Globalización, riqueza e liberdade

Ás veces cando me consideran representante do “pensamento único” cavilo en si se referirán a que son o único, ou un dos poucos, que en Galicia defende, entre outras cousas a bondade do fenómeno da globalización.

Por Carlos Vázquez Padín | Tui | 14/08/2010

  • versión para imprimir

Porque é certo que hai moitos máis que consideran que a globalización é intrínsecamente perversa e ese numeroso grupo cre ademáis que os que pensan como eu son uns insolidarios e malévolos egoistas e eles son moi solidarios e altruistas. A este influinte grupo que lle ten fobia á globalización chamareille seguindo ao prestixioso economista, Xavier Sala i Martin, globófobos. Pero vexamos, en que consiste a globalización?, pois ven consistindo no libre movimento internacional de cinco factores: capital, traballo, tecnoloxía, información e comercio. Isto significa que a globalización aumentará, a medida que se remexan as barreiras ao libre fluxo deses cinco factores.

O libre movimento destes factores xoga un papel crucial no fomento da liberdade e no fomento da riqueza naqueles lugares que se abren a todos estes fluxos e nos lugares entre os que se intercambian capitais, traballo, tecnoloxía, informacións e produtos. É moi contraditorio, ou quizá non tanto, que coincidindo cos conservadores, a mesma esquerda que se autoasigna o papel de internacionalista e solidaria queira impedir ou dificultar a liberdade de fluxos de todo tipo, nomeadamente os comerciais con paises pobres, impedíndolles desta maneira un desenvolvimento sustentable da sua economía e consecuentemente a única via de probada eficacia para sair da pobreza.

É tamén dunha hipocrisía dificilmente superable a visión tan negativa que moitos teñen do investimento estranxeiro e das multinacionais, que son outros dos elementos clave da globalización, quizá conveña lembrarlles un só dato da realidade económica galega, arredor de 30.000 persoas e as suas familias viven no noso país, e non viven nada mal, grazas á instalación da fábrica da Citroën en Vigo no 1958. E quizá conveña tamén lembrar que os directivos franceses da empresa automobilística non escolleron Vigo porque gostasen moito do marisco ou da ría senón porque era un lugar que ademáis de boa saida por mar, garantialles estabilidade, xente traballadora e disciplinada e man de obra barata en relación á francesa, sí, man de obra barata. E bendito o dia que a multinacional “malvada e explotadora” de Citroën se ubicou en Vigo creando moitísima riqueza na nosa terra, ou hai alguén que prefire que peche?.

Recordo unha anédota que situo no 2002, a BMW anunciou naquela altura que andaba na procura dunha localización para unha nova fábrica dentro da UE, o daquela alcalde de Vigo, Lois Pérez Castrillo asistia naquela altura, e durante unha fin de semana a un congreso da UPG (partido comunista que controla o BNG) no que se clamou puño en alto contra as multinacionais e o luns pola mañá, con moito máis sentidiño, dixo que Vigo pelexaría con todos os seus medios para conseguir a localización desa nova fábrica, pero a incongruencia dos comunistas galegos ten curto alcance xeográfico, se falamos das fábricas que IKEA ou NIKE ten no suleste asiático non aplicarian o mesmo criterio que Castrillo aplicaba á hipotética “BMW de Vigo”, negándolles a eses paises a via cara o progreso e a riqueza que temos andado aquí e na mesma Inglaterra que no século XVIII tivo o mérito de protagonizar a revolución industrial, os críticos coa globalización ignoran algo crucial, o traballo industrial era e é a mellor alternativa disponible para o empregado dun latifundio inglés do século XVIII, para o campesino galego dos anos sesenta do século XX ou para o campesino chinés ou vietnamita de hoxe en día e a esmola que propoñen algúns como solución para sair da pobreza creo que está probado que non funciona, porque en vez de crear as condicións para o progreso só reforza a dependencia.
 
Parece dificilmente negable que a globalización dos mercados é o maior fenómeno redistributivo da riqueza a nivel mundial da historia da humanidade, o libre comercio mundial fai moito máis no combate contra a pobreza que todas os gobernos do mundo xuntos e todas as ONG’s (das que son partidario se se financian exclusivamente de diñeiro privado, eu son socio de Médicos Sen Fronteiras), tratase de abrir os mercados á competencia para que os ecuatorianos nos poidan vender as suas bananas en condicións xustas por pór un só exemplo, o proteccionismo agrícola da UE, Norteamérica e Xapón é o mellor método para garantir que os paises pobres nunca o deixarán de ser e de que nos acabaremos sendo cada vez menos ricos.


É verdade que a globalización crea cambios e polo tanto perxudicados e beneficiados por eses cambios; poñamos un exemplo prático, imaxinemos que se eliminan os subsidios que os produtores canarios de bananas reciben do erario público, e que se suprimen os aranceis ás bananas que proceden do resto do mundo, como consecuencia disto o consumidor encontrariase nas froiterías cunha nova relación calidade prezo das bananas, e no exercicio da liberdade de escolla que todo consumidor ten nun mercado libre para tomar decisións, baseadas no prezo e na calidade do que consome, supoñamos que decide deixar de comprar as bananas canarias e comezar a comprar as ecuatorianas, as que pasaría a consumir porque teñen unha mellor relación calidade-prezo, a lista de beneficiados desta nova situación é longa: o consumidor que aforra na cesta da compra, o novo destinatario do aforro do consumidor (ao gastar menos en bananas pode gastar o excedente en iogures ou libros p.e.), o contribuinte que xa non ten que pagar os impostos cos que se subsidia as bananas canarias e os agricultores ecuatorianos que evitarían ter que emigrar por exemplo a España. A lista de perxudicados tamén existe pero só ten un grupo afectado: os produtores canarios de bananas que terian que convencernos aos consumidores de que as suas bananas son moito mellores por iso son moito máis caras, para que as seguisemos comprando ou terian que dedicarse a outra cousa.

O exemplo anterior ilustra ata que punto os mercados libres globais son capaces de xerar riqueza e de redistribuila a escala planetaria, lamentablemente os mercados libres sempre se encontraran en frente a lobbies ou grupos que presentarán as suas reivindicacións como unha loita xusta e non como a defensa duns intereses egoistas ou privilexios, estes lobbies teñen moita capacidade de presión para conseguir que os políticos intervencionistas conservadores ou socialistas defendan os seus privilexios ainda que é seguro que non presentarán a sua reinvidicación como o que realmente é: a defensa de privilexios que como tais, sempre son inxustos. Un dos produtos estrela dentro do que, os que non gostan da globalización, chaman comercio xusto é o café, non sei se preguntaron a causa de que o café sexa tan barato nos mercados internacionais, pois moi sinxelo, é un dos poucos produtos que non se da nos paises ricos e que polo tanto os agricultores dos paises pobres saben que lles poderán vender, como consecuencia os paises pobres producen demasiado café e isto baixa o prezo, lamento disentir cos detractores da globalización pero a culpa do baixo prezo do café non é dos mercados libres, é dos gobernos proteccionistas dos paises ricos (socialistas e conservadores) ou da ausencia de mercados libres que estes provocan coas duas decisións intervencionistas.

Hai unhas semanas o PSOE organizou unha conferencia titulada “African Progress” e Leire Pajín falounos de comercio xusto cando o seu partido (igual que o PP) defende en Bruxelas un política agraria común que pecha, de facto, as portas ao comercio competitivo dos produtos agrícolas africanos. Estamos ante unha máis da longa lista das insoportables hipocrisias da esquerda dos paises ricos, que prefiren a táctica da esmola e da caridade do 0,7% do PIB en axuda, antes que permitir que os africanos se gañen o seu propio pan e o seu propio futuro a través da apertura dos mercados. Un papel relevante nesa conferencia foi para Manuel Chaves, presidente andaluz durante dezanove anos, esperemos que os lideres africanos non consideren o clientelar, nepotista, insustentable e improdutivo modelo económico andaluz, moi próximo do 30% de desemprego, como a referencia a seguir.

Son moitas as cousas que lle debemos agradecer á globalización, e creo que unha ocupa un lugar moi destacado; a tecnoloxía e nomeadamente internet e a liberdade no fluxo de información que esta tecnoloxía permite, é un elemento clave no reforzamento da democracia e do control ao poder, a capacidade de emitir mensaxes que antes estaba reservada a moi poucos agora permite que calquera cun computador e acceso a internet poida facelo. A liberdade comunicacional e o empoderamento (empowerment) do cidadán que nos fornece internet é unha das cousas máis importantes e positivas que lle debemos á globalización e agora só cabe esperar que as administracións públicas de conservadores e socialistas se preocupen de darnos aos cidadáns poder, algo que de seguro lles molesta, facilitando e non dificultando o acceso ás novas tecnoloxías como fai o concello de Tui que desde o 2007 ten bloqueada a concesión de licenza á operadora de fibra óptica R.

Grazas á tecnoloxía globalizada de internet moitos nos enteramos no 2003 que os gobernos galego e español do Partido Popular nos mentian descaradamente en relación á catástrofe do Prestige, bendito sexa o fenómeno que desenmascara aos mentireiros que nos falaban dos “hilillos de plastilina”.

Por certo, Galicia e os galegos estamos escepcionalmente dotados para sair triunfante da globalización só falta que nos espilamos, que deixemos de esperar que as solucións nos chegen do sector público e que saiamos ao mundo a competir pondo en valor as nosas vantaxes comparativas, entre as que destacaria o noso potencial comunicacional que lle debemos ao galego (lusofonía) e ao castelán, e corrixamos o grave defecto que lle debemos ao estatismo nacionalista castelán de non saber inglés.

Definitivamente a globalización fainos máis ricos e máis libres ao conxunto da humanidade, quen é o egoista?, quen o solidario?.

Carlos Vázquez Padín




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
6

caralladas

Como comentei, os meus artigos en Xornal onte e hoxe sobre a globalización: Primeira parte: http://www.xornal.com/opinions/2010... Segunda parte: http://www.xornal.com/opinions/2010... "Porque falar é de balde, pero falar algo coherente, require pensar, e iso custa... verdade, caralladas?"


5

duar

As propostas do Sr Padín seria consideradas de centro ou centro-esquerda nos usa e uk e quase plenamente asumidas póla socialdemocracia Sueca actual. Mas aqui o neofranquismo corrupto que nos governa e o marxismo institucional que quer ter amarrado o galeguismo "su cortijo", saben presentar o normal e racional como estrafalario ou radical. Sabem que de callar un proxecto liberal-democrata europeo rematan moitos dos privilexios que desfrutan .Mas que se pode esperar nun estado que é o 3º de maior castigo fiscal sobre a clase traballista.Neste último ponto o Sr Pepito Blanco xá prometeu levarmos a primeira posición. Sempre poderá botar a culpa o perigoso “liberalismo”.

1 resposta
1

Por luis alberto: !00% dacordo Duar.


4

corunhês

Resposta política a caralhadas.Socialismo e ideologias autoritarias (ideologias capitalistas autoritarias incluidas): desmembramento da sociedade e fracaso. Globalização, liberdades sociais e económicas (com regras não somos anarquistas lembro-te)se somos perseverantes, críticos, constructivos quizais nos levem a um mundo melhor e evitem uma terceria guerra mundial (as guerras são sempre para roubar noutros países, tentar romper barreiras comerciais ou provocar a sua imposição). Resumo caro amigo a ti e a todos os galegos que lutam (ou lutamos) por uma Galiza sobirana e melhor quebara ja o ciclo ideológico que iniciou a "revolução" cubana, falar para construir e não como simples resposta ao que vemos (sempre condicionada por prejuiços), uma simples escolha e responde con sinceridade Cuba-China ou a Europa Capitalista na que vives


3

Corunhês

Resposta política a Caralladas. A influência e o intento de apropiação por parte do marxismo dos conceitos sociais provoca que muitas pessoas tenham prejuiços a hora de escutar argumentos por parte de pessoas que não são da escola marxista. Vai sendo hora de falar sem prejuiços e reconhecer realidades. Insisto donde se vive melhor no mundo?, em que países se plantejam políticas sociais?. Protecionismo ecónomico:primeira e segunda guerra mundial.


