O Día da Patria

“Eu daquela quería participar en todas as revolucións do mundo. Por min marchaba con bo gusto a loitar cos sandinistas a Nicaragüa, contra o Somoza dos collóns.

Por Xurxo Ayán | A Lanzada, Sanxenxo | 07/09/2010

  • versión para imprimir

Iso da guerrilla quedárame gravado na memoria dende neno coas historias do Piloto e dos maquis de Chavaga. Agora non, dáme pólo cú o que pase por aí adiante, as inxustizas e o que veña dado. Eu só quero ter a adega inzada de xamóns, mandarme un taquiño, beber bo viño e erguerme cedo para ir coidar a viña a Vilachá. Cousas de vellos. Pero daquela, o carallo. O meu pai escoitara de sempre a Pirenaica e rabexaba cos curas e co Franco. Cando chegaron as primeiras votacións na casa o pai e máis eu fomos dos primeiros en meternos no Sindicato e no Partido. Eramos labregos músicos, folkis lles chaman agora creo, manda carallo. Nesta mesa estiveron máis dunha vez os de Fuxan os Ventos, recollendo vellas cantigas do bico de papá: Dóbrate corpo delgado..., esta noite hai unha rúa, esta noite hai espadela, bótame caldo mi madre que eu tamén hei de ir a ela... Aínda eramos uns cantos, acérrimos. Moitas fixemos. Como aquela vez no Festival do Castro en Pantón que se deran ostias como rodaballos cuns fachas fachendosos. O mellor era o día de marchar a Compostela, o día da Patria. Fun a todos do 77 en diante. Levantabámonos cediño e ïamos o Xeneize e eu en bicibleta pola serra até Monforte, cun capón guisado nunha tarteira, recén saído do forno. Unha marabilla. Unha vez nin chegou alá. O arrecendo puido con nós e papámolo sentados nun penedo ollando para Cerasia, alá no fondo, agardando pola liberación nacional. En Monforte apañamos o ómnibus, un vello coche de línea retirado da ruta ás augas do Incio. Galicia será pequena, pero aquela viaxe amosaba o grande do país, parecía como ir a Barcelona, xa só baixar ao Miño e subir cara á Chantada xa che era unha odisea. Na viaxe en bus no día da Patria, recordo sempre ao vello de Ousende, que nas curvas de Belesar trousaba sempre na boina, abría a fiestra e alá iba a boina polos pataos abaixo. Unha vez lle comentei con sorna: Así saeche o negocio mal, se cada ano tiras unha pucha! E constetoume, non teñas medo que sempre traio a máis vella. Carallo para o vello!

En Santiago sempre forzabamos coa policía pero nunca fun tan tonto de levar tralla. Unha vez entramos na catedral e lle puxemos unhas pegatinas a uns cantos santos, estrando os pasquíns nunha capela izada de beatas a rezar. Despois da manifestación ibamos alá a unha carballeira que non recordo como se chama, vaia borracheira colliamos alá, mi madriña. E rapazas habíache unhas cantas.

Agora xa é todo diferente. Estes do Bloque ata falan raro, dicindo i en vez de e. Hai que foderse. Semellan tan lambóns coma os outros. Unha vez presentáranme no bar a Camilo Nogueira; fixérame gracia porque tomaba o café pousadiño no pratiño, collendo moi cerimonioso o púcaro con dúas dedas e estirando o dedo meñique, coma un gentleman. Vaiche boa. Pero daquelas... Fora moi sonada un día da Patria cando á volta, zufrados, acabamos na festa do Santiago en Castroncelos. Antes da verbena, na panceta, había uns cantos militares que viñeran a pagar os lumes. E deunos por queimar unha bandeira española e bourear aquilo de Se eu son fillo de España, eu son un fillo de puta. Acabamos no cuartelillo todos. E aínda así seguiamos co choteo. O comdannate do posto pediume os datos e díxenlle que era de Cereixa. Fitoume e dixo, será Cereija. Non, se o queres poñer en español poña Cereza. Encima de nacionalista, traductor, déjese de cachondeos que esto leva a salir caro. Ao final intercedeu o alcalde, o médico, que era Deputado de Alianza Popular, e a nosa veciña que xa me librara dunha boa cando escapei da mili en Ferrol para a voda dos teus pais no 73. No banquete, apareceron dous solados e un mando a prenderme. Gracias a ela, quedeu até a noite,e a madriña da voda levoume no Jaguar a Ferrol. Ao verme entrar no cuartel en semellante haiga, parece que colleron medo e de calabozo nada; aínda por riba me deron dous días de permiso, por se acaso. Eran outros tempos.. Despois duns anos deixei a nación polo pulpo. Preferín a feira do 25 na Pobra de Brollón. Aqueles que defendían o fogar de Breogán ao final son igual de mangantes, e o único que defenden é o seu fogar, mamando do resto. Se Castelao erguese a cabeza de seguro que faría algunha viñeta desas, con Francisco Rodríguez trousando na pucha de Beiras, no día da Patria”.

Xurxo Ayán




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

29 comentarios
9

oubeando en dolby

jajajaj que bo texto e canto me vexo reflejado en el. quen queira entender que entenda e quen non pois tampouco pasa nada.


8

umdaládaria

‎"Non olledes as formas do presente con indiferenza / sen loitar / o futuro sería entón un triste espello / que vomita imaxes de perda e laio impotentes" Venho de ler isto de Xavier Ron e pensei que era boa idea ponhelo aquí.

1 resposta
1

Por Ghómito: Que é unha galleta da sorte dun restaurante chino...hahahaha, que pardillo


7

Híper-tontísmo

Atopo o texto absolutamente insultante tentar desacreditar ao nacionalismo con relatos burdos e desmobilizantes. Lamentable que nun momento no que o galego e os galegos somos atacados con políticas franquistas como o idioma ou o extremo sectarismo de Frijol, algúns sigan empeñándose en que o malo é o único nacionalismo galego que existe na realidade porque o pseudo-tonto-independentismo son 4 amiguitos. É unha historieta chabacana, indecente e extremadamente palurda recomendar ir á Feira de Brollón que o día da Pátria porque "las cosas ya no son lo que eran". Para min é tan españolista como a bandeira española.

4 respostas
1

Por hiper-gilipollismo: pois vale, pois que ben, a min paréceme un bo relato...son millores as arengas de pacorro e os seus mantidos

2

Por Hiper-tontismo: Xamais escoitei unha arenga de Pacorro e mantéñome eu traballando para unha empresa privada. Sen embargo si que lin o relato e non se trata de calidade literaria... é que a súa mensaxe é indecente.

3

Por hiper-parabolismo: coño, en que mundo vivirás para non escoitar as arengas de pacorro, virgensanta, mensaxe indecente é a de ter colocados aos bieitos, xurxos, pontones, montses e demáis a miles de euros/mes sen rañála, iso é unha mensaxe indecente

4

Por Recuncho: Está claro que a vós non vos move o país senón que é unha cousa simplemente por levar a contraria propia de post-adolescentes traumatizados aos que ninguén lles fai caso. Que bonito é ter o carné do PP e falar en galego para disimular


6

faneca brava

non sei coma unhas cousas tan reais coma as que escribe o Ayán poden molestar a aljen , ou sera que por ser verdadeiras mais que molestar foden.Eu tamen ia a Santiajo o 25 hasta que me din conta que a maioria da xente que ali estaba crian que eran mais jallejos que os que non ian, ijualiños ós da ofrenda o apostol mais con distinto nacionalismo. E como os que levamos a terra(de todos)dentro non nos fai falla "levala en prosesión" quedeime na casa.

2 respostas
1

Por Mars Global Surveyor: En que mundo vives ti. Si eres do 76 igual vives en Namec. A túa realidade é despois comer LSD a toneladas non?. O máis galego de todos é Rajoy Brey porque como dicía Beiras "soy Rajoy y voy a Raxoi a una Junta de la Xunta". Perdón si que hai outro máis galego... Franco que era del Ferrol del Caudillo.

2

Por faneca brava: ¿?


5

Xan

Sexa persoaxe real ou non, o que está claro é que hai moito antiTODO o que non sea seu embigo... Moito que deixa a nación polo polbo e pasa a ser un máis. Hai que loitar pola nación e non contra ela, penso eu. Adiante GZ! O inimigo é o PP!

2 respostas
1

Por umdaládaria: bem falado Xan. Seguro que os do bloque colhem o cafe co maiminho levantado, seguro que falam raro de caralho, ata pode que prevariquem e sejam caciques algum dia. Pero é que os outros!!!!!! Coidado que nom é umha broma cos senhores herdeiros de franco, os amigos da galicia pilingüi, os do prestige, do gurtel... e que dicir dos do GAL e do Roldán, os dos cartos para os bancos... Som criminais, por deus bendito! E se os deijamos ganhar somos os seus cómplices!

2

Por Non a todo: Como estades os "tontistas"... así que este é un dos vosos profetas do non a todo... por iso o defendes... porque está en contra do Bloque. Bo é sabelo, non te preocupes xa sabemos todos e todas que sodes antigalegos e tedes o carné do PP. Xa vos vemos tantas veces facendo chorradas que non enganades nin a un bebé.


4

o pinche

Si ho, se os políticos som todos iguais, que mais dará uns ca outros... Para que ir ó dia da patria, se os galegos ja estamos orgulhossos do nosso; que deijemos dessaparecer a lingua nom tem que ver. Do mesmo jeito que nos vaiam ponher 30 minicentrais novas tampouco quere dicir que o estado espanhol nos estea roubando. E que mais daram esquerdas, centros ou dereitas, se aos trabalhadores nos da igual... Se ao empressario e aos bancos lhes vai bem, a mim hame de ir bem tamem! Se som gente generossa, ao cabo, ho! Para qué expressármonos em parvas manifestacions, se ja os medios de comunicaçom contam tam bem o que pensa o povo... Nos, a comer o pulpo, ou unas almejitas si se puede...

4 respostas
1

Por o cociñeiro: e si as minicentrais as montan cataláns? e si o banco ten sé en Barcelona ou Bilbao? e si o empresario dono do medio de comunicación é de Bilbao?, oes, si os que nos foden non son do Estado Español (ou España) xa parece que non nos fode tanto, a que non?

2

Por o pinche (de mina asturiana): fódenos o mesmo, papam. Pero dende a dos franceses, douse a casualidade de que todos os que vinherom a fodernos vinham coa ajuda do estado espanhol.

3

Por xefe de cociña: pois a min fodeme moito unha tal Fenosa, controlada por La Caixa, e tamén unha tal Iberdrola, dos amiguetes vascos, xa ves, pastrammmm papammmm, que o capital e a dereita non son cousa do teu odiado "madrí", que para asuntos de foder aos demáis en Bilbao e Barcelona hai moito

4

Por pinche : Perdoa polo de papam, que se quenta um falando destes mangantes; douche toda a razom que si que nos fodem. Pero que eu saiba bilbao e barcelona siguem pertencendo ao estado espanhol, e se nom fora polas leis impostas dende madrí estas empresas depredadoras igual nom podiam mangonearnos tam a gusto.


3

Julio

Eres un falabarato, meu neno! E os que te coñecemos sábémolo bén? Cando fuche a Santiago polo Día da Patria? Nunca. NOTA: A panceta en Castroncelos é o 26. Os militares no "pagan" lumes. E de paso aprende a estrofa da cantiga de Suso Vaamonde. O do cuartel estivo moi bén, solo decir que te cagache polas pernas. A "Moura" no 73 non tiña un Jaguar. Segue a comer o polvo e que che aproveite¡

5 respostas
1

Por Alfonso García: Julio, aprende a ler e logo comentas. Con xente coma ti lendo entendo por que a biblia fai tanto mal aínda hoxe en día! E se tes algunha cuestión persoal co que escribe isto, dillo á cara e non nunha páxina en internet. Sé un pouco home, homiño!

2

Por Xurxo Ayán: Estimado Julio. O texto vai entre aspas. Os militares non, (con n) apagan lumes. Eu nacín no 1976, cago de campo ou no water. Eu non son o protagonista desta historia, como é evidente, pero non tes nin idea da miña vida. Gracias pola túa atención.

3

Por Jurjo Ayuelo: Eu creo que tiñas que mudar o nome por Jurjo Ayuelo e para que se che entenda millor escribir en castelán así todos entenderiamos moito millor a túa postura. Gañanazo.

4

Por Emilio: Sr. Ayán, os seus escritos son moi bós, noraboa...se cabrea igual aos hiper-nacionatas e aos do PP é que ahí hai algo interesante

5

Por Moralexa: Cal e moralexa do asunto? Mellor comer pulpo que implicarse no futuro do país?... Non acredito. Poden chamarme o que queiran nacionalista, sociata, ou o que sexa, pero este texto é un exemplo de pasotismo-antitodo. Non quero que os meus sexan así.


2

Porco Johns

¿¿e??


1

anonimo

¿De quien hablas pollo, si naciste en 1976?

2 respostas
1

Por devagar: Pareces non entender a diferencia entre un autor real e o personaxe dun relato (xornalístico, paródico ou literario)

2

Por Devalar: A verdade é que o texto é unha merda. Eu tampouco o entendo.


Xurxo Ayán

Xurxo M. Ayán Vila (Lugo, 1976) é arqueólogo e investigador do CSIC.