O alcalde independente de Oleiros desatou a polémica. Angel García dixo que a consultora Azetanet “beneficiouse dun trato de favor por parte da Consellería de Traballo e Benestar”.
O edil reclamou aos medios “periodismo de investigación” sobre o empresario de Azetanet, Gerardo Crespo Riesta, que é “amigo” do PP.
Un millón de euros de axudas para unha empresa que factura 200.000
García denunciou en rolda de prensa que na última convocatoria de cursos de formación para parados esta empresa levouse “a dedo” máis dun millón de euros, mentres a Xunta reducía as cantidades que dá cada ano aos concellos por este motivo. O certo é que a resolución aínda non se publicou no DOG.
O millón de euros de axuda supón unha gran inxección para unha consultoría que, segundo o Rexistro Mercantil, en 2009 só tiña 5 empregados eventuais e facturara 280.000 euros.
Cursos negados a colectivos profesionais e concedidos a Azetanet
Unicamente os tres grandes sindicatos levarán máis cartos que Azetanet. A consultora organizará 24 cursos pagados pola Xunta. Nalgún caso, Azetanet resultou adxudicataria de cursos moi específicos que lle foron denegados a colectivos profesionais do propio sector. Por exemplo, Azetanet será a encargada de dar cursos a parados sobre “xestión de comunicación”.
Gerardo Crespo Riesta é tamén o presidente da Asociación de Veciños El Ensanche de A Coruña. A federación local do PSdeG ten acusado a Crespo de utilizar aos veciños para atacar a xestión do concello socialista, en asuntos como o ruído nocturno. Crespo, a través da asociación, ten protestado contra a galeguización dos nomes das rúas.
Inauguración e premio
A conselleira de Traballo, Beatriz Mato, inaugurou a sede central de Azetanet na Coruña en setembro de 2009 nun acto ao acudiron varios edís do PP local. En decembro de 2009, a Asociación de Veciños El Ensanche dáballe a Beatriz Mato o galardón de Coruñesa del Año 2009.
undación para el Desarrollo Laboral e Integración Social (Fundelis) e socio de Gecreri, a empresa que utiliza en moitas ocasións para impartir cursos, motivo polo que ten sido contratado varias veces tanto pola Xunta de Fraga como polo bipartito.
Versión da empresa e da Xunta
Crespo Riesta defendeu a súa inocencia nun comunicado, no que argumenta que as axudas foron repartidas segundo os criterios do DOG, lembra que tamén traballou para o bipartito e nega calquera vinculación política. Traballo tamén contestou aludindo á transparencia da convocatoria e recordando que en Oleiros se formarán varios centos de parados.
Nin PSdeG nin BNG pronunciáronse sobre esta polémica. Para o alcalde de Oleiros Crespo é un colaborador “directo” do PP que pretende usar os cursos para desempregados para lograr votos nas municipais.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Dándome unha pequena volta polo Google atopeime estas lindezas Ten varias Fundacións para a formación, unha delas esta http://www.derecho.com/l/doga/orden... Na que a secretaria é a súa dona, http://hemeroteca.abc.es/nav/Naviga... Ten outro Chiringuito, e este é de traca, http://www.boe.es/boe/dias/2009/07/... os tres que aparecen son el, un ex director xeral con Fraga que se quedou con pasta da feira da pesca http://www.elpais.com/articulo/Gali... E o outro con conexión no desfalco de Unió en Cataluña, http://www.elpais.com/articulo/espa... a ver si alguén sique tirando da manta, jejeje
Por W. B..: Moitas gracias pola info, aninha!
Por Pardo de Cela: Outro presunto pelotazo dun dos socios do Crespo. Ver http://tbanet.wordpress.com/2008/05...
Por Cabaleiro: Por falar de Paco Gallegos, ex DX de Comercio con Fraga, socio e primo de Fernando Cienfuegos Ex xerente da Semana Verde de Silleda e tamén socio de Luis Ferreira, da empresa de publicidade Luis Ferreira y Asociados, tradicionalmente adxudicataria dos concursos de Turgalicia cando goberna o PP
Por Sanxenxo: Pois o socio Lopez Cossio é administrador da empresa Euroconsultores sanitarios SL que se encarga da administración de centros de días.
O edil reclamou aos medios “periodismo de investigación” (?) É o mesmo que levamos moitos reclamando sen éxito algún neste mundo de intercambio de favores que exercen os grandes medios de comunicación en Galicia. ¿VIEIROS ONDE ESTÁ?
Por Miguel Blanco: A ver Gamela, pesado, apunta unha soa reportaxe de periodismo de investigación de Vieiros nos últimos catro anos. Vaia teima a túa.
Por periodista: Que pesado Gamela. Siempre con Vieiros en la boca. ¿No serás, por casualidad uno de los ex redactores de vieiros que se quedó en la calle tras el cierre?
Por RealWorldTM: Gamela. Superao. Vieiros está morto. Moito bule-bule os tres primeiros días e xa está. O internet galego xa o ten olvidado, soterrado e superado.
Por bou: que no te coscas Gamela, que Vieiros esta pasao, neno. es una ful, una purilada. no mola mentiendes. Galiza non se vende, regalase!!! ....non por nada e que se nos esqueceu o que valía :-o
Por mansdodemo: Xa o veremos. Vieiros ten que voltar polo noso ben, e voltará.
Por Gamela: Ogallá podamos resucitar Vieiros ou alomenos teñamos algún día un medio de 'comunicación' que non estea VENDIDO aos intereses económicos dalgúns. O exemplo WikiLeaks podería comezar a espertar conciencias adormecidas! RESISTENCIA INFORMATIVA ! http://gamela00.blogspot.com/2010/0...
O PP non da puntada sen fío señores... Por outra parte nas rúas coruñesas non se fixo galeguización, senón descastellanización. Dicir Arteixo non é galeguizar nada. Dicir Arteijo é castellanizar un topónimo orixinal galego. Non confundamos termos. Poñer Rúa de Madride valería por galeguización, máis non é o caso.
Por Paulo: Home... tecnicamente aínda debe estar por facer o cambio. Non hai moito pasei precisamente pola Avenida de Arteixo e aínda ficaba o topónimo deturpado no indicador correspondente. Mesmo fixen a coña... "non está en español... é que son reintegratas". Na Cruña queda moito por facer, sobre todo desenmascarar aos lambóns que se agochan baixo moitas desas asociacións (tamén hai que dicir que o Sir Vázquez tiñaas igualmente controladas por medio do tal Folgueira, se non lembro mal)
Vendo o comportamento do tal Crespo... non resulta moi de extrañar, claro que cómpre esperar á publicación no DOG e a realización dunha investigación máis fundada. Habería tamén que investigar que hai detrás doutras asociacións de viciños, véxase a de "novo mesoiro", pois non é a primeira vez que van aproveitando asuntiños controvertidos -como o realoxo dos xitanos do poboado de Penamoa- para facer campaña contra a coalición de goberno local. Algo fede aló na... Dinamarca? si ohhh.
Mato asiste ao discurso de Crespo na inauguración da sede de Azenet no polígono da Grela/economiayfinanzas.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting