A plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación o próximo domingo, 21 de novembro. Este colectivo argumenta que privatizar hospitais, como xa fixo o PP en Valencia e Madrid, resulta ao final máis caro para o peto dos cidadáns, que ademais reciben peor asistencia.
Ademais, a plataforma asegura que a calidade da atención xa empeorou de xeito importante dende que o PPdeG recuperou o poder. "Agora a xente espera case o dobre para operarse que cando o PP chegou ao Goberno", indican fontes desta organización.
A situación é especialmente grave na área sanitaria de Santiago, localidade que acollerá a manifestación.
"Santiago soporta o 88% do incremento das listas de espera en cirurxía de Galiza" indica SOS Sanidade Pública. Segundo os seus datos, en marzo de 2009 había 4.845 persoas á espera dunha intervención. En setembro de 2010 eran 5.990, 1.155 persoas máis.
Nenos agardando unha operación
O colapso no CHUS, o maior hospital da capital, é case dramática no eido da ciruxía pedriática.
SOS Sanidade pública apunta que o tempo de espera en marzo de 2009 era de 61 días con 233 cativos en espera. "Nestes momentos hai nenos que esperan 136 días para operarse e nesa situación hai xa 335 nenos. Grazas ao PP agora a espera é máis do dobre que cando eles entraron no goberno”, asegura a plataforma crítica cos conservadores e que conta co apoio do PSdeG, BNG, CIG, UXT e Comisións, entre outros. Está confirmado que polo menos doce alcaldes participarán na protesta.
37.808 pacientes agardan o primeiro diagnóstico no CHUS
As colas tamén son enormes para lograr un primeiro diagnóstico. "Nos CHUS agora hai 37.808 persoas esperando para unha primeira
consulta, é dicir están á espera de saber que lles pasa", indican os defensores da Sanidade 100% pública.
Nalgunhas especialidades, como uroloxía, a espera pasou de 73 días a 151,5.
Privatizar para solucionar o colapso?
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago atende a 418.965 habitantes. A area sanitaria complétase cos 63.721 que ten asignados o hospital do Barbanza.
Para superar o colapso actual, a Xunta vai construír dous centros de saúde dentro o paquete de dezanove anunciado para todo o país.
Iso si, os centros Galeras e Conxo faranse mediante colaboración “público-privada”, unha fórmula que, como xa explicou GC avaliando o resultado desta política en Madrid, permite ás construtoras asegurarse os beneficios mentres se reduce o cadro de persoal e, polo tanto, a calidade da atención.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O Domingo 21 estaremos en Compostela moitos galegos a titulo persoal,chamados pola defensa dos servizos publicos e gratuitos para todolos cidadans,gratuitos porque os pagamos cos nosos impostos para dar unha cobertura sanitaria a toda a poboacion, que tenha mais ou menos medios economicos poida disfrutar dunha sanidade de calidade en igualdade de condicions.Por iso acudiremos a Compostela sen precisar que nos convoque ningun partido politico,na responsabilidade dos partidos queda unirse a esta manifestacion ou non,e na súa responsabilidade queda tamén convocar os seus simpatizantes para que acudan no seu mome,a manipulación que alguns pretenden facer acusando a certos partidos de convocar esta manifestacion demostra o medo a reaccion popular contra uns gobernates mediocres que tan só usan o poder para favorecer os seus amigos.Vemonos o 21 en Compostela.
A manifesión é o DOMINGO 21 de novembro, non o sábado. Na plataforma, que eu saiba, hai persoas decentes que defenden a idea da sanidade pública e como un servizo e non como un negocio. Os que lles gusta que os galegos sexan caladiños e non protesten cívicamente polo que consideran perduxicial para a sociedade van quedar cas gañas. Que quera que todo sexa Povisa pois non é o seu día para manifestarse.
Por Galicia Confidencial: Ups! Xa corriximos o erro, a manifestación efectivamente é o Domingo. Moitas gracias polos avisos!
Excelente profesional Farjas!!?? Só tes que preguntar no CHUAC "como se las gastaba la de Teruel". O BNG (e calquer persoa que defenda a sanidade pública) debería estar o DOMINGO 21 (non o sábado) en Compostela. Eu, coma médico, alí estarei. De vergonza é o que están facendo estos do PP. Nin Fraga se atrevía a facer isto.
Esa plataforma ya sabemos de que va. Es otro invento del BNG para vestirse con otros ropajes y desgastar a Feijóo, el mejor presidente que ha tenido Galicia, y a doña Pilar Farjas, una profesional como la copa de un pino y no como la inepta ministra de Sanidad de Zparo
Por saña: Menos mal que algo se lle reconoce o BNg, e espero que tamen a UPG, efectivamente estamos nesta plataforma, non para desgastar a estes incompetentes do PP, se non pra votalos de unha puñetera vez fora das institucions, quedou claro miguelito.
Cartel da próxima manifestación en Santiago a prol da sanidade pública
Colas nun centro do Sergas/vexovigo.blogspot.com
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting