A vaga de lumes que está a soportar Galicia é a primeira gran crise coa bate o Goberno Feijóo. Unha lacra que sofre o país hai décadas. Con todo, de confirmarse o que apunta El País de que o Executivo mentiu sobre a morte dos brigadistas, pode converterse nun serio problema político para os conservadores.
“Con nós non morría xente”
A oposición leva días denunciando que o presidente está desaparecido e contrapón esta ausencia coa explotación política que fixo Feijóo das mortes nos incendios en 2007. "Con nós non morría xente nos incendios; co bipartito, catro personas" chegou a dicir.
“Podíamos citarvos cun vaqueiros de Armani, un zapatos náuticos e unha mangueira de xardinería” ironizou onte Carlos Aymerich (BNG) para lembrar outro dos episodios máis polémicos de Feijóo na oposición, cando convocou as cámaras para que o gravasen apagando unhas lapas.
Pola súa banda o PPdeG, a través de Rodríguez Miranda, indica que Feijóo está a coordinar a política contra os incendios, malia oficialmente seguir de vacacións. O presidente só compareceu unha vez ante os medios, despois dos falecementos, e non admitiu preguntas.
O Bloque asegura que non quere explotar as mortes de Fornelos, nas que puido haber descoordinación do dispositivo. Porén, varias colectivos próximos aos nacionalistas levan días alertando das eivas da política de prevención de incedios.
Falta de prevención no inverno
Os ecoloxistas de ADEGA xa criticaron que o PP eliminase o Voluntariado en Defensa do Monte Galego, lanzado polo bipartito tras a crise do 97. Hoxe a CIG arremete contra Medio Rural por privatizar a xestión da loita contra o lume á empresa Natutecnia.
O sindicato insiste en que “a Xunta non pode agora escudarse en que o sucedido en Fornelos de Montes foi simplemente un accidente laboral”. Ademais, os propietarios de montes en Mancomún denunciaron que as axudas para rozar os montes chegaron con atraso, ás veces mesmo este verán, cando o monte xa ardera.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
o que esta a pasar e unha autentica vergonza os da xunta soamente adicanse a agochar os lumes foretais todo o que poden. Feijoo, aqui xa temos persoas mortas 3 queimadas polo lume, lumes de cinco centas hectareas, e logo duas mil hectareas, xente desaloxada pola garda civil, pobos fuxindo en plena noite, as lapas chegan as portas das casas.........SR FEIJOOOOOO ESTO NON VAI
Feijoo estará co Aznar de paseo por Melilla, que alí si que teñen problemas non os nosos, que aquí todo é festa Xacobea.
Nunca se hizo tanto para prevenir los incendios. En esto nuestro gobierno también mejora respecto el desastre de Suárez Canal.
Por aroma: uy, sí, nunca se hizo tanto, jajajajajajaja, estavez nin magueira de coña...
Por De la Cuadra: buenooo si se hizo, están los montes como los chorros de oro, aquí el único monte en el que se invierte es en el GAIÁS. Este Miguel debe ser el becario de guardia de NNGG. Por lo menos no digas chorradas, miguelito, que entre las motobombas escaralladas y el calzado (comprado en el Cortinglés) que no sirve para acercarse al fuego, las cuadrillas reclutadas dos días antes y no pagarle a las comunidades de montes, se está luciendo el Juárez de los **jones.
Feijoo está co Guillerme .Pero o pepeiro alomenos apareceu a da-lo pésame as familias mentres que o bloqueiro segue de relax e nin siquera foi o seu " Dia da Galiza Mártir".O que é, é.
Por Curuxa: home, coma presidente da Xunta que remedio lle quedaba, por certo que non foi moi ben recibida a súa "comitiva"
Por contodo: o que pasa é que hai que saber macharse cando cho piden os familiares do morto ¿ou era necesario sentarse os primeiros na iglesia despois de que os botaran do tanatorio?
Feijóo cunha mangueira de xardín en 2007. nomefiodelospoliticos.blogspot.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting