O PSOE saca peito da derrota de Feijóo na Arxentina

O PSOE de Bos Aires destaca a sonora derrota do PPdeG en Arxentina e atribúella ao presidente galego e o seu secretario xeral de Emigración, Santiago Camba.

Por Galicia Confidencial | Bos Aires | 03/09/2010

  • versión para imprimir

Os socialistas arxentinos saúdan o histórico triunfo das agrupacións Unión Gallega e Galicia nas eleccións ao Centro Gallego de Bos Aires e felicitan ao seu novo presidente, Carlos Vello, pola súa histórica victoria.

"Una vez más, los gallegos de la Argentina asestan un duro revés a las políticas implementadas por el gobierno del Presidente de la Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijoo y su Secretario Xeral de Emigración D. Santiago Camba", aseguran nun comunicado remitido a GC.

Utilización da Xunta

Neste sentido, acusan ao candidato derrotado, José Luís Seoane, de utilizar de "xeito indiscriminado" a figura de Feijóo e sinalan que a súa campaña "lesionou" a imaxe da Xunta e converteuse no principal elemento do seu fracaso electoral.

"La desmesura, la improvisación y el autoritarismo manifestado por la gestión del actual Secretario Xeral de Emigración D. Santiago Camba ha precipitado esta aplastante derrota de la cual ha sido su más importante protagonista", apuntan.

Carlos Vello obtivo o 56,8% do total dos votos. Finalmente, a crise no hospital do centro e a proposta de privatización de Feijoo foron determinantes na derrota dos populares.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Centro Gallego de Bos Aires