A crise, a caída do bipartito e a falta de apoio das institucións pódense levar por diante a práctica totalidade dos medios escritos en galego. Despois da desaparición dos dixitais Vieiros e Chuza! agora é a A Peneira quen atravesa unha complicada situación.
A CIG denunciou que o empresario despediu aos seus tres redactores tras telos traballando seis meses sen cobrar. O mesmo sufriron varios colaboradores da cabeceira comarcal. Os asalariados levaron os despedimentos ao xulgado pois ao seu entender non son obxectivos. Os xornalistas aseguran que a empresa contratou a novos informadores para os novos números. Os asalariados cualifican de "lamentábel e humillante" a postura do seu empregador.
Guillermo Rodríguez contestou ao comunicado sindical coa insólita estratexia de tentar culpar aos propios redactores, alegando que os traballadores nunca pediron reducir os seus soldos, malia saber da mala situación económica da empresa. O empresario asegura que non contratou a ninguén, senón que está a sacar os novos números co traballo e os investimentos da súa familia.
Rodríguez láiase da caída da publicidade co cambio de Goberno na Xunta e argumenta que segue co proxecto para cobrar as subvencións do Goberno para os medios 100% en galego, axudas que o Executivo reduciu este ano mentres mantivo os convenios a dedo para os grandes medios principalmente en castelán.
A edición xeral de Galicia da cabeceira en internet xa non funciona. De non lograr Rodríguez manter A Peneira, o panorama de medios impresos de certa difusión en toda Galicia reduciríase ao Galicia Hoxe, propiedade do Grupo Correo Gallego, de Luns a Venres, gratuíto de El Progreso, e A Nosa Terra, propiedade da construtora San José, tamén editora do bilingüe Xornal de Galicia. A viabilidade a curto prazo da histórica ANT tamén se cuestionou tras denunciar a CIG a "mala xestión" da empresa e os continuos atrasos no abono dos salarios.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Parece que ninguén se lembra da revista mensual TEMPOS Novos. Tamén é un medio de comunicación en galego, e está pasando por problemas para sobrevivir a este agnus horribilis. Pero claro, non se casa con ningúen; mantén unha liña editorial á marxe de intereses partidarios, e por suposto, económicos. Penso que xa está ben de andar a despotricar sobre o mal que o fixeron os medios en galego segundo vemos que van pechando. Así, mal vamos. A única maneira de que os medios propios sobrevivan é a través do apoio expreso da cidadanía. Os medios non viven do aire. Hai que pagar nóminas e papel. Sen subvencións e con cada vez menos ingresos publicitarios, a única vía que lles queda é o apoio das e dos lectores a través das subscricións. E esa é a mellor garantía de independencia. Así que, menos debate de taberna, e máis actuar!
Novas da Galiza manten-se unicamente através das quotas dos seus subscritores. Se os reintegratas e os indepes (que cabemos todos num táxi) somos quem de manter um jornal é questom de vontade que os seitores maioritarios do nacionalismo tenham nom um, senom um cento de meios. Nom necesitam grandes recursos, chega com que deixem de comprar La Voz de Galicia e adiquem esses quartinhos a quem os represente de verdade.
Ke tal se Vázquez Padín (O Imperio da Lei) e Rafael Cuiña (E pur se muove) fan a primeira APORTACIÓN SIGNIFICATIVA para que os Medios Galegos Independentes non desaparezan do mapa? Podemos Refundar VIEIROS agora que temos as Galescolas en marcha coa financiación privada, por que non facer o mesmo cun medio de comunicación verdadeiramente INDEPENDENTE e GALEGO? ¿ Ou seguimos a facer propostas ao vento?
Por Interesante: Cal é a tua proposta concreta ?
Por Gamela: Para empezar que a redacción de GC faga o favor de remitirlle este fío aos dous colaboradores por ver se aceptan o reto de dar a batalla por un medio de comunicación INDEPENDENTE en Galicia.
Por Gamela: Centrando a iniciativa: "El derecho a recibir y producir información pública veraz e independiente es un valor prioritario para cualquier Estado democrático y en una sociedad globalizada como la actual adquiere mayor relevancia. No obstante la realidad parece otra" Estas palabras pertencen a Cristina Porteiro redactora do Xornal de Galicia: http://www.xornal.com/artigo/2010/0...
Por Interesante: Refireste a montar un medio financiado mediante doazóns ¿Porque ían respostar agora a xente se antes xa deixaron morrer outros medios?
Por O sobrinho das de Penín: Con medio independente non quererás dicir que coincida coas tuas opinións, non gamela? porque Vieiros de independente tiña pouco, e praticabase a censura con galeguistas que lles resultaban incómodos ao BNG.
