A denuncia do alcalde independente de Oleiros sobre o suposto trato de favor da Consellería de Traballo á empresa Azetanet chegou hoxe ao Parlamento. O voceiro do BNG Carlos Aymerich sumouse ás críticas a Beatriz Mato, a quen acusou de favorecer a un empresario próximo ao PP, Gerardo Crespo, para axudar a financiar a campaña local dos conservadores.
“Todo indica que nos atopamos diante da privatización das actividades de formación en beneficio dos amigos do PP” apuntou Aymerich nunha rolda de prensa no Parlamento. Así, o político, dubidou do verdadeiro obxectivo destas axudas e lembrou que o empresario beneficiado tamén recibiu cartos doutras Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular. Pola súa banda Azetanet ten indicado que tamén traballou para o bipartito, mesmo máis que coa actual Xunta.
Os nacionalistas revelan na súa nota de prensa un dato xa apuntado por un lector do Galicia Confidencial na primeira noticia que se publicou sobre as relacions empresariais de Crespo co PP. Foi Xornal de Galicia o primeiro en apuntar que o empresario premiara á Mato co premio coruñés del año e hoxe amplía a información sobre o entramado empresarial, como tamén fai a edición galega de El País.
Así Aymerich indicou que Gerardo Crespo coincide con José Jaime López Cossío, exdirector de Formación e Colocación nos gobernos de Fraga e un dos promotores da feira acuícola “Acui” que recibiu da Consellaría do Mar e do IGAPE máis de 150.000 euros a pesar de non contar co apoio do sector. Esta noticia foi desvelada no seu momento pola edicion galega de El País.
Carlos Aymerich afirmou que agarda que estes cartos non se utilicen nos próximos comicios “con fins eleitoriais” e ironizou sobre a “experiencia do Partido popular neste sentido”.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Lamentable todo. Galicia Confidencial: Porqué sacades da portada unha nova relacionada con Xornal na que quedabades en evidencia? Sondes, de verdade, unha chea de frustrados. O mesmo digo aos de Xornal, onde tamén hai un bo puñado de xente sen memoria e sen escrúpulos. Lamentoo polos outros moitos que teñen un bo currículum. Calquera dos dous medios debería preocuparse máis, hoxe por hoxe, de sobrevivir. GC teno complicado, pero XOrnal aínda ten esperanzas. Esquecédevos de ataques e adicádevos a traballar.
Mato asiste ao discurso de Crespo na inauguración da sede de Azenet no polígono da Grela/economiayfinanzas.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting