Dous argumentos fundamentais formaban esa discusión no meu foro interno, en relación a este asunto, por un lado, o fondo rexeitamento que me produce o primitivismo e salvaxismo dun divertimento consistente en desfrutar da lenta e dolorosísima tortura pública dun animal, e doutra parte a miña ideoloxía demócrata liberal que me leva a pensar, polo menos de maneira inicial, que o feito de que eu rexeite un espectáculo só me autoriza a non ir velo pero non a pedir a sua prohibición para que non poida ir velo quen así o escolla, por moi minoritario que, afortunadamente, sexa este primitivo “gosto” en Galicia, a nosa nacionalidade histórica, como está definida na sacrosanta Constitución Española.
Hai algo, sen embargo, que me empurrou a pronunciarme e iso non foi o impecable proceso democrático que seguiu o Parlamento catalán onde só partidos dos estremos ideolóxicos do arco parlamentario e minoritarios como o PP, ERC e IC votaron en bloque nun ou noutro sentido mentres os dous partidos centrais da política catalana CiU e PSC daban liberdade de voto aos seus deputados, práctica esta última moi saudable e completamente en desuso tanto no Congreso dos deputados como no Parlamento de Galicia, demostrando, unha vez máis, que Cataluña leva ao resto de España un par de longos de piscina na sua cultura democrática.
O que si me levou a pronunciarme finalmente foi a furibunda reacción da brunete mediática madrileña de dereitas e de esquerdas que non dubidou, en atacar a decisión democrática do Parlamento catalán, dunha forma máis ou menos disimulada con reportaxes moi extensos e panexíricos da salvaxe costume íbera das touradas, chegando o Partido Popular ao grotesto e ridículo extremo de propor a protección por lei da festa dos touros.
É lamentable, baixo o meu punto de vista, que praticamente todos os xornais e televisións radicados na vila e corte, consideren que a tortura pública dun animal é un dos alicerces fundamentais da cultura española e que o que se decidiu en Cataluña non foi máis que unha agresión á españolidade, se prohibir democraticamente o salvaxismo e a tortura animal supón agredir á españolidade creo que os defensores, tan maioritarios nalgúns sitios, deste concepto primitivo de españolidade, ao que denominan cultura taurina, precisan tomar uns cantos cursos de marketing e viaxar un pouco máis aproveitando o magnífico aeroporto que ali teñen.
A pprimeira parte a resolver, para min, na cuestión da prohibición ou non, non é se unha maioria (os que en Galicia abominamos das touradas) podemos prohibir a unha minoria (os que en Galicia gostan das touradas) o desfrute deste “espectáculo”. Con carácter xeral e para un demócrata liberal, a resposta debería ser non, o principio está claro, as maiorias non poden restrinxir os dereitos e liberdades das minorias como tanto gostan de facer o PP, o PSOE ou o BNG cando están en posición maioritaria. Nos réximes totalitarios podese prohibir o que lle apeteza ao ditador pero na democracia liberal non, é necesario argumentar moi ben que principio superior está por riba desa liberdade individual para pretender defender a prohibición dunha determinada actividade.
A pregunta subseguinte é; se o desfrute da tortura dun animal non debe estar entre esas cousas que unha democracia liberal exclue desa posibilidade de escolla individual, ao igual que exclue desa posibilidade de escolla as agresións aos dereitos humanos, igual que exclue as agresións á propiedade privada, igual que exclue as agresións a esas mesmas liberdades individuais que protexe ou igual que exclue o dereito á ignorancia que o señor Feijóo promove en Galicia en relación á nosa língua.
E teño que dicir finalmente que a resposta, para min, é afirmativa, un espectáculo consistente en marear e espetar a un animal ata a sua morte creo que é algo que unha democracia civilizada non debe tolerar, desfrutar dalgo así envilece e rebaixa a toda a sociedade e non só aos que van velo, alonxándonos dos parámetros de calquera democracia liberal avanzada, e polo tanto civilizada, do mundo. A democracia liberal non debe ser compatible co maltrato animal polo que me declaro persoalmente partidario da prohibición das touradas, con tortura e morte do animal, en Galicia. Gustaríame neste punto expresar a miña identificación e admiración polo pai da Patria máis avanzada de iberoamérica, Bernardo O'Higgins, primeiro presidente da república chilena que aboliu a escravitude e as touradas no mesmo decreto, O'Higgins marca con esta decisión o camiño a seguir, identificando unha e outra costume como propias de sociedades incivilizadas.
Lonxe da democracia liberal están os políticos do PP (Deputación de Pontevedra e Concello de Muiños) e do PSOE (Concello da Coruña), que nen sequera teñen a decencia de actuar con neutralidade deixando que a lei da oferta e demanda poña ás touradas, no sitio que decidira a cidadanía, a través do mecanismo do mercado, estes políticos que pertencen á minoria que gosta das touradas, ainda que estexan nos partidos maioritarios, deciden subsidiar esas “celebracións”, co diñeiro dos impostos duns cidadáns, que nun 86%, sentimos indiferencia ou rexeitamento cara a “Lidia” en Galicia,”. É evidente que prefiren promocionar, iso si, co diñeiro dos demais (é fundamental que o diñeiro sexa dos demais), o que eles, e non eu, chaman cultura española en vez de investir ese diñeiro en verdadeiras necesidades da cidadanía.
Carlos Vázquez Padín
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
¿ERC é minoritario en Catalunya? !Nunca tal oín machiño!
Por Non sei, non sei: Home, nas ultimas xerais tivo un 7% e o BNG un 12%, e nas catalanas 14%, pouco máis que o PP (e non negará que o PP en Cataluña é minoritario, aló a dereita vota CiU)
Por Hugo: Vendo esas porcentaxes pode entenderse así, pero segue a ser a terceira forza política catalana. Un 14% dunha poboación de cáseque 6 millóns de persoas é unha grande minoría.
Non é unha cuestión de ser ou non ser liberal. É unha de ser mellor ou peor persona. E sí, estou dicindo, sen ambaxes, que os que defenden as touradas son piores personas ca mín. Non podo entender, de ningún xeito, que alguen poida defender que a tortura dun animal sexa un espectáculo...simplemente non me cabe na cabeza.
Alguén nomeou ás meretrices? Que fermosa palabra: meretriz!!! Cantos fillos de meretriz hai pola política adiante! Hai moitas hipocrisías neste país. Cataluña lexislou o que corresponde a un país civilizado e o resto é merda.
Por Anaxandridas: Bueno, lexislóu o que corresponde a un país civilizado para facerse notar contra outros, porque cando tocan ao seu (non tan civilizado) ben que lexislan -incomprensiblemente- en contra. Tes razón, que hai moito fillo de meretriz na política... en Lugo, en Madrid, en Murcia e en Barcelona tamén... http://www.publico.es/293755/parlam...
Angeles, primeiro: eu penso que sempre é bon momento para as votacións democráticas, seguindo o teu argumento, agora non é momento de perseguir o maltrato ás mulleres, agora non é momento de arrestar terroristas ou a conta disto perseguir o maltrato aos animais. Desde logo, nunha cousa acertas, agora non é o momento económico de subvencionar con cartos públicos ese tipo de actos. Lémbroche tamén que a votación proviña dunha enmenda popular avalada por 180.000 asinaturas. Por ultimo dicirche que se non queres que as corridas de touros desaparezan, te podes xuntar cos que non queren que o burka desapareza, ou cos que queren liberdade para mutilar animais ou xogar coa súa morte. Non gosto da xente que coma ti, goza vendo como cunha espada lle atravesan o corazón a un touro. Iso é máis propio do Coliseum, non cres?
Por coruñes: desde logo que e mais propio do coliseum, preguntallo a paco vazquez...
yo estoy en contra de que las corridas de toros desaparezcan, y para mi no es un tema que por ahora deba salir a la luz. O es que los políticos, en vez de andar a querer tapar ojos ala ciudadanía Española con los toros por que en los debates no se busca la manera de que el país se ponga en orden en la economía y se dejen de chorradas, y busquen una solución para quien esta pasando hambre.
Por Hugo: Anxiños, escreve en galego nena. Porque ese "andar a querer" no medio do texto castelán dí moito do teu dominio da lingua do Imperio.
No medio de tanto odio hacia Cataluña e con políticos cobardes e populistas, como demostran o Rajoy, Pepe Blanco e outros cargos do PSOE e do PP, que non dubidan en apoiar as tradicións máis cavernicolas por non enfrentarse ao aparato mediático de Madrid, paréceme moi acertado e con con moito sentido común. Parabéns ao seu autor
El afiliado o simpatizante del PP, el anónimo número 5, demuestra el gran respeto que muestra este partido hacia las opiniones de los demás. Lo curioso es verlos emplear palabras hacia los otros, que mejor les definen a ellos. Decirle facha a los demás, no exime a uno de serlo. Y el comentario número 5 es la viva prueba de ello. Es como si un señor que tiene un coche de gama alta, ropa cara y un chalet le llamase burgués o ricachón al otro por tener lo mismo. Felicidades otra vez Carlos, cada día me siento más unido a tu proyecto. En Galicia necesitamos como agua de mayo un proyecto demócrata y liberal como el vuestro. Sóis un soplo de aire fresco a la política gallega.
"o dereito á ignorancia que o señor Feijóo promove en Galicia en relación á nosa língua." Derecho a la ignorancia? acaso Feijjóo reconoció el derecho a poder rechazar la asignatura de gallego y a recibir todas las demas materias en gallego en todas las etapas? ¿Acaso pretendes tú, proyecto de chupóptero, defender el disparate de que sin inmersión obligatoria 100% en gallego como unica opción para todo dios no se puede cumplir la obligación estatutaria de aprender gallego para todo ciudadano de Galicia? ¿Cual es a nosa lingua? pòrque somos muchos quienes tenemos hacia el gallego la misma relación y vinculación personal que los fachas como tú tenéis hacia el español Estos colectivistas fascistas que van de liberales...ainsss
Los animalistas gallegos lucharemos por la abolición de la ganadería, caza y la pesca y la tortura animal en todas sus formas. Sabotaje sin fin contra los que matan animales para disfrute, sea cual sea.
Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting