Segundo a sacrosanta Constitución do 1978 sobre a que non me puiden pronunciar porque tiña cinco anos cando se votou, España é un Estado democrático de dereito; un concepto que designa calquera Estado que se aplica a garantir o respecto das liberdades civis, ou sexa, o respecto polos dereitos humanos e polas liberdades fundamentais através do establecemento dunha proteción xurídica. Nun estado de dereito, as propias autoridades políticas están suxeitas ao respecto da regra de dereito.
Pero unha cousa é o que manifeste a Constitución e outra ben distinta é a realidade que emana da posta en práctica da norma máxima do noso ordenamento xurídico trinta e dous anos despois, penso que é xeralizada a sensación de impunidade ante a xustiza de parte importante da nosa clase política que despreza de forma constante, pola via dos feitos, un suposto imperio da lei con gravísimas deficiencias.
Unha xustiza independente e eficaz é a base dun entorno previsible no que se debe sustentar o desenvolvemento social e económico, con seguridade xurídica, da actividade de cidadáns e empresas; tamén é a base para que os cidadáns, incluindo os cargos públicos, que decidan buscar atallos para o seu enriquecemento persoal de forma ilícita encontren límites ás suas accións. En definitiva unha sociedade sometida ao imperio da lei é unha sociedade que terá posta a base para o seu progreso.
Resulta que España, moi lonxe da autocompracencia e autobombo oficiais, non anda moi ben nen na separación de poderes nen na imparcialidade dos seus tribunais, o think tank canadense Fraser Institute publica con periodicidade anual un informe sobre a liberdade económica no mundo no que analiza a 141 paises en grande cantidade de parámetros entre os que están o da independencia e a imparcialidade xudicial, pois ben, España está no posto 52 en independencia xudicial, xusto detrás de Hungría e diante de Nixeria, nun ranking que encabeza Nova Zelanda seguida de numerosos paises do norte e centro europeo, estamos un chisco mellor en imparcialidade dos tribunais, no lugar 42, xusto detrás da India e xusto diante de Ghana e Belice, nun ranking que encabezan os paises do norte (Dinamarca en primeiro lugar) e centro de Europa e paises como Singapur, Australia, Hong Kong e Nova Zelanda. O informe completo podese consultar na web www.freetheworld.com.
Isto a min non me extraña nada, como tudense podo constatar como na realidade prática da miña cidade o “imperio da lei” non existe cando se consinte que un alcalde que despreza a lei durante tantos anos continue no posto, e estou convicto de que nun dos vinte primeiros paises de calquera dos dous rankings anteriores o alcalde Rocha estaria fora de combate político, a falta de igualdade efectiva ante a lei en España e a forte politización da xustiza fan que ainda poida ter longa vida política, se os votantes llo consinten, mentres tanto somos os contribuintes os que lle pagamos os moitos millares de euros que leva consumidos en avogados, por certo, para quen non o saiba os avogados do alcalde do PP de Andratx, nas Baleares, basearon a sua defensa na sentenza do Tribunal Supremo sobre o caso Beira Miño en Tui.
É unha percepción xeralizada que Ruiz Mateos, Mario Conde ou Jesús Gil, sen ser “hermanitas de la caridad”, non eran peores que moitos outros aos que o sistema político-xudicial español non consideraba ameaza para o status quo e tamén é unha percepción xeralizada para os cidadáns de conciencia democrática que fenómenos de corrupción urbanística praticamente calcados ao de Marbella, ainda que a unha escala cuantitativamente menor, hai varios moito máis perto, o caso de Tui tamén merece unha suspensión do concello, como a que se lle aplicou a Marbella.
Os responsables desta defeita son os que implementaron a Constitución e aplicaron na prática os principios que emanan dela, PP e PSOE, partidos responsables no goberno de España e na oposición nos últimos vinteoito anos son os culpables, os mesmos que se preocuparon de dotar, por exemplo, á facenda pública de todos os medios informáticos, de persoal e de xestión necesarios para financiar a administración pública non consideraron igual de importante que España fose, de verdade, e non só no papel, un Estado de dereito.
