Francisco Rodríguez, líder da Unión do Pobo Galego, o partido máis numeroso na fronte, reflexiona nun artigo sobre a crise en Galicia e dentro do nacionalismo. En “O noso problema” o veterano político escribe que “na política do BNG hai deficiencias e erros. Porén, non están no 'demoníaco' leninismo dunha parte (a UPG)”.
Terra e Tempo, o dixital da nacionalista Fundación Bautista Álvarez, Rodríguez esforzase en argumentar que o Bloque é a única alternativa real e práctica ao “imperialismo ou centralismo, non nacionalismo” español que, na súa opinión, aplican PSOE e PP.
“Hoxe por hoxe, non hai na Galiza nada relevante, agás o BNG, que asuma que o pobo galego é suxeito político, con dereitos inalienábeis, con vontade política e afán por construír un espazo de decisión e un espazo de comunicación propios, con lingua e cultura de seu”, indica.
Sobre a vida interna do Bloque, revolta no verán polas asembleas que escolleron alcaldábeis, o ex-deputado presume de democracia interna. Aos que critican a liña seguida polos nacionalistas tras a saída da Xunta indícalles que “as veces a discrepancia non ten máis vías de solución que o voto, acreditando como acredito que sempre é mellor o acordo, a solución pactada e dialogada. A definición da liña política do BNG faise de forma asemblearia e por decisión da maioría”, claro recordatorio do éxito da UPG nas citadas asembleas, onde gañou terreo en case todas as cidades fronte as listas de +Galiza e os irmandiños de Beiras.
**********************************************
O noso problema (reproducido de Terra e Tempo)
É un pouco iluso pensar que Galiza, como nación, poida ter espazo, dereito á existencia nun deseño, nun marco como o do actual Estado español e o da Unión europea
Comeza a resultar un chisco abusiva a insistencia con que algúns comentaristas deslizan críticas caprichosas contra o BNG ou o cargan de responsabilidades que non ten, no que atinxe á situación e evolución da Galiza. Esta reincidencia resulta máis paradoxal cando non se ten a mesma obsesión respecto da alternativa política á que o comentarista se sente adherido. Mais, sobre todo, resulta unha contradición suprema acabar convertendo o BNG na bicha, cando resulta ser, goste ou non, a única ferramenta política que Galiza ten para ser relevante e existente. Efectivamente, desde unha posición consciente, é certo que non podemos estar satisfeitos da evolución da Galiza nos últimos trinta anos. Coa mesma rotundidade afirmo que a incapacidade de Galiza para cambiar non pode agochar nin desvalorizar os esforzos, tamén os resultados, dos que deseñaron e seguiron unha estratexia política para o país existir, ser relevante e digno e ter futuro. Dentro desta estratexia, non é menor o resultado de contarmos cun nacionalismo operativamente unido, condición para a súa relevancia social, dentro do BNG.
A estas alturas, vivindo unha crise mundial que atinxe gravemente o noso futuro como pobo, os angustiados por esta causa debían ter claro que o nacionalismo é a única saída. Moito máis cando, como no caso de Suso de Toro ("Nuestra irrelevancia", El País, 15, agosto, 2010) se denuncia, e se vive, unha estratexia da dereita españolista para a nosa anulación, e se atribúe ao PSOE un papel "importante" e "nefasto" pola súa maridaxe co PP durante anos e, cando menos, errático, hoxe, respecto de Galiza. Comprendo a frustración do noso escritor, lexitimamente preocupado pola irrelevancia política do noso país no Estado, polas dificultades para a normalización da nosa lingua e da nosa cultura, até o extremo de leváreno a abandonar a escrita como profesional. Coido que tamén experimentou a indiferenza ou o desprezo que se axiganta contra Galiza e todo o galego pola súa irrelevancia na España. Porén, a súa reacción práctica non é unha chamada a reforzar a conciencia nacional e a agrandar a base do nacionalismo. Non, a frustración persoal proxéctase contra o BNG, con xuízos de valor que non se detén a demostrar ou explicar: seguimos un "camino ciego".
Non gosto da metafísica na política; moito menos dos prexuízos. Será que non debimos mobilizar á sociedade contra a política lingüística do Goberno Feixóo, un eixo básico do deseño español de anulación da Galiza? Na espiral de autodio irracional xa hai quen chegou a escribir que a culpa da situación do galego a ten o BNG. Deberíamos ter permanecido impasíbeis tolerando que se consumase o deseño de absorción de Caixa Galicia por Caixa Madrid, con todas as beizóns de PP e PSOE, e a de Caixa Nova por Caixa Astur e outras, co entusiasmo do sucursalismo paifoco e o localismo noxento do PSOE, baixo a batuta do Banco de España? Na fuxida pola tanxente hai quen preferiu escapar do conflito avogando por que non se fusionasen as Caixas galegas entre elas, permanecendo por separado, esa si unha saída cega, en nome dun esquerdismo tan inoperante como confusionista. Teríamos que comungar coa reforma fiscal e a reforma laboral involutivas do goberno Zapatero? Posibelmente haxa quen argumente que a nosa opción nos leva á marxinalidade, como se a maioría da sociedade galega ou da base social do BNG non estiver damnificada por esta política. Sería máis oportuno pasar de reivindicar e homenaxear a Rosalía cando se cumpren os 125 anos da súa morte entre a indiferenza e o silencio oficiais? Houbo quen chegou a mofarse en internet da nosa preocupación por mantermos vivos os nosos símbolos cando "non interesan á mocidade" e outras lindezas que, felizmente, recibiron a recriminación masiva de moitos internautas. Por acaso deberá valernos calquera Estatuto, só porque o Tribunal Constitucional de España ditamine que a única vontade política é a do pobo español? Pode haber quen estea xa cavilando como fuxir dunha oposición frontal e inevitábel á negativa do PP a asumir para Galiza mesmo o texto catalán peneirado. En fin, a democracia obriga a abrazar con entusiasmo a causa do capitalismo oligárquico e global, como fai o goberno do Estado e a súa alternancia, a UE e as institucións que chaman de "gobernanza" mundial? Admírame a fe inquebrantábel, realmente fanática, dos europeístas galegos nas bondades desta UE para Galiza. Permítasenos opinar que é un pouco iluso pensar que Galiza, como nación, poida ter espazo, dereito á existencia nun deseño, nun marco como o do actual Estado español e o da Unión europea. Tan iluso como a pretensión de que nos podemos desentender del e das institucións, máis ou menos democráticas, que o vertebran. Nunca deixamos de actuar nelas.
Na política do BNG hai deficiencias e erros. Porén, non están no "demoníaco" leninismo dunha parte (a UPG), xa que non pasa de ser unha análise do capitalismo na fase imperialista... Moitos menos están en procesos internos impecábeis, do punto de vista democrático, que debían ser obxecto de loanza, e especialmente en contraste con outros partidos. Ás veces a discrepancia non ten máis vías de solución que o voto, acreditando como acredito que sempre é mellor o acordo, a solución pactada e dialogada. A definición da liña política do BNG faise de forma asemblearia e por decisión da maioría. Somos compañeiros de viaxe dela. É a que intentamos aplicar: para iso é acordo colectivo e democrático. En efecto, representamos a continuidade lóxica do nacionalismo de Castelao. Asumímolo e responsabilizámonos diso. Falemos con precisión. Unha alternativa antitética á do imperialismo ou centralismo, que non nacionalismo, español. Como se pode catalogar da mesma maneira o oprimido e o opresor? Só desde unha connotación negativa podemos facer tal homologación. Non é de estrañar esa tendencia a falar hoxe de "galeguismo", unha entelequia política, destinada a facernos crer que pode existir unha posición práctica ao servizo de Galiza en partidos estatais ou a acreditar en que o positivo sería contarmos cunha alternativa galega non nacionalista. Hoxe por hoxe, non hai na Galiza nada relevante, agás o BNG, que asuma que o pobo galego é suxeito político, con dereitos inalienábeis, con vontade política e afán por construír un espazo de decisión e un espazo de comunicación propios, con lingua e cultura de seu. Sen unha conciencia e unha vontade nacionalista non hai capacidade nin interese para construílos. Velaí o problema.
Claro que Galiza está nun momento crítico, como crítica é esta fase da globalización, con españolización reforzada. Naturalmente que o nacionalismo ten problemas para avanzar e ten fisuras. Problemas derivados da fraxilidade, da indefensións, da febleza da nosa conciencia nacional. Mesmo os nosos conflitos internos nunca viñeron do exercicio de non se sabe que leninismo, senón de esforzo por manter o nacionalismo. Mais a capacidade de resistencia, as potencialidades do noso pobo, as contradicións que experimenta, son maiores do que ás veces pensamos. É posíbel que o BNG non as aproveite sempre con habelencia ou non saiba desenvolvelas sempre a tempo ou con maior decisión. Porén, é o único disposto a enfrontarse cos deseños e estratexias anuladoras do país, articuladas por poderosos enemigos. Desde unha posición política a prol de Galiza, deben ser o centro dos nosos ataques e críticas. O único que acaba sendo irrelevante para mellorar o país, pero prexudicial para os que non teñen culpa do seu estado, é proxectar as nosas frustracións contra quen aspira e se esforza por non sermos un pobo irrelevante, premido á autonegación. Amigo Suso de Toro, permíteme este trato, esta é a dialéctica real. Pensa que, se o BNG é o único nacionalismo que existe, será por algo. Acredito que é o único existente porque se asentou nunha vontade que dimana da nosa existencia como pobo, como nación. Por iso non quixo sumirse, identificarse, nun preciso momento histórico, o comezo desta democracia limitada, desde unha posición marxinal evidente, cun proceso, cun deseño do Estado autonómico, que está a dar de si o que dá, non digamos na Galiza. No actual situación crítica o problema de Galiza, e o problema do BNG tamén, está no convencemento e na asunción da idea de que, sen conciencia de país, sen vontade de existir, sen identificación do nacionalismo cos intereses populares, non hai futuro. Tampouco para a nosa lingua e a nosa cultura, incluída a que ten unha sólida tradición, a literaria. Velaí a nosa debilidade, o noso conflito, o noso problema. Tamén a nosa solución...
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Non sei aínda por que este artigo de Teresa Táboas paréceme dirixido a Paco Rodríguez e a Aymerich. É a primeira vez que leo algo con 'sentido común' dende a caída do Bipartito. Parabéns e ogallá non sexa unha nube de verán! http://www.xornal.com/opinions/2010...
En Ferrol habia unhas persoas de facer ético e con coñecemento.Véxase alista de concelleiros do BNG na pasada lexislatura.Persoas que vas po-la rua e a xente que non está mo miollo da política fala de-les.Da sua atención,da sua formación,da sua ética política.Maria Luisa,Lastra, mesmo Xaime,Xaquín.Entre Reganosa e uns trepas SEN a mínima formación escarallaron o partido en Ferrol por moitos anos.(Dito na intimidade mesmo po-lo Sr. Francisco R.).Isto levou a perda do goberno na Xunta. PERO,¡ OLLO! ,non pasou so en Ferrol. Penso que o problema do BNG de fondo e a aposta po-los pega carteis con esperanza de chopes,mais que po-la xente de formaciòn nos distintos campos.E non se esquenzan que o que non sabe non pode dar.
Por Caranceiro: Se estan a falar da oposición a Reganosa non mestures a Xaime Bello e Xocas( que mudaron de chaqueta e apoiaron a Tojeiro e Reganosa) con Don Xosé Lastra, Dona MªLuisa Sabio e con D. Bernardo Cuétara. Son cousas distintas. Tampouco esa xente se aproveitou do Bigoberno para enchufar ós seus familiares como fixo Xaime Bello nin buscaron seguir chuchando da teta, como leva facendo toda a vida, como Xocas que agora está de asesor na Deputación Provincial de Lugo cobrando 54.000 euros ó ano. Non teñen nada que ver Lastra, Mª Luisa, Carme Parada, Xurxo e Bernardo con Xaime Bello, Xocas , Pita e Luis Barcia. Poñamos as cousas no seu sitio
Por xermán: Dixen,se te fixas,falando da atención MESMO Xaime,Xaquín.Claro que todos sabemos que en é.politicamente Xocas.¿ Lembralo nas manifas antes de estar no bloque? ¿ con quén ia?.Menudo cambio ¿.Xaime, xa sabemos.Pero en atención a cidadans non eran o pior. ¿ En ideoloxia? ¿ tíñana?. Pita,¿ qué Pita?¿ O actual candidato ? .Non me fagas rir.Oa outros que dis "chapeau".
