Por Galicia Confidencial | Vigo | 01/09/2010
O último en anunciar o peche é o histórico semanario A Nosa Terra que deixa de imprimirse por graves débedas da empresa, Promocións Culturais Galegas, dominada por Udra Medios, filial do Grupo San José.
O peche desta públicación, voceira das Irmandades da Fala, e cun século de historia, chega logo de meses de inestabilidade económica e dunha máis que discutida xestión por parte do actual equipo directivo. Pero o toque de gracia recibiuno A Nosa Terra da Xunta de Galicia, que conxelou todas as axudas e a publicidade tanto ao semanario coma ao a editorial A Nosa Terra.
Inversión do Grupo San José
O Grupo San José desembarcou en Promocións Culturais Galegas no 2007 cun montante superior ao millón e medio de euros, pouco antes de invertir case sete millón, tamén, en Xornal de Galicia. Foi entón cando a empresa iniciou unha ambiciosa expansión que resultou un fiasco e que se agravou logo de que o PPdeG chegara ao poder.
O anuncio de Alfonso Eiré a algúns medios de comunicación sobre o inicio dun proceso concursal desatou a indignación entre os traballadores da empresa, uns 25, dos case 40 que chegou a ter en 2008. O anuncio trae aparellado un ERE que podería deixar na rúa a case a un 75% da plantilla. De feito, tan só quedarían tres traballadores no semanario e outros tres na editorial.
Quinto peche
A Nosa Terra é o quinto medio nacionalista en pechar ou pasar serios problemas en menos dun ano. Precedeno os históricos Vieiros, que pechou, o comarcal a Peneira ,que botou aos seus tres redactores, e o dixital Gznación e a rede social Chuza, que tamén pecharon. Todos eles utilizaban o galego como lingua veícular.
Detras destes peches atópase a crise ecónomica pero, sobre todo, a falta de axudas das administracións públicas, principalmente, da Xunta de Galicia. Unha situación que pon ao descuberto que, sen a actual política de subvencións oficiais (Goberno galego, deputacións e concellos), desaparecerían a maior parte das cabeceiras galegas, algunhas das cales acumulan importantes déficits nas contas.
Comunicado do SXG sobre o peche de ANT
Sobre o caso concreto de A Nosa Terra, o Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) e a CIG acaban de facer público candaseu comunicado, que reproducimos a continuación, primeiro o do SXG:
Jacinto Rey non pode pechar A Nosa Terra sen negociar un plan de viabilidade
Vigo, 3 de setembro 2010.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.
Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.
Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.
Quen é o dono de A Nosa Terra?
Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.
San José mantén ao fronte aos responsábeis da crise
Ao igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha "mala xestión" que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.
San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.
Responsabilidade da Xunta de Galicia
Ademais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.
O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.
Por último, o Sindicato chama a todas as administracións a que tomen medidas urxentes ante a continúo feche e despedimentos de medios de comunicación nos últimos meses, especialmente entre os editados en galego. Cómpre lembrar que o Estatuto de Autonomía obriga á Xunta e aos poderes públicos a promover o uso do idioma propio en novos eidos, como os medios de comunicación.
Comunicado da CIG:
A CIG responsabiliza á dirección de A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa
O sindicato denuncia que os responsábeis do semanario non comunicaron a suspensión de pagos os traballadores/as e non descarta convocar mobilizacións de protesta
A federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega responsabiliza ás distintas direccións do semanario A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa e que obrigou os seus responsábeis a suspender pagos. Dende a central nacionalista critican tamén o feito de que os xestores da publicación non comunicaron ao representante dos traballadores e traballadoras a entrada no proceso concursal e reclaman que se lles facilite información.
Dende a o sindicato lamentan en primeiro lugar os problemas que atravesa a histórica cabeceira do nacionalismo galego e sinalan ás súas distintas direccións como responsábeis da situación. Aínda que son conscientes do drástico recorte nas axudas da Xunta aos medios que se editan en galego -principal argumento esgrimido por A Nosa Terra para xustificar a súa desaparición en papel- o secretario nacional da federación de Químicas e Enerxía da CIG, Alberto Gonçalves, indica que “nin a actual dirección nin as anteriores souberon xestionar a empresa, sobre todo en épocas de bonanza económica”. Neste senso, define o sucedido como a “crónica dunha morte anunciada”.
Dende a central amósanse especialmente críticos coa actitude da actual dirección, xa que ninguén lle comunicou ao delegado sindical a entrada no proceso concursal. “Existe unha falta de información total aos traballadores e traballadoras, que non saben de forma oficial o que está a acontecer na empresa”, lamenta Gonçalves. Ao mesmo tempo, lembra que levaban máis dun ano reclamándolle á dirección un plan de viabilidade “que nunca chegou” para tratar de reconducir a situación.
Finalmente, adiantan que ademais das pertinentes accións legais non descartan iniciar un calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer os 28 empregados do semanario.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ula é a noticia sobre o manifesto dos medios en galego?. Porque GC ignora ese manifesto?. É máis porque non se di toda a verdade do que lles está a acontecer os pobres dos traballadores da Nosa Terra?. Estanse a facer eco da mesma de xeito moi manipulado o que queda da Nosa Terra e Xornal, ambos controlados por Jacinto Rei, mentres se oculta a verdadeira realidade. GC podería ofertar unha visión distinta da que estamos a ler. ANT pecha pola nefasta xestión de Afonso Eiré, agora protomártir do nacionalismo e defensor de causas perdidas noutrora, mentres agora se as de empresario chantadino ao igual que se fora presidente do BBVA.
Un artigo que fala ás claras do que está a acontecer aquí: http://www.xornal.com/opinions/2010...
Os cadaveres hai que enterralos axiña, porque logo feden, e ANT, fede xa, que esperaban estes xestores, que o nacionalismo e parvo? que seguirian fornecendo lectores e colaboradores despois de ollar como a "sua" cabeceira pasabase o inimigo? veña sr.Director, efectivamente o PP non axuda, xa o esperabamos, pero con unha boa xestora como se fixo en anos atras, seria capaz de levantar a esta cabeceira, pero non con vostedes o timon. O mellor que pode pasar pra Galiza e enterrar ANT, xa veremos os nacionalistas de erguer outra cabeceira con mellores e comprometidos xestores, estamos nelo.
Isto está a suceder dende que os CACIQUES do BNG tomaron o goberno da Xunta co PSOE. Os responsables desta desfeita ao cárcere!!!!! .... por ineptos e caciques
Por Anarko-bobos: Claro o PP non ten ningunha culpa é culpa do BNG que son autonomistas....delirante, con xente coma ti mellor non confiar no esquerdismo senón tratalos como palurdos fascistas.
Por Xandokas: Querido anarco-bobo, tes toda a razón do mundo, NON se pode confiar no esquerdismo, porque son uns palurdos fascistas.
Unha radio, unha radio nacionalista, medio barato que chega a moita xente, crea conciencia e abre camiño para outos medios. Houbo unha oportunidade de obter concesions cando se estibo na Xunta, pero debido a cobardia e falta de miras de parte do bng no goberno (preferian GZnacion ou algo asi, e earn autenticos infiltrados do pp), os galegos quedamos sen medios.
Está claro que o fácil é culpar ao PP desto por non dar axudas. Por non ser caritativo, vaia. Iso é o fácil. O que non fará ninguén será pedir responsabilidades a quen de verdade rematou con este proxecto: unha serie de pseudo xornalistas sen ideas dende hai anos que en vez de facer un semanario galeguista se adicaron a encher páxinas sen xeito. Os Eiré, Veiga, Carballa etc... poden quedar como mártires, e son tan responsables como o que mais. A verdade non interesa está claro. Deixen de culpar a quen non fai nada, e pedide a cabeza de quen ten de verdade responsabilidade.
Por Evo Morais: Lumbreras, digo Eva... Cantos medios cres que sobrevivirían en Galiza sen axudas públicas.... NIN-Gún, vaite defende aos medios españolistas ao Diario de Almería, opinións como a túa son as que fomentan ao fascismo, é o pseudopardillismo, a falsa democracia como ditadura da maioria. Das bastante noxo...
Por Eva: Mira, xa somos dous
Por Evita Perón: Ai, a típica postura upegalla de "o que non está comigo está contra mín" e logo ven o de fachas, etc... moi ben Evo, ti si que das
Por si home si: La basura upegalla bloqueira tiene una democracia mejor: Cuba, dictadura fusiladora de "O Povo", esto es, de los cuatro piojosos independentistas contra toda la sociedad; un Povo, un estado, unha lingua, un partido, unha ideoloxia: esa es su democracia pluralista, juasjuas. Ladran solo porque están en minoría y no pueden mandar. Que la basura nacionalista fachagalegueira que está obsesionada con una distopía fascista para Galicia se meta sus periódicos-panfletos por el culo y se los pague con su dinero: mejor la dictadura de la mayoria que la dictadura de la minoria, no te jode Quereis ikastolas en gallego? pagaoslas con vuestro dinero; en las escuelas de todos manda la voluntad de la mayoria
Problema 1: sectores activos do nacionalismo non acatan a normativa oficial, polo tanto para eles ANT non estaba escrita en galego. Son catro gatos, pero catro gatos activos. Problema 2: hai moito tempo que recibía ANT na casa e a penas a lía. Non me interesaba. Non me interesa. Xornalistas-bolseiros sen puta idea e artigos de interese nulo. Problema 3: non souberon abrir ANT á sociedade galega. Quixeron facer unha revista "normal" e non unha revista que faga un servizo a Galicia. ¿Como é que non había unha sección fixa "MAR", outra "AGRO", outra "NATUREZA" con discusións de nivel e dialéctica enfrontada? En contra diso semellaba nos últimos tempos unha revistiña de sociedade na que saían os amiguiños dos redactores. Problema 4: Mala adaptación ás novas tecnoloxías. Problema 5: "culturitis". Inflamación desaforada do tecido cultural. A cultura interesa a catro neste país, e a tres deses catros so lles interesa o que lles afecta persoalmente.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting