A CIG ataca á banca e aos magnates para quentar a folga

Militantes nacionalistas ocupan sedes de bancos nas cidades galegas e sinalan a grandes empresarios como Amancio Ortega como responsábeis da crise.

Por Galicia Confidencial | | 09/09/2010

  • versión para imprimir

Os sindicatos comezan a quentar o ambiente ante a polémica folga xeral do 29 de setembro. Así, a CIG organizou hoxe “peches simbólicos” para “denunciar aos verdadeiros culpábeis desta crise e visibilizar a necesidade de saír desta conxuntura encamiñados cara a un novo modelo económico, social e político”.

Ademais, o sindicato nacionalista lanzou unha campaña de carteis en Vigo denunciando que os grandes empresarios son os “culpábeis” da crise e que, polo tanto, deben ser eles os que paguen as consecuencias. O único empresario galego sinalado pola CIG é Amancio Ortega, o magnate de Zara

“Queremos escenificar publicamente que en grande medida a responsabilidade da crise económica está na banca privada, no gran capital, que tamén é quen se está favorecendo con esta situación” alerta Suxo Seixo, líder da CIG e militante da UPG.

Vigo, Ourense, Pontevedra, Compostela, Ferrol, Lugo e A Coruña viviron peches en diferentes entidades bancarias.

Seixo tamén cargou contra o secretario xeral de CCOO, o galega Ignacio Fernández Toxo, que cualificara a folga de “putada”. “O que é unha putada son os motivos que nos levan a convocar unha folga xeral, tan necesaria para frear esta política de recorte de dereitos contra a clase traballadora, cando nin as supostas rixideces do mercado laboral, nin a estrutura da negociación colectiva nin o custe do despedimento tiveron a ver coa orixe da crise económica”, aseverou. “A folga xeral é necesaria e xa se tiña que ter dado con anterioridade, aínda que por culpa de CCOO e UGT atrasouse até o 29 de setembro”, afirmou Seixo.

 

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

que pais

Vaia malva de senvergonhas demagogos istos da cig, entre estes e os viles nom me extranha da preponderancia españolista na sociedade. Agora a culpa a tem o sr Ortega, criador de riqueça, e nom o zapa frijoles e demais politicastros ladros.Emfim

2 respostas
1

Por Que pais... : Aí, aí. Todos sabemos que os culpábeis somos os traballadores que nos desmandamos cos nosos altísimos soldos que case chegan aos mil euros Por iso nos teñen que despedir máis doadamente, recortarnos o salario e castigarnos a dous anos máis de traballos forzados antes de chegar a xubilación. Estanos ben, por manirrotos, por comprar comida para comer e pagar a hipoteca. Que deixen en paz a quen crea riqueza e ten 25.000 millóns nunha SICAV e paga un 2% de impostos. Todos sabemos que eses fondos de inversión crean moitos postos de traballo xa que invirten en fondos especulativos de alto rendemento. Todos sabemos que o Ortega non é o responsábel último da situación económica actual, logo, non debe pagar. Debemos pagar nós que nos pasamos coma cans consumindo e gastando o noso soldo.

2

Por libertas e patria: É o estado socialista español, quem vai roubarem as penssôes do povo, nom Ortega.Com certeza que devem pagar os responsaveis, e os trabalhadores também o som desde o momento que votam aos ladros que governam. Desde o momento que prefirem um partido da rogha ou belem-estebam a ler um livro ou se formar, ou desde o momento que os populistas tiram da inveja da gente lembrando que o A.Ortega paga o 2% dos impostos( algo mais oh, mais muito menos que um trabalhador con efeito)mas calam do 0% da banca. Os trabalhadores conscientes e e formados, como os empresarios honrados, nom som culpaveis mas som perjudicados, esses som os que há que defender, nom a "el pueblo"


Cartel da CIG Vigo contra Amancio Ortega