"Contamos enchelo, pero non moita máis xente"

O responsábel do Xacobeo descarta o risco de overbooking no concerto gratis e sen invitacións de Arcade Fire, número 2 na lista de ventas en España.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 26/08/2010

  • versión para imprimir

O xerente do Xacobeo tentou tranquilizar ao público ante as críticas que agroman en internet contra a organización do Festival MTV Galicia. Como reflectiu Galicia Confidencial, son numerosos internautas temen que haxa avalanchas e falta de espazo, pois o concerto é gratis e non hai invitacións: o primeiro que chega, entra.

Cómpre ter en conta que os cabezas de cartel, Arcade Fire, levan vendidas xa máis da metade das entradas para os seus concertos en Madrid e Barcelona, onde valen en torno aos 40 euros. A súa popularidade é máxima, cun terceiro disco acaba de chegar ao número 1 da lista Billboard e ao número 2 de ventas en España, algo inédito para un combo indie canadiano.

Con todo, Ignacio Santos, indicou que a organización non prevé un overbooking no Monte do Gozo, recinto que rexistrou serios problemas no concerto de Bruce Springteen. O mandatario explicou que, unha vez que supere o aforo dos 25.000 espectadores prohibirase o acceso a toda a zona do Monte do Gozo.

O xerente lanzou unha “mensaxe tranquilizadora” ao público e cifrou entre 20.000 e 25.000 persoas os asistentes previstos. Santos dixo que “contamos con enchelo, pero non con que vaia moita máis xente”.

Cuestionado sobre o motivo de non distribuír invitacións nin cobrar entradas, Santos aludiu que unha práctica común da MTV, co-organizadora do evento.

Por que se contrata aos Pet Shop Boys a última hora?

Santos indicou que o festival Xacobeo Galicia deste venres, encabezado polos británicos Muse, servirá de proba para probar as melloras no recinto tras os incidentes con Springsteen.

A poucos días do concerto e coas entradas esgotadas, a Xunta anunciou a contratación dos Pet Shop Boys, histórica e moi popular do techno-pop británico que tocarán tras Muse.

Esta contratación de última hora foi criticada tanto por supor un novo gasto para a organización pública cando as entradas xa estaban todas vendidas como por impedir de feito aos fans dos Pet Shop Boys facerse cunha entrada pola vía legal.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
4

un calquera

Esto do xacobeo, de que vai?. Dun grupo de axentes artísticos contratando orquestras para facer verbenas? Pois ta ben... Que traian a Panorama e a Paris de Noia e verán a xente que xuntan.


3

xavi_dub

Berto non estou dacordo. De feito creo que a programacion cultural do Xacobeo é o unico que fixo ben a Xunta. Vale que Muse son o a foto necesaria como outros anos o foi Springsteen etc.. pero fixate na letra pequena: Sonar 2010 trouxo artistas da talla de Hot Chip, 2 Many djs, LCD soundsystem, Herbert etc.. Vigo Transforma trouxo a Tweedy cantante de Wilco, Rufus Wainwright, Orbital. Nin nos mellores sonos vimos algo parecido en Gz. Esta programación está moi por encima dos pasados xacobeos, tivemos un xerente que polo visto está metido no mundo da música e ten criterio.

6 respostas
1

Por Benito: Hombre, lo de traer a PSB cuando ya estaba todo vendido fue una tomadura de pelo. El Xacobeo10 en general es censurable por ser eso, La Foto, del mismo modo que es una burla lo del MTV Day, y en general lo esta siendo que todo se haya sacado a precios irrisorios solo por asegurarse llenos (y la hostia del Transforma fue mas una cuestion de tiempos y mala promocion que otra cosa). A nivel de dibujar el Xacobeo? Pues Santos lo ha hecho todo lo bien que ha podido hasta donde le ha dejado la clase politica, desde luego.

2

Por atrofiados: en castelán ou en galego, tanto ten, canto imbécil hai polo mundo adiante! O mundo esmorece, a mesma Galicia esmorece, e tódolos días desaparecen postos de traballo a esgalla, e a vos, o único que vos interesa, casteláns ou galego falantes, tanto ten, é a estulticia. Ben imos con estas mimbres!

3

Por Berto: Hipertrofiado, non sei a conto de que vén a que uns nos expresemos en galego e outros en castelán nesta cuestión? Se relacionaras a inutilidade dos gastos fastuosos do Xacobeo coa necesidade de crear emprego, e aínda se o argumentases, estaría mellor, non? Por suposto, eu creo que todos estes grandes espectáculos deben ser sufragados cos cartos dos asistentes mentres as administracións públicas destinan os cartos a promocionar a cultura de base e outros formatos alleos ás redes comerciais, que xa bastante publicidade teñen a través dos medios.

4

Por distrofia cerebral: querido bertrofiado, ou distrofiado, se o prefires, como és listo ti mesmo remataches o meu aserto. Non hai como seren listo, para entender. Eu pensei que sendo tan listo como és non había falta de chegar a tanto.

5

Por xavi: certo o de PSB non viña a conto, pero bueno, decideme un Xacobeo onde non se cometeran erros...sigo dicindo que en liñas xeral o mellor e con diferencia.

6

Por Benito: El mejor? A lo mejor (habria que medir lo que fue el Concerto dos 1000 Anos y otros episodios pasados). Esto es un buen modelo?: NO. Es anecdotico dentro de la vida cultural patria, es caro y no se concibe para que resulte rentable a medio plazo. Y el Atrofiados que traslade al parlamento la pregunta de por que los tecnicos galegos curraron de pipas en vez de ejercer en los puestos de responsabilidad que debian. Ah, que su reproche era muy general porque en realidad habla sin saber nada del tema, ya...


2

maxila

ONDO PODO ENCONTRAR ENTRADAS DE REVENDA?

2 respostas
1

Por pregunta, pregunta: igual nas sedes do PP, xa sabes que a chanchulleiros non lles gaña nin cristo

2

Por anglicano: non é certo, gáñalles a SanTa Inglesa Catódica. Ui, pendón, equivoqueime: uns e outros sonche o mesmiño.


1

Berto

A contratación de Pet Shop Boys é a probaa máis clara dunha estartexia erratica por parte do Xacobeo e, en concreto, de Ignacio Santos. As primeiras críticas que foi recibindo a programación xa antes de Semana Santa fixeron que o PP se decantara por primar a publicidade e as grandes contratacións, valesen o que valesen. Pet Shop Boys contrátase a última hora cun caché seguro que maior e, como moi ben se apunta na nova, sen intención ningunha de rendabilizalos pois os seus fans xa non atopan entradas para un concerto cuxo reclamo, Muse, se bastou para esgotar a billetería. Penso que os nosos cartos deberían ser gastados con máis sentidiño, á Xunta impórtanlle ben pouco, eles fan e desfán e non senten os petos.


Ignacio Santos, xerente do Xacobeo. FOTO:xunta.es