Hackean a web do manifesto dos medios en galego

A páxina non permitiu, durante un tempo, novas sinaturas despois de que fose asaltada para reclamar o pago da débeda dos traballadores de A Nosa Terra.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/09/2010

  • versión para imprimir

"San José quere botar sen pagarlle aos traballadores d'A Nosa Terra, non firmes!!!" en grandes letras brancas sobre fondo vermello. Isto é o que se atopaban os internautas que as catro da tarde do martes tentaban acceder a osmediosgalegosimportan.com, un manifesto a favor dos medios en galego.

O manifesto demanda da Xunta "que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto".

Numerosas persoas, sobre todo persoeiros do nacionalismo, asinaron o texto a través da web. Porén, despois do ataque informático de hoxe a páxina xa non admite novas firmas. Segundo se pode comprobar no servizo Whois, o rexistrador desta páxina é Alfonso Eiré, presidente d'A Nosa Terra.

Críticas dende a CIG, UPG e SXG

A polémica está a rodear o peche do histórico semanario A Nosa Terra. Mentres Eiré culpou en numerosas entrevistas á falta de apoio da Xunta, a CIG e o Sindicato de Xornalistas alertaron da "mala xestión" da empresa e dos continuos atrasos que sofren os traballadores. Os asalariados levan varios meses sen cobrar e Eiré xa apuntou a posibilidade dun ERE, co que se irían a rúa con 20 días por ano traballado.

Nestor Rego, destacado militante da UPG, publicou un artigo en Terra e Tempo no que cuestiona o papel da constructora San José de Jacinto Rey no peche do semanario.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
5

galegoman

A UPG só apoia ós medios da UPG. A Nosa Terra remodelouse e non tivo o apoio da UPG, do mesmo xeito que Xornal de Galicia non o ten. É lamentable ver a membros da UPG nos premios Fernandez Latorre apoiando a La Voz de Galicia con todo o que significa LVG coma podremia do pais. Ogallá algún día teñamos un partido nacionalista de esquerdas que non dependa destes salvapatrias con pedigrí ( e tí de quen ves sendo no nacionalismo, se cando tí estabas en pañales eu xa corría diante dos grises chaval...).

2 respostas
1

Por salvapatrias: correr correr, o que se dí correr, tampouco creas que corrían moito, que eu sei dalgún deses salvapatrias con pedigrí (e postiño de máis de 3000 euros sen rañala) que o único que fixo foi ir á comisaría no 74 por non levar documentación e vai dicindo por ahí que estivo no cárcere... e aos catro rapaces que o escoitan´cáelles a baba, dioxxxx, eu quero ser coma salvapatrias Jack

2

Por galegoman: O triste é estar a falar aquí do sexo dos anxos e mentres tanto os do PP cos seus aliados mediáticos repartíndose o pais a cachos, facendo mocións de censura, roubando a esgalla, recalificando terreos e ríndose duns idealistas trasnoitados que pontifican na teoría e que na práctica os seus veciños non saben moi ben a que se refire e votan ó PP.


4

xose

Os primeiros en boicotear ANT foron os da UPG, e agora queren quedar de santos, ao igual que estan a facer con Xornal. Se non fose por San Jose ANT xa teria pechado fai anos. Houbo unha oportunidade de dar concesions de radio a medios como ANT ou a outros medios nacionalistas que contrubuirian a crear conciencia nacion, pero debido a cobardia e o intento de telo todo controlado non foi posibel. O que nso libra aos nacionalistas de tal lacra e a marxilanalidade do grupo de Pacorro, isi que fan barullo a costa de catro mantidos que se adican a comerlle a cabeza aos rapaces e a escribir nas webs. Xa veredes que resultados fan sacar estes infiltrados do pp-psoe no nacionalismo. Pedro Luaces de que partido era ???


3

undakí

Xentiña deste terruño galego!!!!! Úrxe organizarse, crear nova politica non incendiada, novos medios libres e coherentes!!! Denunciemos pandillas de mafiosos coma eyré... O país retrocede 15 anos!!!!!


2

indepe

Grande parte do galeguismo anda a botar-se as maos à cabeça pola desapariçom do centenário A Nosa Terra que chega trás a morte de Vieiros e Gznación. O presidente da editora Promocións Culturais Galegas, Alfonso Eiré Pucheiro, anunciou-na em declaraçons em numersos jornais como Público De todas as entrevistas a Pucheiro desprende-se a mesma tese vitimista. ANT desaparece pola falta de apoio da Junta enquanto a empresa fará todo o possível para reflotar a cabeceira e defender os postos de trabalho. Este artigo demonstrará que Eiré mente. O seu plano por diluir a responsabilidade da quebra definitiva da direcçom e aforrar-lhe indenizaçons ao verdadeiro dono da empresa, a construturo San José ( http://www.grupo-sanjose.com/) de Jacinto Rey. Asemade, busca perpetuar a sua imagem como suposto mártir do jornalismo galeguista. http://galizalivre.org/?q=noticia/0...


1

Juan Carlos

Igual me pase en el comentario que me borrasteis. Quería decir que el periodismo que se hacía en A Nosa Terra, y se hace, baste mirar lo que publican hoy sobre Telmo en el digital, era muy contrario al sentir mayoritario de los gallegos, que somos españoles y hemos elegido a Feijóo para acabar con la imposición del nazionalismo. Perdón de nuevo por mi lenguaje.

2 respostas
1

Por raxozorza: Eh, troll! El Libertad Digital remataches xa coa carroña? Vai onda Carlos Luis a quentar-lle a tapa do vátere, para que non pase frio.

2

Por Lengüelle: Para nazionalistas o PP e máis concetamente o de Cataluña, que seica non collen alí, non sei si é porque deberon anchear moito ..ou que non "collen" porque non pintan nada na política catalana. Que vaian para onda o seu amigo Sarkozy.


Imaxe da web osmediosengalegoimportan.com cando estaba hackeada