Xa está en marcha a primeira película histórica sobre a Galicia castrexa. Chamarase Galaicus, ten un orzamento de catro millóns de euros e inclúe a reconstrución dun castro. Unha magnífica noticia para os afeccionados galegos á arqueoloxía, como apunta Manuel Gago, e pode que para a propia conservación do patrimonio.
Quen ten diñeiro dabondo para embarcarse en tal aventura? Os produtores, segundo adiantou Gregorio Belinchón en El País, son o actor lugués Luís Tosar e Farruco Castromón.
Trátase dunha obra épica, que relatará a conquista romana do Noroeste da Península no século II antes de cristo. Os produtores contan con aproveitar o tirón comercial do propio Tosar, protagonista do último gran bombazo do cine español celda 211, e da boa tradición na taquilla das películas históricas (Braveheart, Centurion, Gladiator, etc.).
U-la película do Xacobeo?
Está por ver se Tosar logra o apoio económico da Xunta de Galicia para a súa producción. Polo de agora, a película que apoio o Goberno para este Xacobeo, The Way, aínda non se estreou, aínda que está lista a súa premiere para o inminente Festival de Cine de Toronto.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Que fixeron os romanos por nós?
Por Pericán: Levarnos o ouro das minas, o cobre da costa, montar un par de salazóns 3 ou 4 urbes, 3 ducias de vilaes e unhas autoestradas sen peaxe para atacar a quen se puxera farruco e expoliar, riquezas, escravos etc... Ah esquecía, tamén deixaron miliarios, algunha lauda votiva en castrapo e cando se foron e viñeron os suevos, os que quedabamos volvimos para os castros unha boa tempada.
gandulfo says: 1 / September/ 2010 at 2:23 pm Não vejo por ningures o azeite de oliva e a pementa O ótimo pintor Carlos Afonzo, no fragmento da grande pintura de um celta oenach num castro costeiro, representou uma mulher deitando numa caldeirada de peixe [ao fundo estam os barcos e os secadoiros dos ditos peixes], um polvo seco a cozer no enferruxado caldeiro de remaches… “mais para as miñas cortas entendederas (ijual é por iso) e si eu puxese os cartos rondanme pola cachola os nomes doutros dous paisanos Calo Lourido ou Felipe Arias. gandulfo says: 1 / September/ 2010 at 2:30 pm um polvo seco a cozer no enferruxado -se é de ferro- ou broncíneo caldeiro de remaches… Os cascos son montefortinos, e a roupa leva a decoración presente nos guerreiros galaicos da época. Tudo bom. olhai http://www.manuelgago.org/blog/inde...
Oxalá este filme sirva para melhorar a auto-estima de muitos galegos e galegas acomplexados/as. Parabéns aos promotores e tentem fazer por favor uma cousa de qualidade!
Fanme gracia os comentarios dalgunha xente criticando os grandes mitos da historiografía galega. Houbo mitos?, a historia de Galicia non é moi épica e a verdade é unha merda para os galegos e así nos vai. Somos uns derrotados históricos, mais nunca uns domesticados. Ese é o noso único orgullo. Mais conviría revisar os mitos da historiografía nacionalista española. Xa dicía Menéndez Pidal que ó Cid conviría pechalo nun cofre con moitas chaves.
Por un calquera: Hai miles de exemplos. Don Pelayo, primeiro rei de España?, falaba español don Pelayo?, e porqué non o rei dun principado aragonés?, o mito dos bravos casteláns no seu condado dependente do reino de león, castela foi reino posteriormente. O Cid, un mercenario a soldo dos cristiáns... e tamén dos mouros cando conviña. O mito das tres culturas no primeiro estado europeo que expulsa ós xudíos, logo ós árabes tras masacres, torturas e obrigacións de conversións. Lepanto a grande batalla, e a última batalla naval gañada por España, mal imos cun imperio marítimo se a última batalla gañada é no 1589. A humillación na guerra dos 7 anos no S. XVIII coa ocupación de La Habana polos ingleses, a xoia da corona nas indias.