Lamentablemente hoxe ninguén se estraña cando escoita barbaridades, que criamos propias de paises subsaharianos cos que de facto competimos en independencia e imparcialidade xudicial, saindo da boca de Mariano Rajoy como: “diga lo que diga la justicia Camps será candidato”, ao PP, como demostra o seu Presidente nesta afirmación, traille sen cuidado o estado de dereito como se encarga de demostrar en cada unha das numerosisímas ocasións nas que ampara a políticos presunta ou demostradamente corruptos do seu partido, como no caso da miña cidade ou no caso do presunto financiamento ilegal do PP, coñecido como trama Gürtel e que toca de cheo ao PP da era de Manuel Fraga através do número dous da trama corrupta, Pablo Crespo, Secretario de Organización do PP en Galicia nos anos 90.
Carlos Vázquez Padín
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Estou en total acordo con todas as ideas expresadas polo autor do escrito. O caso de Tui clama o ceo, é a proba mais evidente de que iso que algúns chaman democracia non existe en determinados feudos. Un señor inoperante, sen unha base intelectual e cultural mínima, que nunca consegiu nada na súa vida cívil non pode chegar a convertirse no rei do mambo gracias a política. Para pasar de empresario embargado a promotor de éxito sólo se necesitaron catro requisitos: carecer de escrúpulos, aparentar o contrario, un conxunto de votantes lelos e meterse en política. Esté é o sistema democrático de Tuy, e a culpa non é del, senón dos señores do PP que están por arriba del, que sendo coñecedores do problema aínda o favorecen (o memo Feijoo sabe de todo isto con pelos e señales).
O de Tui é sangrante....e Vigo, e Nigrán, e Coruña, ... hai algún concello/deputación no que non esté instaurada a corrupción?
Por Miña raíña: Ourense?
Por Meu Rei: Non sei, non coñezo o caso de Ourense, dende que están os do soe....
Por Manolo: Afiador Produccions S.L. eso es Orense. Un montón de millones de euros que quería dar en forma de concesión publicitaria a dedo el ex teniente de alcalde Sanchez Vidal (BNG) a un "empresario". De momento ha dimitido, desaparecido y el asunto está en el juzgado.
Por outro: menos mal que algún demite..mas o do pp, non fai falta, teñes os xuizes no peto
Por Hipócritas de derechas: hombre claro, Manolín, claro que el de Afiador produccións cheira mal, pero no me dirás que los negocios de Cabezas o toda la tropa que rodea a Baltar no, eh? ay, que hooligans del pp sois algunos, incluído el conservador-liberal que atiende por meu rei. Venga manoliño, coméntanos algo del PP de ourense hombre, empezando por el cura Moure y su fundación, los cientos del afiliados colocados viviendo del erario público "sin rañala" y las empresas afines, y luego lo comparamos con el "afiador".
Por Meu Rei: Pois eso, que son todos iguais....só espero que o proxecto de Carlos Vázquez Padín teña o pulo necesario para arrincar da nosa clase política toda esa corruptela.
Carliños, no debes comparar a Ruiz Mateos ou Jesús Gil con Mario Conde. Pode ser que verás parececidos pero non é o mesmo, non os debes meter a todos no mesmo saco. (Menos mal que Mario Conde é de Tui e exerce de Galego......)
Sin acritude... Aledaríame que chegases a ser alcalde de Tui, e non dubido que serías o mellor dos posibeis, pero, por desgraza, eu non vivo en Tui para votarche...
Por galeguista: eres pesadiño, rapaz... xa llo dixeches noutros artigos, coido que colleu a mensaxe... Para tranquilo, ho!
Obxectivo p) Recoñecer o papel positivo que xogou a Constitución Española de 1978, e constatar que está ao servizo dos cidadáns e que non é nin unha biblia nin un dogma de fe. Interpretar flexiblemente a Constitución e, por suposto, defender a posibilidade, que a propia Constitución contempla, de reformala. Para Converxencia Vinteún, esta reforma terá que ser feita en función dos intereses e preferencias da cidadanía galega.[] Pois veña, adiante, propoñede unha REFORMA CONSTITUCIONAL que impida esta impunidade das Corporacións Locais (e se acaso tamén das Autonomías), modificar a Lei Electoral e se acaso a Lei de Bases da Administración Local e camiñando camiñando igual chegamos a botalos fóra da poltrona!
Fundador e Secretario Xeral de Converxencia XXI. Nado en Tui en 1973, licenciado en Ciencias Políticas pola USC e Master en Dirección e Administración de Empresas (MBA) pola Escola de Negocios de Caixanova. Ocupou postos directivos en Pemes e na actualidade dirixe o seu propio negocio.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting