Novas denuncias de "enchufismo" en Traballo de xente vinculada ao PP

O blog "Moendo do Revés" denuncia novos casos de "enchufismo" nas Unidades de Promoción e Desenvolvimento (UPD) da Xunta.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/08/2010

  • versión para imprimir

O autor desta páxina web volve a apuntar novas situacións irregulares na contratación de axentes de fomento do emprego da Xunta en Galicia logo da enquisa realizada entre os funcionarios de Traballo de varios centros de Galicia. Os resultados deste "mini estudo" resultaron sorprendentes e motivaron a resposta da propia conselleria.

"Moendo do Revés" publica, novamente, novos casos de "enchufismo". Así, denuncia que o o concelleiro do PP en Castro Caldelas, Antonio González Amaro, Xefe do Servizo de Promoción e Emprego, e a súa administrativa, presuntamente "colocaron" a María Jesús Feijóo Fernández. "Para ser unha candidata a postos de subalterno da Xunta de Galicia acumulaba unha puntuación envexable na convocatoria, da cal, por suposto, desconfío que foi realizada de forma inxusta e a sabendas de que o era. Probablemente esta rapaza traballe hoxendía nalgún chitinguito da Xunta", asegura.

Asociacións "vinculadas" ao PP

Tamén inclúe a varias asociacións presuntamente "vinculadas" ao PP neste tipo de contratacións. Así, denuncia que na Federación Provincial de Asociaciones Comarcales de Empresarias, Profesionales y Emprendedoras de a Coruña (FEDACEPE), que dirixe Ángeles de la Iglesia Daviña, traballan como Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) a súa neta Úrsula de la Barrera e a cuñada desta, Sonia García Fiusa.

"Noutra entidade ligada ao PP, FUNDEFO, traballa o fillo da Señora De la Iglesia, entidade que, xunto a outras relacionadas con Gerardo Crespo (Azetanet e Gecreri) ven de recibir máis de un millón de euros por parte da Consellaría que dirixe Beatriz Mato", engade.

Neste blog tamén se critica a contratación como AEDL de José María Fantova Rodríguez. "Quen é esta persoa? Non sei, pero ao introcudir o seu correo en Google o que sae é isto. Sei que non é un Concello nin unha asociación, nin fundación, nin sindicato, nin… é unha asesoría do Ferrol, terra de onde tamén é o Director da UPD Coordina Local II, Angel Sucasas peón. Pode unha empresa privada dispor dun AEDL? É posible que o dono desa empresa sexa tamén AEDL? Parece -ou iso me parce a min, haber si mo aclaran- que este señor está utilizando a UPD a favor das empresas privadas dos seus amiguiños. Que pouca vergoña!", preguntase.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

rebotada

TODA UNHA NOVEDAD!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!


3

Porco Johns

E así seguirá a cousa ata que deixemos de votalos. A corrupción é unha das máximas do PP, está integrada no seu ideario. ¿Coñecedes alguen que se queira meter en política para "trapichear"? ¿Por que partido se quere presentar? (99% de probabilidades de que sexa o PP) Se lhes damos outros catro años imos ser "Comunidad Valenciana 2.0", é dicir, chuparán o que queirán, matarán a nosa lingua, destruirán o noso litoral, desmantelarán a nosa sanidade e o noso sistema educativo, etc, etc. Se ganhan as próximas proponho a anexión a Extremadura....total, de Galiza xa non quedará nada...


2

xOsse dorrío

Outro caso que acabo de atopar: Julia Alonso, AEDL e Xerente da Asociación de Empresarios de Redondela ( http://www.empresasredondela.com/no... un caso semellante ao de Fernando González Truque, AEDL e Presidente de Alar Galicia ( http://www.alargalicia.com/?page_id...


1

eu2

Pois espera a ter os datos da adxudicataria do servizo de cita previa que queren privatizar, non sei porque pero haberá algún coñecido