Por Alfonso García: Iso que dis ti, Gamela, intentouse hai uns anos, e xa había comprometidos cartos e accións, e quedou todo en nada. Estaba polo medio ata Manuel Rivas, o escritor, outros independentes, nacionalistas, socialistas non demasiado á dereita, etcétera... Boa parte daquela xente disgregouse noutros medios ao non chegar a bo porto o asunto. A froita non está madura, e hai moitos intereses para que non madure ou caia da árbore -á que azoutan constantemente- mentres está verde. Xa me gustaría a min levar a sorpresa e comerme todo o que acabo de escribir!
Por Gamela: Xentes que antes pensaban que tiñan medios suficientes onde escribir ou expresar as súas opinións... hoxe poden VALORAR a cousa de outra maneira (?) En canto a que VIEIROS censurase a alguén penso que manter OPEN VIEIROS sempre á disposición dos lectores é a mellor maneira de garantir esa mesma liberdade de expresión dentro da cabeceira VIEIROS! (outra cousa serían discusións puntuais subidas de tono!). Penso que sería moi NECESARIO dispoñer dun medio 'alternativo e independente' PARA O FUTURO DE GALICIA!
Lamentablemente tamén GC anda en números roxos (situación que deberamos arranxar entre TODOS antes de ter que lamentala a posteriori como se vén facendo nos últimos meses!) pero o único MEDIO galego que vai sobrevivir opíparamente -sen dúbida- será o Xornal de Galicia se o Grupo San José consegue a LICITACIÓN do novo Hospital de Vigo. Mentres Aniceto Núñez irrumpe SORPRENDENTEMENTE na compaña contra-incendios que iniciou o Xornal seica nas horas libres anda promovendo contratos MILLONARIOS para quedarse co mantemento do hospital por VINTE ANOS! http://www.farodevigo.es/gran-vigo/... Veremos como remata o conto. Aniceto quién te ha visto y quién te vé... Qué país tan lindo temos!!! http://www.xornal.com/opinions/2010...
Por Gamela: Como era de esperar o meu comentario no artigo de Aniceto non viu a luz no Xornal de Galicia. Un medio moi 'aberto' aos intereses dalgúns!
Por mansdodemo: O Xornal de Galicia pon os comentarios que interesan, e os que non, os censura. Nesta terra ¿hai cegueira mental?.
Por Andrés López: A solución é non comentar máis alí, nin lelo. Se queren un medio pechado, que o lean eles. Un xornal que foi ao revés (de internet ao papel, cando o normal é ao contrario) só pode camiñar á súa autodestrución, a non ser que teña amiguiños no "allo". E aínda por enriba publican cousas só pensando no papel, que están obsoletas por completo nunha hora, como fixeron onte co de Pérez Reverte en twitter, fusilando a unha axencia. Non aprenden dos usuarios que amablemente lle correximos. Así, que agardan? A min perdéronme, nin galego nin farrapo de gaitas...
http://www.vieiros.com/open/amosar/... Remito ao lugar onde comenzaron o problemas... Se non foramos parvos boicotearíamos o Xornal de Galicia e reabriríamos VIEIROS coas suscripcións de moitos incautos que caeron nas máns de SANJOSÉ.
Por mansdodemo: Vieiros era o millor xornal con moito.
MENOS MAL QUE AINDA RESPIRA O TERRA E TEMPO,
Por Gamela: Por canto tempo ?
Por Pedro Rivas: É eterno,coma o Gramma! Só o Terra e Tempos nos liberará, meus amigos!
Por Gamela: Sen dúbida... ha ha ha... se antes non nos mata... Liberar o que se dí liberar penso que só liberou a Paco de traballar na súa vida... pero non hai que ser desagradecidos senon fora polos 'BOS E XENEROSOS' ¿que sería de nós???
Por saña: Pareceme que Gamela e Pedro, anda algo choscos e non qeren ver a realidade da prensa galega,o enemigo non é o TERRA E TEMPO senon La Coz, O Farol de Vigo, etc. e promover un boicot activo a estes medios.
Por Gamela: razón levas, o 'inimigo' sempre será aquel que AMORDAZA A LIBERDADE DE EXPRESIÓN DUN POBO! ben sabemos que medios están ao servizo do CAPITAL e cales 'índo de alternativos' rematan por facer o mesmiño!. Podíamos denunciar moitos SILENCIOS do Faro, da Voz, mesmo de Galicia-Hoxe e do Correo Gallego! Pero ese non é o tema que nos ocupa, eso xa o sabemos! O tema é ¿por qué Xornal de Galicia non permite certos comentarios, ou retira os comentarios pasado un tempo? ¿Por que Galicié non abriu sección algunha de participación cidadá coma prometera desde o seu nacemento? O problema é A LIBERDADE DE EXPRESIÓN e o dereito a falar libremente do que acontece diante dos nosos ollos e cos nosos cartos! Por iso a morte de VIEIROS é algo máis que a morte dun periódico! E parece que ninguén quere decatarse do que acontece?
Pola Mariña de Lugo publican un dixital comarcal, Cronica3 A Mariña (cronica3.com)que se mantén online desde fai dous anos. Será que que recibe boas subvencións?
Por Alfonso García: Conseguiron metelo nun plan europeo de emprendedores, oíra eu por aí, pero non teño todos os datos. E fai de gabinete de prensa para varios concellos, que boa falta fai, que hai moito alcalde analfabeto, aínda que non queramos crelo!
gamela... estratexia do grupo sanjosé??? vostede é dos que pensan que o 11m foi eta e o 11s os israelís ¿non? ...trolleando... trolleando...
Por Gamela: eu son dos que pensa que o 11S foi obra do Pentágono e a Cía... pero como iso non poderemos demostrar ata pasados 50 anos... mellor será ABRIR OS OLLOS hoxe cando aínda podemos defender a nosa terra de CACIQUES MEDIÁTICOS á medida dos políticos da cunquiña que lamentablemente temos: se queres regáloche ao Pachi Vázquez para que fagas con íl un PAQUETE de NADAL... http://www.aviaciondigitalglobal.co... Ah...e iso de trollear é cousan común nesta terra!
Por fenda: referíame, máis ben, ao pp...
Por Gamela: senon te explicas mellor (?) O Capital xa non ten 'ideoloxía incorporada' só GANANCIAS!!! Por iso dame igual do lombo coma do solombo... PSOE e PP a mesma merda é! A estas alturas ninguén está a pensar 'ideolóxicamente' agás algúns 'fantasmas' tipo Paco Rodríguez and Company capaces de venderse ao mesmísimo diaño con tal de tirar tallada política do CONTROL DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. ¿Por que non lín ningún panfleto do Paco chorando polo peche de VIEIROS? ¿Por que o Aymerich pediu a retirada do seu artigo de GC? ¿Por que estamos a xogar coas SIGLAS se no fondo TODOS fan negocio á conta de Galicia?
Moi interesante a ESTRATEXIA do Grupo SanJosé para quedarse coa única prensa 'alternativa' que ten Galicia para presentarse ás eleccións do vindeiro ano SEN QUE NINGUÉN LLE FAGA SOMBRA !!! http://gamela00.blogspot.com/2010/0... A Liberdade de Expresión en Risco de Morte en Galicia!
Por Pedro Rivas: Meu home, sae da sede do BNG-UPG ou da CIG que o sol estache a quentar os fusibles demais neste mes de agosto!
Por sdf: ... da sede do bng? ... voste é outro que non sabe por onde anda e de que fala... este está, mais ben, noutras ppsedes...
Por Gamela: agora que xa sabemos todos que eu 'gamela' estou nas ppsedes e tamén nas bng e upg e todas estas IDIOTECES alguén me pode explicar a financiación de Galicia Confidencial de ONDE SAE? Jacinto Rey éche un galego deses que espabilaron facendo NEGHOSIOS sen que ninguén preguntara xamáis de onde viña e a onde ía... Un de tantos (?) máis hoxe xa non temos moito onde elixir... se queredes seguir facéndolle a CAMA bastará con mercar o Xornal de Galicia ata que consiga os parques eólicos e controlar as licitacións públicas desta terra... e ao día seguinte podedes darme a razón... PERO XA SERÁ TARDE!!! http://www.aviaciondigitalglobal.co...
Por penta: darche a razón... esa sí que é boa
Por Gamela: De momento as cousas vanse sucedendo ordeadamente ata a extinción dos MEDIOS ALTERNATIVOS o resto verémolo cando xa non teña remedio... coma sempre nesta terra nosa. O galego, disque, ten o acordo tarde...? http://gamela00.blogspot.com/2010/0...
Por raxozorza: Gamela, por favor, deixa os comportamentos de troll.
Por Gamela: Sen que sirva de precedente, direiche que xente coma tí fixestes un bo traballo 'baneando' aos que participamos en Chuza durante 4 longos anos. Así que se non te importa mellor GÁRDATE OS CONSELLOS para tí e para a túa tropa de visionarios da cunquiña! Saúde e moita sorte na nova Chuza Two!
Por raxozorza: "xente coma tí fixestes un bo traballo 'baneando' aos que participamos en Chuza durante 4 longos anos" ????? Non flipes! Explicate, cariño
Cabeceiras d'A Peneira. apeneira.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting