A Xunta baixa as axudas para os medios 100% en galego

No último ano do bipartito houbo unha convocatoria de 900.000 euros, mentres que este ano só é polo de agora de 63.000.

Por Walter Burns | O Irixo | 13/08/2010

  • versión para imprimir

Hai dous tipos principais de axudas da Xunta aos medios de comunicación. A máis importante, e oscura, son os convenios. Trátase de acordos bilaterais entre cada consellería e certas editoriais.

Non hai convocatoria nin concurso público, os cartos flúen en función do criterio do mandatario de turno. Só nesta lexislatura xa se levan entregado a dedo máis de 2,4 millóns de euros por esta vía.

As axudas públicas e con concorrencia son as convocadas no DOG. Este venres remata o prazo para presentarse a aquelas destinadas especificamente para publicacións 100% en galego. O seu importe máximo é de só 63.566 euros.

Certo é que na convocatoria xa se advirte que o importe das subvencións pode ser ampliado. Así se fixo na última lexislatura do bipartito, cando pasou de 71.000 euros até os 900.000 euros.

Ante os recortes do Executivo conservador na promoción do idioma, está por ver até que punto os conservadores abren ou non a billa destas subvencións, pois a práctica totalidade dos medios 100% en galego que subsisten (A Nosa Terra, A Peneira, Galicia Hoxe, Tempos Novos etc.) manteñen liñas editorias críticas co Goberno Feijóo.

Todos eles son membros da Asociación de Medios Escritos en Galego, patronal presidida por Xavier Cea, subdirector do Galicia Hoxe, quen xa lle lembrou ao goberno que “os medios en galego somos un factor fundamental da normalización da lingua, polo que é normal que precisemos protección". Vieiros, un dos medios promotores desta patronal, desapareceu este verán por mor da crise económica.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
9

pelocho2

Iso, que nos xa compramos os medios españois e os manteremos cos cuartos públicos de todos os galegos que aquí pensades que as subvencións son para calquera en igualdade de oportunidades. Ilusos. Son para os nosos! Parvos, home, que parecedes parvos...


8

pelocho

Nacionatas, comprade vós mesmos eses xornais 100% galegos, e non lles farán falta subvencións. Non sodes tantos, e tan representativos do pobo galego? Pois apoiádelles, carallo, e non vos queixedes como parvos.


7

Guillerme Docampo

Por certo, na convocatoria vólvese esixir que estean escritos en normativo oficial vixente. Manda carallo! ¿ É que a hai?

1 resposta
1

Por Marcos Torres: E ló rapás! Non conoses o curuño? E o Touriñés? Pois o normativo ofisial vixente é iso mesmo mesturado coas notas de prensa da Xunta, que aínda se está a estudar en que idioma as perpetran desta volta! (ameazan con chamarlle Ruediñés ou Feijóoñés, así con dous acentos, para que se vexa que é lingua nova)


6

Guillerme Docampo

É de coña. Deberíanlle dar as subvencións aos medis que escriben só en galego e xa veremos a onde van parar


5

Agredido

é que senon Santi Rey non ten para gastar nos guiskis do club de golf, hai que reducir gastos para manter as inversions de futuro do pais.

2 respostas
1

Por Eugenio Pombo: johnnie walker red label para ser mais exactos e rodeado como sempre dos seus lamecus que lle rin as suas gracias,teño eu un video falando das mulleres que non ten desperdicio grabeino na terraza do club de golf cando estaba medio merendas e xa lle prendia a lingua.....menudo despota esta feito o Santi.

2

Por Pedro: Pois poderías colgar ese vídeo no youtube, e avisar


4

No somos tontos

Los medios en gallego no son de nuestra cuerda. Mejor que desaparezcan para que tengamos el camino libre. Nosotros subvencionaremos a quien nos de la gana siempre y cuando alabe nuestras bondades y oculte nuestros errores. Ni que fuésemos tontos, joder! Y ustedes jodiendo la marrana y destapando toda la mierda...


3

garniar

noxo de goberno...


2

Pardo de Cela

Os problemas económicos de certa voz, obrigan ao sey benefactor a redirixir as axudas, así na vez de apoiar aos media en galego, gastan moreas en medios, até o ABC, que o empregan anecdóticamente.


1

caralladas

Noxo de país