Xacobeo e a cadea de música dos EE.UU. MTV organizan o 5 de setembro un gran festival no Monte do Gozo. Porén, o único grupo confirmado oficialmente até a data son os canadianos Arcade Fire.
A entrada é gratuíta e,segundo acaba de informar o Xacobeo, non haberá invitacións. É dicir, quen primeiro chega, entra, e cando se complete o aforo, xa non se poderá acceder.
En principio pode parecer boas noticias para os espectadores, que poderán ver un festival de balde. Porén, hai que ter en conta que Arcade Fire xa venderon máis da metade do aforo para os seus concertos no Palacio de Deportes de Madrid e no Palau Sant Jordi de Barcelona en novembro, malia cobrar máis de 40 euros.
O problema para a organización nacerá se se presentan máis de 25.000 persoas no Monte do Gozo. Como controlar que non se supera o aforo que garantiza a mínima seguridade cando hai varios puntos de acceso simultáneo e non se reparten entradas ou invitacións?
Este problema en potencia xa foi detectado por numerosos internautas, que se queixan na web oficial do propio Xacobeo e no portal musical Desconcierto. Tamén no blog Disconcierto:
“¿ Como van a respetar el orden de llegada si han decidido habilitar la cuatro puertas y los tres accesos a la zona del escenario? Esta claro que si hay 4 puertas no se entrara por orden de llegada estricto, ya que el que sea el 2.000 de la puerta uno puede haber llegado antes que el 1.500 de la puerta 4. Asi parece que se trata de averiguar en que puerta la cola es menor para tener más posibilidades de entrar aunque hallas llegado más tarde”.
Cómpre lembrar os graves problemas de seguridade no concerto de Bruce Springsteen no mesmo recinto, cando houbo tal saturación nos accesos que provocou unha avalancha de denuncias e unha millonaria multa á promotora.
Por iso, case parece de entender que a organización do Xacobeo non confirmase até o de agora ningún dos teloneiros de Arcade Fire, nun intento de non superar ese aforo de 25.000 persoas. Porén, La Voz indicou que MTV fichara a The Temper Trap e Cornelius 1960 e buscábase outro nome importante a nivel internacional.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
pois a min, o que me preocupa, é a cantidade de artistas galegos que fan actuacións para o jaco-veo, e a cantidade de cartiños que van parar ó estranxeiro co conto éste do jaco-veo, mentres vivimos unha situación de crise que só afecta ós de abaixo, ós de sempre.
A min o que me preocupa é o de Bosé hoxe en Noia. Como nos deixe tiradas outra vez, vai haberlle que dar "café"
Concerto de Springsteen no Monte do Gozo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting