faro, ... que lle quiten as subvencións, a publicidade institucional, etc. e que quebren dunha **** vez.
A asociación ecoloxista Adega denunciou onte un proxecto para dragar e voar rochas nos fondos da ría de Ferrol co fin de aumentar o calado para supostamente beneficiar a Reganosa, ao que alegou na Autoridade Portuaria. Segundo Adega o obxectivo do proxecto, que se levaría a cabo no LIC Costa Ártabra incluído na Rede Natura 2000, “é facilitar a entrada de gaseiros á planta de Mugardos”. Neste sentido, recordan que na ría non entran outros barcos que precisen de maior calado polo porto exterior. Ao seu xuízo “o alto custo da operación, de 175.000 euros para 2.500 metros cúbicos de dragado” podería indicar que “os volumes poidan ser moi superiores aos declarados no Estudo de Impacto Ambiental”. Por iso advirten de que a zona conta “con especies protexidas e unha rica biodiversidade
Mais alá das circunstancias específicas e conxunturais que podan explicar a caída desta publicación dixital? = Suso por que temos sempre que MIRAR PARA OUTRO LADO? A morte de Vieiros pode servir para enterrar o cainismo??? E como? Mercando o Xornal de Galicia imos sustituir a VIEIROS? Mala cousa!!! Só nunha cousa CONCORDO: Vieiros contribuía a facer Pais sen utilizar unha trincheira partidista. CANDO TEREMOS OUTRO LUGAR DE ENCONTRO PLURAL EN GALICIA ???
vieiros caeu por unha mala xestión. Incompetencia se chama Non se entende que non fosen quen de adaptarse aos malos tempos. Durante anos vieiros foi levado por unha soa persona. Nen isas, pechar foi a opción elexida
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting