Adxudicacións sen publicidade para catro xornais dos anuncios da visita do Papa

Algunhas das páxinas a cor imprimíronse antes de que a Xunta inscribise o concurso-relámpago na Plataforma de Contratación. Documentación no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/10/2010

  • versión para imprimir

A Consellería de Presidencia acaba de adxudicar o contrato de “Servizo de insercións publicitarias para anunciar a visita do papa a Santiago”. O departamento de Alfonso Rueda convocou o concurso polo procedemento negociado sen publicidade. Así, non houbo convocatoria aberta e pública no DOG.

Presidencia só invitou a La Voz, Faro, El Progreso e La Región, argumentando no informe técnico de valoración que son líderes nas súas provincias. Non sorprendentemente, estes diarios gañaron o concurso. El Progreso mesmo logrou incluír no paquete publicidade en liña.

Tramitación relámpago de 23 minutos en San Caetano

Supersónica foi a velocidade do concurso . A convocatoria subiuse á Plataforma de Contratación pasadas as 14:00 do mediodía do xoves 28. Ese mesmo día, as 14:23, Presidencia subía a resolución de adxudicación definitiva.

Polo menos un dos diarios meteu os anuncios antes de que o concurso fose sequera inscrito na Plataforma de Contratación.

O concurso para publicar páxinas a cor nos xornais inscribiuse ás 14:16. Moitas horas antes, o mércores, un dos xornais citados xa mandara meter no exemplar do xoves os anuncios do concurso.

Cuñas e plan de medios tamén pola vía rápida

Tamén pola vía rápida despachou o Goberno os concursos do plan de medios e as cuñas de publicidade. Esas adxudicacións, por máis de 60.000 euros, foron tamén “negociadas sen publicidade”.

Este tipo de procedemento, o que máis limita a libre competencia, está previsto para situacións de urxencia, nas que a Administración teña que actuar rápido. Non parece o caso da Xunta.

A chegada do Papa coñecíase moitos meses antes do lanzamento destes tres concursos negociados sen publicidade a ultimísima hora.

La Voz (21.000 euros), Faro (case 12.000), El Progreso (máis de 9.000) e La Región (4.600) foi o reparto, IVE aparte, segundo a resolución de adxudicación..

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

42 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    Pipero

    ¡Como DIOS manda!


    12

    toxo

    La la la La Voz, por suposto, sempre na crema chuchando cartos dos nosos impostos que lle da a Xunta a cambio de apoialos coa súa campaña torticeira para que chegaran de novo ao goberno.


    11

    Antón

    A min o que me resulta curioso é que desta nova só se fan comentarios, se se me permite a expresión, anti La Voz de Galicia. Que pasa, que os outros son benditos, ou? A verdade é que a maioría dos que vos movedes por aquí estades sendo bastante hipócritas neste tema.

    11 respostas
    1

    Por Anton: Non será que a actitude hipócrita de La Voz en multiples cuestións provoca que a xente non sexa imparcial á hora de xuzgalo? ... nun grupo de xente o que é cinico, trepas, e aproveitado é o que menos simpatias desperta sempre, non?

    2

    Por Antón: Estasme dicindo que no Progreso (o segundo medio máis subvencionado deste país e con moita menos plantilla que La Voz) e na Región (o voceiro de Baltar e da Diputación) non se cumpren moitas desas características que enumeras? Eu creo que o que sucede é que aquí entra moito nacionalista. Punto e pelota.

    3

    Por rosebud: Efectivamente Antón, El progreso, La Región, o Faro ou La voz de Galicia teñen os mesmos defectos para min. Estar financiados cos impostos de todos e ser medios sectarios da dereita galega. Pero dos catro La Voz recibe máis pasta que os outros tres xuntos e manipula máis que os outros tres xuntos. Non merco ningún dos catro inda que la voz téñoa gratis no traballo ou no super de enfrente.

    4

    Por Daniel: Al menos La Región hace mucho que no es un medio de derechas. Numerosos son los bloqueros que escriben en su línea de opinión. Memorable y sin precedentes fue su campaña contra Manuel Cabezas cuando era alcalde de Orense Simplemente es de la Familia Baltar y de quien les interese para seguir a flote.

    5

    Por rosebud: Sempre hai un ou dous galeguistas ou do bloque nos artigos de opinión para aparentar pluralidade Daniel. O sectarismo está logo na información que publican, e sobre todo, na que NON publican. Calquera socialista ou bloqueiro pode ter unha campaña en contra en calquera medio en Galicia. Os do PP non ó menos que outros do PP así o ordenen. Os paises subdesenvolvidos coma Galicia non teñen prensa libre, e iso é causa, non consecuencia do seu subdesenvolvemento.

    6

    Por Anton (sen til): Antón, pode ser que sexa por que por aqui entra moito nacionalista, ou pode ser que entra xente do depor por iso de que como o patron de LV odia a Lendoiro anda dando caña, ou podería ser alguén de Compostela por esa mania co Gaias e esquecerse do despiposte do porto exterior con asesores que cobran 5000 euros por un par de reunions ao ano, ou poderia ser de Vigo ou de Caixanova, por esa campaña que todos lembramos a ver se sacaban cacho os amigotes de Santi na operación, ou recentemente alguen que vai ter que ir a Oporto a coller voos por que parece que a Santi y sus mariachis parecialles mal que Ryanair cobrara 500.000 euros de subvención (que tiene tela viniendo de quien viene), ou algun especialista en esto da rede por que LV nunca rectifica .. http://bit.ly/dnh2e4 ... Vamos mogollon de amigos.

    7

    Por Antón: Se aínda quedan seareiros do Coruña que apoian a Lendoiro, élles mellor que se vaian desenganando. Aí, LV ten toda a razón. O do Gaiás é un desproposito, foino sempre, pero tampouco vexo que se mollan moito o que para vós é prensa libre. Será que Jacinto Rey ten moita obra e chupou moito do Gaiás e por iso no Xornal calan a boca? Do porto exterior non teño nin idea, pero en cuestión políticas creo que non se salva nin dios (só hai que ver que todos defenden e consolidan os pagos vitalicios a ex presidentes e toda a tropa). Co de Caixanova? Bueno... creo que Faro tamén fixo campaña. O dos voos de Ryanair. Paréceme lamentable que se vaian, pero é certo que as manobras de Ryanair non son de todo ortodoxas. Non hai que esquecer que a aeroliña está para facer negocio. Sería de necios pensar que estaban aquí para dar a coñecer Galicia e para axudar aos galegos, aínda que é ben triste que perdamos conexións aéreas. Niso estou de acordo.

    8

    Por Antón: A todos os xornais lles custa recoñecer os seus erros e cando o fan, intentan que sexa do xeito máis escondido posible. Iso non é patrimonio só de La Voz.

    9

    Por Anton: Ok, Antón, despois dos teus argumentos non queda dubida que tiñas razòn no que decias de que aqui criticamos a LVG por que somos úns hipocritas e ademaia nacionalistas y punto pelota. Sempre me gusta reler "rebelion na granxa" sobre todo esa parte onde os porcos acaban sentenciando iso de .... Todos somos iguais, pero uns son mais iguais ca outros.... Por certo estou de acordo no do despilfarro do Gaias, xa me gustaria que cando empezou o proxecto Perez Varela, LVG en vez de loubalo o criticara, era daquela cando o podia parar non cando chegou o bipartito con todos os cartos xa asignados.... Pero xa se sabe todos son....

    10

    Por Antón: De verdade, Anton, gustaríame a túa opinión sobre a cobertura que lle dá o Xornal ao adefesio do Gaiás. E, de paso, as estranas alianzas do Xornal con Augusto César Lendoiro, un ex político do PP. Cousas veredes...

    11

    Por Anton: Antón, xa non sei se serás un mariachi de La Voz ou un Manoliño, pero en todo caso estas no teu dereito de defender a LVG, que será en todo caso unha posición tan hipócrita como a miña. Do mesmo xeito eu teño dereito a criticar a unha corporación que se leva 10 millons en 2 anos dos meus impostos e varias veces mais que o resto da prensa xunta, sobre todo cando o seu prepotente editor quere mangonear os designios deste lugar do atlantico, e ainda por riba tenta facer crer a todos os Manoliños que é o unico editor independente. Non falemos xa dos seus complacentes e sumisos mariachis, que andan a dar clases de etica e dignidade, cando deso teñen ben pouco. Xa ves, efectivamente, non me gusta LVG, e non por que sexa de dereitas ou esquerdas, senon que non me gustan os prepotentes, cinicos e chupopteros.. por certo, igual ao final son ese empregado de campo de golf ao que Santi cunhas copas de mais amenazou cunhas ostias do tipo ustednosabequiensoyYo ;). Un saudo


    10

    Lexna

    jaja :D Sobre A Voz: como gasten todo o diñeiro que lles dan en facer #pervinoticias :D :D :D Este é o rigor informativo do medio que máis cartos leva? :D :D jejeje... http://marcus.es/2010/10/pervi-vend...

    3 respostas
    1

    Por Toni: Jaja, ahora tienen que venir Luis Ventoso, Roberto Blanco y Lois Blanco y en sus columnas de este domingo salientar el potencial humano y tecnológico de los gallegos en la era Feijoo :P:P

    2

    Por Toni: Noticia exclusiva de La Voz... Se filtra una foto del nuevo dispositivo creado por pervi.es http://twitpic.com/31t3mw

    3

    Por Lexna: Se isto é verdade o caso #Pervi cada vez cheira peor http://www.cabozo.com/taboext.php?g...


    9

    clara de noche

    Bueno hombre bueno, ni que fuera tanto dinero.Pero si son calderillas

    1 resposta
    1

    Por NosabeQuienSoyYo: Es cierto, no da ni para unos guiskis en el club de golf


    8

    xandasbolas

    É lóxico que LA VOZ DE GALICIA venda periódicos a low cost, porque a xunta financia o periódico. Os periódicos podense subvencionar,pero os voos de baixo custe non?. Canta hipocresía dos súbditos de Don Santi.


    7

    xandasbolas

    Pois os votantes do PP que non se queixen, se para ir a Londres, teñen que coller o vo dende Madrid ou Porto. Os votantes do PP pensan que os seus dirixentes van administrar os cartos con xeito para todolos cidadáns. Pois que os sigan votando, se así lles vai ben. Hai algúns votantes do PP que están a esperar a ver si lles cae algo da administración (un posto de traballo por enchufe, unha subvención para a súa empresa, unha contrata sen concurso,etc...)


    6

    iroques

    Estos del PP son unos flipaos tio, estan convencidos de que somos gilipollas, ay Jesus. Dichosos pesebreros

    1 resposta
    1

    Por saña: Si que somos gilipollas, xa que seguimos votando por eles


    5

    Mariachis

    Si, ademais tendo en conta que os 3 millóns de euros de subvención que lle deron a La Voz, somentes sirve para que os cidadáns reciban subscripcións gratis da revista de opinión de Santi Rey para seguir mangoneando neste terruño, el e os seus amigotes. Sobre o de Vueling, ten en conta que opera en La Curuña e ademais é da banda de Feijoo, asi que a eses si que se lles pode subvencionar, ainda que despois non fagan nada, e tamén que un dos obxectivo de atacar a Ryanair é cubrir a papeleta que ten Feijoo pola desfeita que se vai producir nas comunicacións aéreas. Por iso é especialmente sarcastico que os mariachis falen de subvencións e chantaxes. Pensarán como os mafiosos iso de... oiga, que este es mi territorio y aqui solo recibo subvenciones y solo chantajeo yo...


    4

    Manolo

    Parece que escuece que a Galicia Confidencial no le hayan repartido nada. De todas maneras teneis que entenderlo, no creo que haya medio que haya publicitado tanto de manera gratuita la visita.

    3 respostas
    1

    Por Prisciliano: E a tí faiche gracia que só os medios-nodo leven axudas, os medios que a ti che gustan por que contan o que queres oir. Agora dache a risa que fodan os medios democráticos progresistas e que permiten participar na opinión (como a túa). A tí o que menos que importa é a prensa libre e a verdade. Só eres un mercenario, senón a que andas a enredar comentando no GC que tanto aborreces e criticas. Vaite comentar á Gaceta si che deixan! .

    2

    Por Manolo: Creeme si te digo que tiene más morbo aquí. Otra cosa. He dicho cincuenta veces aquí que todos los medios de comunicación tienen que vivir sin subvenciones. Otra cuestión es que a muchos solo les fastidie si no se las dan a ellos, pero no dicen nada cuando estando los suyos en el poder ocurre al revés..

    3

    Por Verme: Eu penso o mesmo de que a Iglesia ten que vivir sin subvencións, 10.000.000 , moitos para manter a COPE e toda a súa campaña para aupar ao PP


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Táboa da adxudicación definitiva das páxinas a cor da visita do Papa.