Lector, ti es o culpábel

Moitos galegos que mercaron A Peneira nos últimos seis meses non están orgullosos de tal compra. Cando viron que o editor botou aos seus tres redactores tras telos seis meses sen cobrar (despois dixo que mentiran, que só lles debía cinco meses e medio), máis dun desexou ter gastado os cartos noutra cousa. Pero xa era tarde.

Por Walter Burns | | 09/09/2010

  • versión para imprimir

Creo que co tempo o mesmo pode pasar co manifesto “Os medios galegos importan”.

Como unha metralleta, o texto identifica culpábeis da desaparición de varias cabeceiras. Non se nomean pero que están na mente de todos. Gznación, Vieiros e o semanario A Nosa Terra, presidido por Alfonso Eiré, promotor deste manifesto e da súa web.

Culpábel son os gobernos, por non chuzarlle tantos cartos como aos medios en castelán ,“que non o precisan tanto”, pois todos sabemos que os que escriben castelan comen menos.

Culpábel é o público por non mercar estas cabeceiras .

Culpábel son anunciantes (agárrate BAP Conde – Gadis – Vivamos como galegos) pois as “empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes”.

Culpábel somos todos, que enfeitizados por Feijóo agardamos “que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sós”.

E os que financian e dirixen eses medios que agora desaparecen, teñen algo de culpa?

Non, en absoluto. Propietarios, editores e directores son os únicos que zafan no manifesto. É máis, teñen lexitimidade de abondo para lembrarnos cal é o noso pecado orixinal e canto lle debemos.

Espero que o día que fracase e desapareza este Galicia Confidencial (nada é eterno) quen o pariu, Xurxo, e os que lle axudamos a mantelo fagamos algo de autocrítica.

Ou tamén podemos botarlle a culpa aos redactores d'A Peneira, que dicían que lles debían seis meses, e só eran cinco e medio.

Por dar o mellor de si, por manter vivo un medio en galego sen ver un peso. Por todo iso e máis, culpábeis, eles tamén.

Walter Burns




Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
8

carlinhos

Vaia por dios, seguro q van menos dos que asinaron o manifesto http://www.elpais.com/articulo/Gali... El sindicato nacionalista CIG ha anunciado movilizaciones por el cierre del semanario A Nosa Terra. A pesar de que el consejero delegado de la empresa, Afonso Eiré, aseguró la semana pasada que se mantendrían los 28 puestos de trabajo, la central afirma que la dirección “ha presentado un ERE que afecta a la práctica totalidad de los 28 asalariados”.


7

Víctor Manuel

Eu creo que ningún medio de información nin empresa privada, debera obter ningunha subvención pública. NOn é normal que se manteñan artificalmente medios e empresas que non interesan ao público. As administracións públicas teñen que invertir os seus fondos en educar aos seus cidadáns, capacitalos, para saber leer, interpretar, buscar e contrastar a información. Ten que velar porque existan medios de información pública de calidade, tele, radio, prensa. Tratar de contentar a todo o mundo trae estas consecuencias e problemas

1 resposta
1

Por Víctor Manuel : A pesar do que teño manifestado, non esquezo solidarizarme cos trabalaldores de calquer empresa pública ou privada,aos que tratarei de poiar na mediada das miñas sinceiras posibilidades,e convido a tod@s a facer o mesmo xesto.


6

Voluntario

Ofrézome voluntario para cargar coas culpas todas!!! Que me aforquen publicamente e así quedades todos libres de "pecado"! Ai ai ai!!!


5

Turkoo

Tradución: Para fomentar máis aínda os medios galegos hai que deixar de visitar os medios en castelán. Está claro, os concienciados co idioma visitan ambos medios: galegos e casteláns; e os non concienciados (moitos) só visitan medios en castelán. O resultado é que a igualdade de condicións o medio en castelán sempre vai ter relativamente máis visitantes potenciais. Isto chamaríase: "o modelo purista" (natural?). Outra solución sería gañar lectores non galegos e non concienciados, pero onde?: Na lusofonía. Ou nom?

3 respostas
1

Por Herculino: Turkoo, turkiño, que pesadiños os lusistas coa vosa leria. Fálase de patatas ou de nabos, sempre o mesmo.

2

Por Turkoo: Se non che gusta "lusofonía" chámalle "galeguía". Falar da lusofonía ou galeguía é falar de posibilidades de mercado para os medios galegos.

3

Por taliesingz: O dia que os medios en galego teñan a calidade e seriedade dun Times, Le mond Diplomatic, e con pinzas "El País", deixarei de mira-los. Xa está ben de defender cousas polo simple feito que estexan en galego, algúns, tamén cremos que se poden facer cousas de calidade, e en galego


4

Eloisa

Os traballadores e traballadoras do semanario A Nosa Terra comezarán a partir deste luns un calendario de mobilizacións para denunciar a situación que están a padecer dende que a dirección presentou un Expediente de Regulación de Emprego que afecta á práctica totalidade dos 28 asalariados/as. Dende a CIG-Químicas lembran que a única información sobre o seu futuro que está a recibir provén das entrevistas do seu presidente na prensa, ao que acusan de ocultar que a quebra económica produciuse como consecuencia dunha mala xestión. http://www.galizacig.com/avantar/no...


3

Eloy

Por mi mejor si todos los periodicuchos como este cierran cuanto antes. Bata ya de imposición de las ideas nazionalistas. Feijóo será el próximo líder de España. Entonceis vais a saber lo que es bueno de verdad

1 resposta
1

Por Turkoo: Liquidando Galiza para salvar España, velaí o paraíso do nacionalismo español. Malia a retranca que pode ter a túa mensaxe, non me extrañaría nada. O nacionalismo español sen reparos, vende.


2

Queirós

Burns, e que foi o que aconteceu realmente en Vieiros? Como é posíbel que un medio electrónico que nasceu hai quince anos en semellanes condicións que as de hoxe peche? Iso é algo que ninguén explicou. Sabes algo?. Eu podo contar aquí un lance que me aconteceu con eles. Teño unha pequena empresa e o ano pasado, sobre Xuño, púxenme en contacto por mail con eles para inserir un banner. Non recibín resposta. Ningunha. Deixei o tema e seis meses despois repetín a operación. Aconteceu o mesmo. É certo que non os chamei por tlf. pero me parecía ridículo que houbera que "pedir como favor" a inserción pagada dun banner. Pensei, bon, estarán apenas un par de persoas a facer todo o choio...E xa á marxe disto,ben significativo, que foi o que aconteceu con Vieros? Como é que na "despedida" o director enlame ao responsábel da..empresa? Who was who, Burns?


1

XanPerillán

Cecais estou acostumado ou teño tendencia a busca-la solución aos problemas e non queixarme nen buscar culpabeis, pero estimado Walter, non vexo esperanza nas túas palabras, segundo ti ¿a prensa en galego vai morrer?

1 resposta
1

Por Alfonso García: Rappel, amigo Walter, Rappel, non Raphael, aínda que ás veces cantas de máis! Ninguén irá ao voso enterro, GC. Como moito, unha esquela noutro manifesto. E ben que o sinto, de verdade.


Walter Burns

Walter Burns foi editor xefe do "Chicago Examiner", unha das cabeceiras máis populares na capital dos grandes lagos no comezo de século. Formou un dos mellores tándems do xornalismo norteamericano canda o afamado reporteiro Hildy Johnson.