A Xunta merca menos libros en galego

O investimento do concurso de novidades editoriais no idioma propio chegou aos 1.3 millóns anuais co bipartito. Este ano é de só 871.000 euros para un grupo de 16 editoriais, escollidas a dedo e entre as que hai unha ausencia moi significativa.

Por Walter Burns | O Irixo | 30/08/2010

  • versión para imprimir

O investimento en novidades editoriais no idioma propio chegou aos 1.3 millóns anuais co bipartito, pero este ano é unicamente de 871.000 euros para 16 editoriais, entre as que hai algunha ausencia moi significativa.

A Consellería de Cultura acaba de resolver o concurso anual para a compra de novidades editoriais en galego. A Xunta do PP investirá 871.595 na compra de libros. Esta cantidade supón unha caída no investimento neste eido, pois en 2009 a Administración, xa en mans do PP, mercou un millón de obras en dous concursos.

Recorte do 33% respecto ao bipartito

A caída é maior respecto ao bipartito, que en 2007 bipartito chegou a investir 1,3 millóns ao ano na adquisición de volumes na lingua propia do país para as bibliotecas públicas. Respecto a 2007, este ano hai un baixón de máis do 33 por cento.

Edicións Xerais e a Editorial Galaxia son as maiores beneficiadas deste concurso negociado sen publicidade, con máis de 157.000 euros en libros cada unha.

A certa distancia sitúanse Laiovento (60.000), Kalandra (57.000 en dous lotes), Espiral Maior (51.000), Danú (57.000) e Baía Edicións (57.000). Menos de 50.000 euros conseguiron vender o resto de editoriais, Nova Galicia, Edizer, Kalandraka,Gesbiblio, Ir Indo, OQO, Vedoira, Comunio e Tosoxoutos.

Por que non se lle mercan libros a A Nosa Terra?

Non conseguiu vender ningún lote Promocións Culturais Galegas, compañía do Grupo San José e editora do semanario nacionalista A Nosa Terra, malia ser en teoría a terceira editorial en volumes publicados e ter logrado importantes lotes nos concursos doutros anos.

O procedemento negociado sen publicidade permite ás administracións contratar unha empresa sen unha competencia aberta, só solicitando ofertas a un reducido de compañías escollidas polo propio Goberno. Este método, o menos transparente dos que marca a lei, é o que ven aplicando ano tras ano a Xunta para mercarlle novidades ás editoriais do país.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

21 comentarios
9

Jean Genet

canto "guai" na foto, mimadriña!!!

1 resposta
1

Por Querelle de Brest: E faltan os Guais supremos, líderes rexional e nacional respectivamente


8

eu.gz

Ante a imposibilidade de ver publicada unha miña opinión no xornal XORNAL.COM da cabeceira XORNAL DE GALICIA, logo de enviala repetidamente a varios artigos referidos ao mesmo tema desde primeira hora da mañá, permítaseme envialo a CONFIDENCIAL. Un dos artigos tiña o seguinte titular: Os docentes universitarios en Cataluña deberán falar catalán ... A MIÑA OPINIÓN É: Máis unha vez temos que aturar labazadas contra o galego. Xa está ben! O titular deste artigo non fai máis que afondar no confusionismo e espanta calquera aproximación a aceitarmos que non só o castelán neste planeta pode ser regulado. Tamén existen dereitos alén do castelán! Por se non chegaba no primeiro parágrafo utilízase o verbo "obrigar" referido ao catalán. Repito. Xa está ben! Polo menos teñan a decencia de asinar o artigo nominalmente; sempre é bó coñecermos quen mexa por nós.

1 resposta
1

Por Gamela: Só me interesa o feito da 'censura' (chámalle como queiras) que comeza a practicar con asiduidade Xornal de Galicia! No comentario 23 deste enlace xa deixei constancia do mesmo feito especialmente cando os comentarios tocaban aínda que fora colateralmente ao Grupo San José... http://www.galiciaconfidencial.com/... A práctica de 'filtrar comentarios' non é nova e vense practicando en TODOLOS MEDIOS que teñen unha grande audiencia (La Voz, Correo Gallego, El País...) Resulta curioso que o Xornal de Galicia teña que copiar estas prácticas para MEDRAR NA REDE GALEGA!


7

un calquera

Esa pasta non é nin o 20% do diñeiro que leva recibido "La Voz de Galicia" en 1 ano. Empresa tamén dun multimillonario por certo e que , curiosamente, nunca fala mal de Feijoo.


6

Carnucho

Alguén sabe porque anosaterra.com leva sen actualizar todo o día? Morreu xa? Viva o matrimonio Jacinto Rey e Anxo Espartaco Quintana, acábanse de cargar un medio con máis de cen anos de historia fundado polos pais do galeguismo. Quédanos o Xornal, en perfecto español, e o Galicia Confidencial, que tamén actualiza cando lle peta.

4 respostas
1

Por Gamela: Se non o fan agora será porque teñen que deixar enfriar o asunto Vieiros. Alguén pode establecer algunha relación entre Promocións Culturais Galegas (disfrazada de lagarterana) coas últimas operacións financieiras de Vieiros? As cousas nunca son como 'parecen'(?) http://www.vieiros.com/open/amosar/...

2

Por Berto: A min estrañoume que no último número en papel deste verán antes de se marchar de vacacións, tal e como fixeron sempre, sinalaran que volvían nunhas semanas, mais non concretaban a semana da volta. Non sei se antes eran tan pouco concretos, tería que mirar na hemeroteca.

3

Por Pardo de Cela: Eras subscritor dende hai 20 anos e accionista que acudiu a todalas ampliacións de capital?. Ou, polo menos, ías ao quiosque cada venres a mercala?. Eu si, e o que fixeran Rey ou Quintana impórtame un cara***

4

Por Gamela: A min o que fagan ou deixen de facer Jacinto Rey / Quintana / Aymerich / Paco Rodríguez / interésame moi especialmente cando o fan de costas a tódolos galegos (?)


5

Ricardo

Home, non parece moi razoable que a Xunta, con cartos públicos, subvencione a un multimillonario coma Jacinto Rey. É das poucas cousas boas que fai este goberno. Xa lle contrata obras e mesmo Gallardón lle adxudicou en Madrid proxectos de miles de millóns de euros.

1 resposta
1

Por Berto: Seguindo o teu razoamento La Voz non debería recibir por 4 ou 5 millóns de euros directamente da Xunta (sen concorrencia con outras empresas) para pagar a nova rotativa de Arteixo, non é?


4

subvencionados

Non só iso, senón que ademais a Xunta de Galicia sacou un concurso para SUBVENCIONAR OS LIBROS EN CASTELLANO


3

Berto

Lembremos que dende Cultura tamén deixaron de mercar Biblos, diminiuíu a axuda ás bibliotecas escolares e á creación de clubs de lectura nos centros de ensino.


2

Costadamorte

Teño entendido que o ano pasado rafael Louzán optou directamente por non mercar libros en galego para as biblitecas da deputación de Pontevedra.

1 resposta
1

Por Analfaburro: pero Louzán de bibliotecas anda xusto, si lle pos unha redacción de ESO tería serios problemas para facelo decentemente en galego, castelán ou inglés...


1

Gamela

Que curioso que volva aparecer Promocións Culturais Galegas do Grupo San José editora do semanario nacionalista A Nosa Terra. Mira tí por onde o Jacinto Rey terá que PECHAR ANT e de paso explotará o culebrón mediático nas cabeceiras do Xornal de Galicia! ¿Pero por que pechar VIEIROS se era gratis?

4 respostas
1

Por Gratis: Que Vieiros era gratis? E logo pensas ti que os redactores que había alí vivían do aire? E, claro, o custo do servidor web, servizo técnico... ai, aaaaai

2

Por Eugenio Pombo: Gamela aburres meu,ou vives no pais das marabillas ou eres un troll......eu dudo

3

Por Gamela: Vexo que sodes moi lentos para ler entre liñas! Refírome a que a Jacinto Rey VIEIROS saíalle gratis! Por que tivo que meter un contable-troll que malversara fondos ou amañara contas e débedas? Para afogar calquera competencia informativa de cara ás vindeiras eleccións? Lástima que ninguén queira remexer no ASUNTO VIEIROS! Aburrido sí que estou eu de tanto zapping e tanto mirar o dedo cando sinala á lúa! Pero certamente xa me estou a cansar de sinalar o que parece EVIDENTE!

4

Por clara: Mais que evidente o que nos contas por enrevesado parece a declaracion dun vidente.


Varela (Cultura), Vázquez (Educación) e Lorenzo (P. Lingüística), responsábeis da política sobre o idioma na Xunta. Foto:xunta.es