Por un calquera: Nueva Orleáns tambien fue española, dicíame con orgullo un compañeiro. O que non sabe é que N. Orleáns e a Luisiana entregoulla Inglaterra a España tras perder España unha guerra. Inglaterra ocupa o actual Quebec, e consciente de que non podía colonizar tanto territorio cédelle a Luisiana ó máis débil, España, sabedora de que nun futuro a recuperará. Esa é a gloriosa historia da obtención da Luisiana no XVIII, cando España non pintaba nada a nivel internacional, tiña un imperio simplemente porque as demáis potencias non tiñan claro como repartilo, talmente coma Turquía no XIX.
Por un calquera: E a humillación da guerra da primeira coalición contra a Francia revolucionaria?. A Luis XVI córtanlle a cabeza, todas as potencias europeas, e España con elas, decláranlle a guerra a Francia no 1793. Francia deféndese e invade España, conquista territorio en Cataluña, Navarra. E España suplica unha rendición, o "Pacto de San Ildefonso", rendición humillante que convirte a España, gobernada por Borbóns familiares do decapitado Luis XVI, e monarquía absoluta, en títeres dun goberno revolucionario. A posterior campaña de propaganda convirte ó valido de Carlos IV no "Príncipe de la paz" e "Generalísimo de los ejércitos".
Por un calquera: Europa mira pasmada como o Imperio Español se humilla ante Francia e se convirte en enemigo de todos os seus aliados na primeira coalición¡¡¡. De Trafalgar non falo, Arturo Pérez Reverte fixo unha novela na que non me quedou claro que non gañaramos nós a batalla. A pregunta sobre Trafalgar é : E qué carallo facíamos nós alí?, loitando enfrente de Cádiz contra os ingleses, que serían nos nosos aliados 3 anos despois?.. uns títeres.. uns ninguén..
Por un calquera: Da guerra da independencia, onde nace a Nación española, mellor non falar. Loitamos contra os franceses coa propaganda dos curas, e logo sufrimos a brutal represión de Fernando VII para voltar ó antigo réxime. No 1875 na terceira guerra Carlista España énchese de corresponsais de guerra europeos. Non se podían crer que en España houbese defensores do Antigo Réxime que fixeran un levantamento, desde 1848 Europa víanos como moi arcaicos.
Por Unha calquera: home, que se falaba en Galicia no S. VIII? o mesmo que o tal Pelayo? O mesmo que Aznar Galíndez? que facían as diferentes culturas en Galicia? Como empezóu a festa do boi de Allariz? Había progroms na terra dos bos e xenerosos? pasamos "a uña de cabalo sobre o XVI"? Que foi da gloriosa Mesopotamia, do milenario imperio exipcio? O gran Xenxis-Khan? Onde estaban dende o s. V as invencibles lexións romanas? Que pasóu en Roma en 1527? por qué esmorecen os imperios? Onde está a grandeur da Francia de Mazarino e Richelieu? Que foi do imperio napoleónico? E da Inglaterra Vitoriana, o máis grande imperio? E da Portugal de Enrique o navegante? que foi do imperio portugués? auto-odio? coma no anuncio de Cucal todos os grandes imperios e as grandes nacións nacen/crecen e morren... E si pode cónteme iso da guerra da independencia e a orixen da "nación española" (non pasa nada por dicir España, nin Galicia, nin Canadá), porque non paréi de rir..
Por Unha calquera: sobre os mitos (e algunha mentira moi gorda, sobre todo do meu preferido, Vicetto) ten eiquí onde ler un pouco... http://www.h-debate.com/cbarros/spa...
Por xan: perfecto! moitas gracias.
Por Aqueloutra Calquera: Que doado é despotricar contra calquera historiador decimonónico con máis dun cento de anos de evolución historiográfica. Sobre todo cando se lle cantan as evidencias a quen simplemente non ten respostas. Bonita relación de feitos históricos inconexos, por dios! es que me quedo anonadad con tanta cultura... y lo de Vocetto bueno, que risa maría luisa, tenemos aquí un Pequeño Larouse. Ala, ponte ao día filliña: http://www.terraetempo.com/artigo.p...
A idea é moi boa, pero sempre haberá xente poñendo pegas, querendo minusvalorar a Nosa Historia, esa xente que ten tanto auto-odio que só disfruta coa cultura do amo hispano.
Por Zagas: e daaaaalle, seguide coa-autocomplacencia, fuxide da auto-crítica, igual é que tamén sodes auto-túzaros ou só disfrutades coa cultura do amo luso.
Por Xaime: Siii chiño siii ainda non sabemos nin o guión e xa queres ti comezar coa auto-critica. O que proe é calquera cousa que trate sobre a historia galega, como a vai tratar é o criticable. Se fora un remake de Curro Jimenez xa tiñamos a Zagas Manolo2 Manolo1 Manolo8 ealgún que outro máis postulandose de extras! XD XD
O argumento semella unha trapallada de moito carallo, coma o dunha desas infames noveluchas pseudohistóricas que enchen as mesas de novidades do Corte Inglés. Probablemente ningún dos culturetas deste foro lle prestaría moita atención a un libro con ese argumento da historia de amor do conquistador romano e a “raíña” galaica. De feito nin mirarían para el. Os que apoian esta iniciativa só o fan polo prestixio político de Luís Tosar (estupendo actor, por outro lado) e por aquela cousa de facer analoxías (ben simplonas) coa resistencia galega fronte ao malvado españoleiro. Todo é unha ridiculez. A ver si non gastan os cartos en tonterías.
Por Robert Wiene: xa, pero neste caso o "malvado invasor" foi unha bendición para esta terra... igual que era unha perdición un Pardo de Cela, un dos derradeiros representantes do poder dunha nobleza medieval (por sorte) en decadencia... pero como loitaba contra "os malos" (porque se gaña a guerra civil a Beltranexa ían atar os cans con longanizas -ou con chourizos ceboleiros-)
Por xan: Home, non serei eu quen desculpe á nobreza medieval pero vendo o que pasou con Galicia dende que os reis Católicos nos xuntaron a todos supoño que é doado decantarse por calquera outra opción, non cres? Ou ti es dos que pensas que Galicia leva sendo pobre 500 anos por mala sorte ou porque os galegos non traballan dabondo?
En realidad quien lo tienen que apoyar son ZP, Antón Reixa, Pepe Bono, Cuiña y Hugo Chávez. Ah perdón, faltaban Pepiño y el Dioni. Todos ellos, gente progresista y de moita pasta gansa.
Por Franco franco: Mimá, vaia cacao, Cuiña e Chávez, Bono, Reixa... pasta gansa non ho, pasta gansa ten Louzán, que ata fixo un pazo empezando de bedel, ou moito alcalde pepeiro que eu sei, ahí si hai pasta, miñanaiciñaquerida... o que pasa que tratándose do PP de Feijoo e Maricomplejines, tería que ser unha nova versión de Querelle... e agora busca en Google
Por Castro castro: Que mal falas ou escribes o galego. No me extraña que con estos defensores sexa unha lingua a piques de desaparición
Por Jean Genet: pero...pero rapás, atréveste a dicir que o PP de Galicia éche unha mariconada con delincuentes de por medio? Xesús, Xesús!!!! O que hai que ler!
Por Franco franco: Si castriño, que síiiiiii, moi mal moi mal, pero tu castellano deja mucho que desear con su sintaxis "moita" deficiente. Y la pasta gansa de los tuyos, aunque consideréis el trinque de dinero público algo consustancial al cargo: ¿algo que decir, hooligan pepero?. Por cierto, te faltó citar a Fidel, el amigo de Fraga, y a algún cura amigo de los niños
Por merdon: Un critica o galego do outro dicindo "con ESTOS defensores", e logo hai quen defende que se reduzan as aulas en galego... PAUS PAAAAAAUUUUUUUUUS!!!
Curso de galego básico: 1. As palabras rematadas en "axe" son todas femininas agás traxe, paxe, garaxe e personaxe. Polo tanto debaixo do boceto, galiciaconfidencial.com volve escarallar de novo a lingua galega, demostrando deste xeito que non son capaces de escribir un só artigo sen cometer erros de maginitude. Saudos.
Boceto para a caracterización dunha personaxe de Galaicus, publicado orixinalmente en elpais.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting