"Esta páxina pretende ser un reflexo do que está acontecendo en Galicia, dado que a Xunta está mantendo unha política informativa totalmente obscurantista sobre os incendios forestais no noso pais". Así se presenta este grupo no Facebook do que forman parte destacados militantes socialistas, partidos políticos como a FPG e sindicatos como UGT ou Cc.OO.
"Arde Galicia" comezaba a súa actividade o 12 de agosto pasado, un día antes da desgraciada morte de dous brigadistas nun incendio de Fornelos do Monte. Desde entón, a este foro chegan diariamente dúcias de persoas informando sobre a aparición de novos lumes e aportando, ademais, fotos dos mesmos.
Contra a "desinformación"
Nas últimas horas son varios os usuarios que dan conta dos varios incendios da provincia de Ourense que afectan a Laza, Vilariño de Conso, o Barco ou Chandreixa de Queixa asi como outros que tiveron lugar en Oia. A maior parte do lectores queixase da "desinformación" da Xunta de Galicia e critica a política informativa dalgúns grandes medios de comunicación de Galicia.
Entre os usuarios desta páxina atopase a directora do Instituto de la Mujer, Laura Seara, quen nun post recente denuncia que "Galicia e especialmente Ourense arden con virulencia. Que dí ou fai a Xunta? Que vergoña máis grande". Tamén o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero ou dirixentes socialistas como Eladio Osorio Montenegro ou Tamara Canosa forman parte deste grupo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A ver se me podedes facer un favor oh. Non sei que é o que pasa, quen lhe pon lume ao monte? por qué? cando cachan un pirómano, que lhe preguntan? que se fai con eles? por qué non se investiga a orixe deste tema? Desgraciadamente non vivo en Galiza, a xente pregunta, e xa comezo a me sentir un pouco avergonhado por esta situación. Se algún dos letores do Xornal me pode dar alguma pista ficarei moi agradecido.
Ardía algo hoxe en Burela? Din que viron a Feijóo alí disfrazado de bombeiro. Outros din que levaba material para non contaminar o peixe da lonxa. Vaia presidentiño nos saíu. Se fora Fraga, estaba apagando el mesmo o lume en Ourense, e Baltar tocándolle o acordeón detrás!
Pasou un helicoptero e de repente apareceu lume por todas partes (poidemos escoitalo hoxe nos telexornais); pasou unha avioneta e ao pouco tempo poidose ver un regueiro de lume. Quen investiga os lumes, a quen interesa ??? Os medios aereos que apagan o lume son privados ou publicos ?? cobran por saida ou por día ???. Investigacion, investigacion
Incendio en Vilariño de Conso/Rubén F. Lorenzo Pérez
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting