Alerta nuclear

Fai semanas que Fidel Castro está a advertir de xeito reiterado sobre o risco de real de que estale un conflito nuclear de consecuencias catastróficas para a humanidade.

Por Xabier P. Igrexas | Vigo | 14/08/2010

  • versión para imprimir

Os puntos quentes de risco son, novamente o Golfo e a península de Corea. No primeiro caso, a advertencia de Fidel -do que ninguén pode cuestionar a súa sempre afinada faceta como analista político-, ten a ver coa contenda que se orixinará se os EUA, alentados por Israel, deciden proceder a unha inspección forzosa dos barcos mercantes de Irán, na teima por impedir por todos os medios o desenvolvemento do programa de enerxía nuclear para usos civís e pacíficos daquel país (Irán é asinante do Tratado de Non Proliferación Nuclear, do que curiosamente non forma parte o veciño Israel).

En varios textos, no marco das súas periódicas e sempre interesantes “reflexións”, o líder da revolución cubana ven debullando os posíbeis escenarios e as súas consecuencias.

Se ben existe unha -ao meu xuízo inxusta e equivocada- resolución das Nacións Unidas que insta a realizar estas inspeccións, a mesma sinala que deberán ser baixo aprobación iraniana. Con todo non parece probábel que os EUA desistan da súa intención de intervir, alén dos límites do dereito internacional, contra de Irán, e toma corpo a posibilidade dunha abordaxe violenta que sería entendida lexitimamente pola República Islámica como un acto de guerra, ao que esta xa anunciou que respondería co ataque con mísiles contra da frota estadounidense no Golfo. É obvio o que se desencadearía a continuación.

Fidel deu un paso máis na súa campaña de sensibilización e mobilización internacional contra dun posíbel holocausto nuclear, comparecendo nunha sesión plenaria da Asemblea Nacional do Poder Popular (parlamento de Cuba) da que é deputado, tras catro anos de ausencia por motivos de enfermidade, na que deu lectura a unha contundente declaración. Castro apelou ás e aos deputados da asemblea a se mobilizar con todos os medios ao seu dispor para desenvolver unha campaña internacional que disuada ao presidente Barack Obama. Conta co apoio tácito da República Popular China e máis de Rusia, que segundo informou, están tamén a traballar activamente na mesma dirección, e coa credibilidade gañada pola experiencia histórica de Cuba en crises desta natureza (lembremos a Crise dos Mísiles de 1962 entre os EUA e a URSS).

Os media sinalaron que Fidel compareceu 12 minutos, máis en realidade o comandante foi interpelado durante case dúas horas por varias deputadas e deputados, e no marco dese diálogo (o vídeo está dispoñíbel en Youtube), centrou maxistralmente a cuestión formulando tres preguntas fundamentais, que reproduzo a continuación: ¿Cre alguén que o poderoso imperio (en alusión aos EUA) retrocederá na demanda de que os mercantes iranianos sexan inspeccionados? ¿Cre alguén que aos iranianos, pobo de milenaria cultura moito máis relacionada coa morte ca nós (os cubanos), lle faltará o valor que nós tivemos para resistir ás esixencias dos EUA? e ¿Hai algunha solución para esta contradición?

Non se trata de ningún disparatado exercicio de ficción. Tendo en conta a cuestión xeoestratéxica, así como a necesidade dos EUA -como centro do sistema capitalista- de resolver a vixente crise sistémica ao seu favor, e atendendo ao precedente da Segunda Guerra Mundial, non é ningunha arroutada senón un escenario posíbel que debe ser evitado. Máxime se se ten en conta que o actual armamento nuclear ten unha capacidade que multiplica por 350.000 a capacidade destrutiva das bombas atómicas, coas que os EUA perpetraron un magnicidio en Hiroshima e Nagasaki hai 65 anos.

Nese senso Fidel facía un apuntamento importante. Se se consegue impedir que este conflito estale, ademais de ter salvado millóns de vidas e a sobrevivencia planetaria, o capitalismo entrará na súa fase terminal e acusará o seu inevitábel derrube.

Todo indica, pois, que un dos flancos polos que debemos enfrontarnos ao vixente imperialismo senil é na revitalización e activación dos movementos en favor da paz e polo desarme, tal e como veñen sinalando numerosos partidos comunistas no mundo. Mais, desta volta, será fundamental articular e coordinar esa resposta a nivel internacional, inserindo a actuación local nunha estratexia global en chave internacionalista.

A vindeira cimeira da OTAN en Lisboa, este outono, pode que sexa unha boa oportunidade para contribuírmos desde Galiza a esta causa crucial.

Xabier P. Igrexas




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
7

Brais

Eu mesmo diria que mal anda a UPG


6

amigho

tomalle outra, Xabi, tomalle outra...


5

Carlinhos

CAnto rabudo anda por aqui. Escocen as verdades, eh?. Viva Cuba e abaixo o imperialismo ianqui

1 resposta
1

Por Brown, carliños brown: viva la revolussiiiión, camarada, viva Cuba libre, con coca-cooola, viva la democrasia de Fidel, donde se hase lo que le sale al comandaaaaaannnte del carajo... algún quedáchedes no 59 e non vos movedes de ahí, chegará o 2090 e veremos a PAcorro (contemporáneo de Fidel) e os upegallos amarrados ao postiño loubando as bondades do castrismo e da revolusssiiiiiióon, camaradas. Tedes un concepto da democracia en fin, curioso, as ditaduras proprias non se miran cos mesmos ollos


4

carlos

Que mal anda o bng...


3

Corunhês

Não gosto dos excesos militaristas dos yanquees mas tampouco é que me serva qualquer cousa para ir contra eles. O nosso país não é sobirano mas ja gostarião os cubanos ter a possibilidade de poder opinar como nós opinamos aquí. Sabes que Internet en Cuba, China, o vosso querido Irão donde se lapidam mulheres está controlado o seu acceso

1 resposta
1

Por Vijés: pero alí formarían parte da elite dirixente, os que comen ben, teñen boas casas e viven toda unha vida sen dar pau a auga e dando moita orden. Membro de China Nova (ou Cuba Nova, ou Irán Nova) as xuventudes do partido único... vaia tropa, este jichiño e Iria Aboi, Maceiras, e demáis GZNoveiros escasamente formados son o futuro? fodidos imos


2

Corunhês

Algo de surrealismo em todo isto si que vexo, em que taberna estabas e a que hora escribistes o artigo?. Seria sem duvida grave uma guerra no Golfo Pérsico, mas não esquezas que o que socialmente alí acontece tambem é grave:falta de liberdades, como está a mulher?,e os homosexuais?. A veces de verdade o vosso discurso é algo cansativo mas a realidade é uma tu aquí podes opinar sobre Europa a Galiza e o Irão ou Cuba, nestes respectivos países não podes falar de nada e para lápidar uma mulher por exemplo só fai falha que inventes qualquer acusação (alí a qualquer cousa se lhe chama delito). Tendes uma fóbia com os Estados Unidos que qualquer elemento no mundo que vaia contra eles ja vos serve e fazedes del uma defesa quase incondicional.

1 resposta
1

Por Vijés: Bo, a iste do "movemento veciñal vigués" xa lle lin eu unha vez algo que merecería estar na antoloxía da tolemia UPegueira: "...as presuntas atrocidades de Stalin"... se non fose pola seriedade que ten soltar estas gilipolleces, era pra escachar a rir


1

Lois

Pero enton ti negas o dereito de Hamas, Corea e Iran a ter armas nucleares e poder utilizalas?


Xabier Pérez Igrexas

Foi Secretario Xeral dos Comités Abertos de Estudantes, membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e integrante de diversos organismos de dirección comarcal e local do BNG en Vigo. Na actualidade é vice responsábel comarcal de Galiza Nova en Vigo. É autor do blogue Contradiscurso