2

Corunhês

Para Caralladas.Dei uma vista de olhos ao que tratas no teu blog e o conceito que tens de liberdade. Sen entrar a volorar algumas expressões concretas tenho que dizer-te que para o teu desgosto (quizais) concordo com o que dis. Estar a falar de libre comercio (ou globalização) não invalida a existência de sindicatos, políticas de sustentabilidade, conciliação e outras políticas sociais que eu ja não digo que são legítimas é que são simplesmente de sentido comum. Libre comercio sem liberdades sociais e políticas que impidam denunciar os abusos dos grupos de poder ecónomico (sejam capitalistas ou socialistas)não serve aos objectivos de uma humanidade mais justa. So a modo de resumo nos países donde ha liberdade de comercio e liberdades políticas (partidos, sindicatos, grupos ecologistas...)vive-se melhor.


1

caralladas

Dios, poucas veces lin tanta patraña xunta... E vos erades os 'centristas'??? Á dereita vosa só hai deserto, meu.

6 respostas
1

Por Para caralladas: E, se, en vez de faltar das argumentos que sustenten a túa afirmación? Porque este artigo deixa bastante en evidencia á dereita, aquí fálase de liberdade de mercado, de información, e de comercio, tés algo en contra da liberdade? Cales son as túas propostas e o teu punto de vista respecto da globalización? Porque falar é de balde, pero falar algo coherente, require pensar, e iso custa... verdade, caralladas?

2

Por caralladas: Custa moito. Por iso algúns falamos só do que sabemos, non coma vostede. Os seus coñecementos de economía son de cuarto de EXB: caca, teta, culo, pis. Se tanto interese ten, pode seguirme en Xornal ( http://www.xornal.com/opinions/opin... e no meu blog ( http://nosquedaportugal.blogspot.co... onde, por certo, falamos no seu día da súa opción política pola esperanza que temos algúns de que agromen opcións galeguistas en todo o abano político galego. Pero despois de seguir a súa traxectoria e opinións, con toda franqueza llo digo, non sei se algún día agromará unha opción galeguista de centro-dereita no país, pero dende logo non será unha dirixida por vostede. p.d.: algúns estamos fartos do uso que lle da a dereita á verba liberdade, non lles imos deixar apropiar do seu uso: http://nosquedaportugal.blogspot.co...

3

Por Hugo: Moi bó o teu site, amigo caralladas. Concordo, en materia económica estes da Converxencia XXI son a mesma merda neocon que nos levou a todos á ruina. Defenderen a estas alturas o proceso da globalización dicindo que axuda aos países pobres é a maior parvada que lín na miña vida. Está maís que demostrado que a globalización non é máis que o saqueo organizado das nacións desfavorecidas. Para mostra Guinea Ecuatorial. Carlos! só espero que ese novo partido teu non se achegue tanto ao PP en temas sociais como en temas económicos.

4

Por Para caralladas: Estás supoñendo que son o autor? Pois sintoo moito, estás errado, non son tal, máis concordo coa súa opinión, por eso me sinto insultado coa túa opinión. Falemos con Argumentos, e non con insultos nin menosprezos, evitando termos como "merda neocon" eu non comparto as formulacións de esquerda, pero sempre estou disposto a escoitalas (lelas, neste caso) e debatilas, eso si, cando non haxa menosprezo de por medio. Obrigado!

5

Por caralladas: Eu nunca falei neses termos nin insultei. En calquer caso, se molestei pido disculpas, pero os que escriben públicamente (e moito máis se se adican a política) están para asumir as críticas. En breve en Xornal falarei da globalización, precisamente. Entón falaremos. Un saúdo.

6

Por Hugo: Desculpome polo termo malsonante (acepto cambiar "merda" por "leria"). Non foi a miña intención insultar. Únicamente mostrar o meu desacordo coas teses globalizadoras (maioritarias na actualidade). Na miña opinión o proceso de globalización está a empeorar a vida da xente e as condicións de habitabilidade do noso planeta. Hai que axir para evitar un desastre, o sistema económico actual está esgotado; ou traemos ideas novas ou vamos mal.


Carlos Vázquez Padín

Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.