Desaloxos forzosos en Elviña

Veciños do Elviña enfrontanse coa Xunta e coa universidade pola expropiación das súas vivendas.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 06/08/2010

  • versión para imprimir

Segundo nos conta a Plataforma Patrimonio, o proceso xa ven de lonxe, do ano 2006, cando a Universidade da Coruña proxecta crear unha residencia universitaria que obrigaría a desaloxar a 11 familias.

Desde entón, os veciños batallaron en todas as frontes ata que hai dúas semanas a Xunta decidiu cortar polo sano e comunicou a dúas familias que no prazo dun mes procederían a desaloxalos.

Os afectados, que recibiron as actas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), néganse a marchar e piden un prezo xusto por ceder as súas propiedades e aceptar o realoxamento. A Xunta ofrecelles un piso na Coruña pero moitos deles son xa vellos e están moi apegados á terra.

Toda a vida en Elviña

"¿Qué fago eu nun piso, que aínda por riba teño que pagar todos os meses?”, conta Perfecto Gómez ao Ideal Gallego. Este veciño está a punto de cumprir 80 anos e non concibe outra forma de vida fora do núcleo no que viviu durante décadas e no que ainda se mantén activo grazas ao muíño que ten nos baixos da casa e que aínda segue utilizando para moerlle o millo a moitos dos seus veciños.

Asociacións de veciños e de defensa do patrimonio denuncian a pouca sensibilidade da administración e anuncian novas mobilizacións se os afectados non son reubicados no propio barrio de Elviña.  

ELVIÑA TERRA DE ESPOLIOS from Mourelo on Vimeo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Vista de Elviña-Castro/ 1.bp.blogspot.com