Por xermán: Sigo dicindo:dixen entre Reganosa e uns trepas.Podian ser unha das cousas ou a duas.¿ Ten amaño o BNG en Ferrolterra? .Pésame moito dicir que por moitos anos non.So acetan aduladores que lles poñen o traxe invisibel.
O "leninismo" da UPG en Ourense vaille saír moi caro a toda á cidadanía, seica a Concelleira de Cultura (e tamén Candidata para as municipais)dálle a Los Suaves 70.000 mil euros das arcas públicas para a produción e gravación do seu vindeiro disco(saeche moi guapiña na foto)máis a Medalla de Ouro da Cidade. http://www.farodevigo.es/sociedad-c... E para semana todo o BNG de Ourense irá ao Concerto do Alejandrito Sanz, chupiiiiiii!!!!!!
Por Grouchista: é que Isabel sabe latín
Por Moito de latín: jjj, si latín, agora é Mariana... a exaltación de la Roja, ups
Pacorro como sabe que vai ser unha desfeita total o resultado das municipais no BNG, como sempre, empeza a escurrir o vulto e botarlle a culpa ós demais do que él e o único culpable. Paco Rodriguez ten como logro o de levar ó BNG fóra da Xunta de Galicia, que nas próximas xerais o BNG quede cun deputado só e de que tódolos da UPG teñan un posto retribuido na CIG, Forga, BNG, Concellos, Deputación da Coruña e Lugo etc. Aínda nega que o BNG quedou desfeito en Ferrolterra e grazas a eso se perdeu a Xunta de Galicia polo seu, particularmente do seu, apoio a Tojeiro e a Reganosa. Dentro de pouco cando La Voz de Galicia comece a súa campaña a prol da instalación dunha central nuclear nas Pontes para substituir ás termicas, Paco Rodriguez tamén a vai apoiar decindo que é estratéxica para Galicia como fixo con Reganosa. Paco: Vai escribir libros sobre Rosalía e retírate da política. Por unha vez na túa vida fai algo positivo por Galicia
De estratexia anda máis perdido, pois os resultados electorais indican un descenso continuado do nacionalismo agrupado no BNG, ou se muda radicalmente ou se desfai (na liña que defende o continuista Paco). De autocrítica nada, é doado atizar contra o de Toro, pero comeza por recoñecer que foi o BNG quen perdeu un escano, mesmo da responsabilidade do desastre de Ferrol, e fala de Reganosa, de Cangas, de como vendestes o vento, das canteiras ilegais do Courel que bendecistes, das minas da Terra Chá, do intento de desfacer o SLG... Fala do concreto, dime como podedes os do BNG gobernando por maioría en Monforte de Lemos poñer pantallas xigantes e fontes en servizo para festexar a vitoria da selección española, ou darlle tribuna á presidenta do Tribunal Constitucional, ponente desa sentencia que tanto che molesta. En resumo, o discurso é excelente para os que só miran pola súa barriguiña (a UPG, o BNG de hoxe, ou mesmo o PP de sempre).
Por guillado: En Monforte quen dirixe o BNG é o Encontro Irmandiño, de Beiras
Por saña: Xa me parecia a min que non era da corda da UPG, o alcalde de Monforte, xa quedo mais tranquilo, ainda hai esperanza de reconducir a este Pais.
Por raña, la: por sorte hai xente coma o de Monforte, porque si dependemos de alcaldes da UPG temos a, a, a... bo, algún haberá
Por Mosca: Severino, Alcalde de Monforte, é de Inzar, integrado en MaisGaliza
O texto é bon -está ben puntuado, quero dicer- e o debate sempre necesario. O problema é que non hai por onde collelo, usando a razón. Podemos equiparar a democracia interna do BNG, onde a UPG chega a maiorías, co comportamento eletoral galego, onde o PP é tamén amplamente maioritario. Satisfactorio para os Baltares, Feijóos, e non menos para os Rodríguez, Pontóns, Abrairas e parásitos acomodados do poder.
Vexo con ledicia que ninguén sae en apoio do papel que asume voluntariamente Suso de Toro e sobre o que tamén se fala no lúcido artigo do Francisco Rodríguez. Alén da má educación e falta de análise argumentada que se amosa en moitas opinións; hai esperanza!
A solución non é eliminar o que non nos gusta. Será sempre gañarlle democraticamente coa forza dos votos. Desfrutamos largando a Fraga, desfrutaremos largando a ZP-Feijoó. Se lle queren quitar un suposto poder no BNG á UPG que lle gañen nas urnas. A militancia é soberana. Esa será a victoria de tod@s. Polo de agora... adiante GZ! Forza Rodríguez!
Por Ana: a cuestión é que no Bng cada vez quedan menos, afiliados, militantes e votantes, por iso a UPG gañarán sempre as votacións internas, estan a espantar a todo o mundo. So quedan eles, velahí o exemplo de FErrol, a UPG arrasa, mais electoralmente o BNG esta por debaixo de Esquerda Unida, xa é marxinal. por certo que é iso da alerxia á tiza???
Por Sr_J: Quando o BNG tinha moitos afiliados... também ganhava as votações a UPG. De feito essa gente que se vai em moitos casos é polo cansaço de não ser quem de derrotar democraticamente à UPG. Eu não adoito apoiar as teses da UPG... mas a maioria da militância si. Por certo, nem som da U nem marchei do BNG, não é certo que só fiquem eles.
Por Recesvinto: Eu tamén disfrutei, logo de traballar arreo para botar a Fraga, botando fóra a un Bigoberno que, sendo de esquerdas, gobernou para a dereita. Tamén disfrutei botandoo
Por picci: e agora desfrutaras moito dunha sanidade privada caralladura, dun ensino privado caralludo, dunha reducción de salario caralludo ... mais o teu gozo non será tan grande como os negocios que estan a facer -e farán co vento- os de fora a costa de Galicia e dos/as galegos. Moi ben mozo o fixeches de carallo, es moi listo
Por Recesvinto: Loitarei en defensa da sanidade pública, do ensino público, dos servizos sociais públicos, contra os chiringuitos do Consorcio, Seaga e Sogaserso, fun a folga en contra dos recortes ós funcionarios públicos e irei á folga o 29 de setembro e seguirei mobilizandome sempre por políticas de esquerda. Como o Bigoberno non fixo políticas de esquerda pois tamén contribuín a botalo como fixen con Fragagá. Os negocios que están a facer co vento non son peores que os do Bigoberno( que legalizou as louseiras do Courel).Repito que disfrutei moito. Ti seguro que es tan listo que es liberado ou mantido da UPG
Por Chindasvinto: Dí que sí, Recesvinto, este é meu rapaz, tes toda a razón do mundo: xa somos dous, eu tamén botéi a Fraga e o bi, só nos queda agardar por un partido de esquerdas serio, nada de upegalladas...
E de agradecer a Galiza Confidencial a publicacion do artigo de Paco Rodriguez, deberiase ler con atencion e criterio, e un artigo, coido que non ten desperdicio de analizar e debatir, sen cair e descalificacions e insultos os que xa estamos acostumados, e incruso discrepando no fondo e na forma dos seus plantexamentos, e si é posible aportando algunha nova solucion, quedo na espera
Por loba: a solución é sinxela: sobra, pacorro sobra hai tempo. Dende que marchóu Beiras e da mán da upg-gobernogalegoxá o BNG vai costa abaixo de derrota en derrota ata o ostión final (que non éstá lonxe). Iso sí, postiños para os seus que non falten
Por Gamela: Certamente Paco está de máis fai moito tempo! Sempre argallando metafísicas nacionalistas que ninguén comprende agás os seus 'correlixionarios' O BNG non é un chiringuito para catro iluminados!
Por loba: ...moi ben pagados, estilo Montse, Carlos, Bieito, etc...
Por saña: Sempre saen os mesmos acolitos, pagados do PP, dan noxo telos no foro, non aportan nada, ufffffffffffffffffffffffffffff
Por raña, la: acólitos do pp, dí o tal saña, eiquí o acólito es tí, seguramente pagado da UPG (estes sí pagan con bos postiños, mira os nomes de arriba), quen me da case tanto noxo coma o PP (que é moito)... salvapatrias do carallo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting