A última vez que o PSdeG puxo sobre a mesa unha denuncia así o número 3 dos conservadores, Antonio Rodríguez Miranda, acabou devolvendo 4.000 euros de axudas de custo, cobradas sen motivo. Os socialistas retoman agora tema das dietas. O obxectivo, Beatriz Mato, conselleira de Traballo e ex-delegada de Pesca na Coruña.
A acusación, en curto, é que Mato “apuntábase unha dieta que habitualmente non facía para aumentar de xeito artificial o seu soldo porque lle parecía baixo”. A conselleira indica que o cobro das axudas foi, en primeiro lugar, sempre de acordo coa norma vixente e de xeito case que automático, pois ela nin sequera cubría os impresos.
José Tome, o deputado que deu a rolda de prensa hoxe en Santiago, avala a acusación sen exhibir probas documentais. "A Xunta agocha documentación sobre o presunto cobro irregular de dietas da conselleira Mato", láiase polos oito meses que os socialistas levan reclamando a documentación das 'dietas' de Mato comezando por 2002, en plena resaca do Prestige.
A conselleira promete facer canto antes as contas da Consellería de Pesca do último goberno Fraga, que logo gobernou a socialista Carme Gallego.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
APERTURA DAS RESIDENCIAS E CENTROS DE DÍA, FEITOS DESDE HAI DOUS ANOS, QUE ESTÁN A MEDRAR SILVAS. CANTAS (novas) PRAZAS RESIDENCIAIS PÚBLICAS TEN ESTE GOBERNO PROXECTADAS PARA O CUATRIENIO? EIS AS PERGUNTAS. Estamos na mesmas ratio que Melilla, esa cidade da que o PP agora gosta tanto. Este governo de analfabetos con peineta debe enfrontarse a estes datos e estes deben chegar á sociedade.
o mundo do pp está repleto de "anécdotas"... seguro que feijoo e o pte de valencia fixeron máis amigábel o camiño entre "anécdota" e "anécdota" (o mesmo miranda é, ademáis, especialista en "anécdotas" dese tipo...
Desafío no Ikea, o alcalde Losada (PSdeG) vs. a conselleira Mato./xunta.es
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting