Queremos que se escoite o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia, e neste caso á violencia contra as mulleres que fai tremer as conciencias de toda unha cidade, que non comprende como se pode chegar a cometer este tipo de actos.
A xente de Lugo estamos hoxe conmocionados, e queremos unir as nosas voces para berrar un forte BASTA XA, ante actos criminais que acaban coa vida de mulleres inocentes e destrozan familias enteiras. Hoxe queremos estar todas e todos ao carón desta familia.
Pedimos á xente que non cale nunca ante estos actos inhumanos, e que denuncien aquelas situacións graves das que teñan coñecemento, para que non quede impune entre as paredes dun fogar, a desolación, a desesperanza e o medo que están a vivir moitas mulleres.
José L. Orozco
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Pois si, Gamela: entra no cargo. Poucadiños. O que hai que facer é entender o problema e despois atallalo. Quen queira unha análise ben feita: http://aconjuradosnescios.blogspot....
Cando escoito estes cantos elexíacos hai algo que se me revolve nas tripas e non sei ben por que sigo calando... Semella que entra no 'cargo' laiarse da violencia que nós mesmos enxendramos cando lexislamos para unha sociedade que NON EXISTE! Quixéramos, sen dúbida, que as diferenzas entre homes e mulleres tiveran sempre unha solución pacífica e civilizada mais levamos uns cantos anos nos que o número de vítimas vai IN CRESCENDO! ¿Por que? http://www.publico.es/espana/332481... Orozco quere levarnos por un vello camiño xa percorrido por Platón cando rematou o seu soño político escribindo As Leis onde anciáns e xoves conspiraban ás agachadas para DENUNCIAR o incumprimento das leis dunha República que xamáis existira??? Denunciar ante quen e para que? Para formar parte das estatísticas que algúns empregan para enrocarse sen facer absolutamente nada máis que CANTOS ELEXÍACOS? Non, gracias...!
naceu nunha familia humilde e traballadora. Marchou estudar Filosofía e Letras a Salamanca e fixo os cursos de doutoramento na Universidade de Santiago. Está casado e ten dúas fillas.
Di que os seus amigos lle chaman Pepe, os alumnos (é profesor en excedencia no instituto lugués Lucus Augusti) chamábanlle Aristóteles. E debe ser porque é moi bo orador. E falador tamén, se lle pides que se defina nunha soa palabra, emprega tres. Considera que é bo amigo (os seus amigos confirman este dato), traballador (tamén confirmado) e un namorado de Lugo. Isto último queda patente se falas dous minutos con el.
No seu tempo libre pasea pola cidade, é doado atopalo pola Praza Maior ou na Praza do Campo, di que esa é unha zona que lle trae moi bos recordos, por alí saía cos amigos.
Orozco é un home sinxelo, tal e como aparenta. Os que o critican, din que é populista e para el é un orgullo que o consideren defensor dos intereses e aspiracións do pobo. Estar coa xente e traballar conxuntamente por mellorar a súa cidade, Lugo, é o seu soño. Cando Lugo mellora el é feliz.
Por iso recoñece que está contento e tranquilo, traballa no que lle gusta e iso manteno ilusionado na política.
Di que a súa maior preocupación neste momento é a difícil situación económica que atravesamos a nivel mundial, polo que non deixa de traballar para conseguir que os lucenses perciban o menos posible os efectos desa crise.
Para o Alcalde de Lugo a cidade mellorou en múltiples aspectos e iso, di, débese ao traballo conxunto de todos os lucenses.
Orozco ademais é un amante das novas tecnoloxías, o ordenador e calquera medio de comunicación coa xente da rúa é benvido no seu día a día. É un amante da liberdade de expresión, quere que a xente diga sempre o que pensa, esa é unha regra inamovible na súa vida.
Ri e chora coa mesma facilidade e vive a política coa relaxación que lle da a experiencia. O que non entende é que algúns políticos empreguen a estratexia da mentira para desprestixiar ao contrario. Di que el nunca foi así, sempre tratou de atopar algo bo na oposición.
Gústalle que a xente o vexa como unha persoa próxima, así é el, e di que só promete aquelo que pode facer, por iso fai o que promete.
"Non está todo feito" -repite sen parar- "por iso traballo sempre con ilusión, para seguir avanzando nun Lugo mellor, moderno e con igualdade de oportunidades para todos os seus veciños e veciñas". Forza e ilusión non lle faltan. O seu blog
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting