Ferrín bríndalle o premio Fernández-Latorre a Agustín Fernández Paz

Sorpresa e certa ledicia entre o sector cultural causou este detalle diante de Feijóo e Santiago Rey. O editor destaca o seu carácter "irrefutable e insubornable" e o presidente galego que a súa obra é "patrimonio de todos".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 26/11/2010

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O presidente da Real Academia Galega converteuse este xoves no protagonista do día ao recibir o 52º premio Fernández-Latorre rodeado dos principais actores políticos, económicos e sociais de Galicia. E non quixo deixar pasar a oportunidade para brindarlle o galardón a outro escritor e amigo seu, Agustín Fernández Paz, quen nos últimos días está envolto na polémica ao rexeitar o premio da Cultura Galega das Letras 2010 e ao pedirlle ao sector cultural un "boicot" dos premios culturais institucionais. Un xesto que non foi entendido por algúns dos seus compañeiros das letras.

"Así, de forma moi especial, permitídeme que despois de recibir o premio llo brinde ao meu colega Agustín Fernández Paz", sinalou Ferrín case ao comezo do seu discurso, ao tempo que dixo que este galardón tamén premia aos "homes e mulleres de letras que escollen o idioma propio desta nación atlántica para lle transmitir ao mundo o seu propio mundo interior, a través do libro, a través dos media".

O escritor ourensán destacou a labor de Juan Fernández Latorre, o fundado de La Voz de Galicia, e del destacou os "servizos prestados a Galicia", especialmente, "as causas da liberdade e da democracia, e á lingua e a cultura galegas". Neste sentido, lembrou a amistade que uniou ao avó do actual editor de La Voz co presidente da RAG, Andrés Martínez Salazar. Unha relación que trasladou á actualidade para sinalar que "hoxe, nestes momentos, gusto pensar que Santiago Rey Fernández-Latorre fai as veces de don Juan e eu orgúllome de facer as veces de don Andrés.

"Insubornable"

Precisamente, este símil tamén foi utilizado por Santiago Rey Fernández-Latorre para destacar o papel de La Voz no impulso da lingua e cultura de Galicia. O editor de La Voz destacou as "conviccións férreas e de ánimo sereno, sensato e dialogante" de Ferrín e nunha pequena parte do seu discurso en galego suliñou o seu carácter "irrefutable e insubornable" tanto durante a Dictadura como hoxe en día.

"Posiblemente, haberá moitas ideas nas que discrepemos radicalmente, pero, aínda estando ben separados ideolóxicamente, moitos sentímonos próximos a ti. Como di o Xurado, pola túa afouteza. E como quero dicir eu hoxe aquí, polo teu talento creador, pola túa claridade e polo teu espírito rebelde", engadiu.

Duas liñas

Tamén o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que interviu no acto, destacou a obra de Ferrín...e pouco máis. Só lle adicou ao premiado, dúas liñas dun discurso de catro páxinas. "Velaquí, entre nós, un exemplo. A obra de Xosé Luis Méndez Ferrín xa é historia e xa é patrimonio de tódolos cidadáns desta terra".

E, citando a outros autores como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Cabanillas, Piñeiro, Cela, Casares ou o propio Ferrín sinalou que, "construíron un galeguismo harmónico e integrador", independentemente dos seus pensamentos, da súa ideoloxía, do seu lugar de nacemento ou da súa lingua.

Precisamente, voltou á cuestión lingüística no seu discurso para sinalar que o seu executivo, con cordialidade, fixo "perdurar" o idioma galego, "unha construción colectiva e moldeada que non é contraria á obrigada ambición do que quere saber unha terceira lingua".

Contra a prensa "localista"

Santiago Rey insistiu, na súa intervención, que como editor do "primeiro xornal galego" ten a obriga de "aguzar el debate porque solo de él puede salir alguna luz". Deste xeito, criticou ao Goberno español pola actual situación económica e tamén aos sindicatos por "non arrimar" o hombreiro e defendeu os sectores estratéxicos da economía galega, como o sector gandeiro.

Tamén tivo dardos para o resto dos medios e, aproveitando as recentes diferencias xurdidas en Vigo e na Coruña, sobre a fusión das caixas, arremeteu contra Faro de Vigo polo seu "localismo".

Unhas críticas que fixo extensibles ao resto dos medios galegos. "Los localistas, pese a estar tan alejados de la hermosa idea de Galicia, llaman continuamente a las puertas oficiales para arreglar sus cuentas. Como si se les debiese algo por sus intentos de destrozar el país. Quizá unas normas claras, marcadas por la realidad del mercado, permitiesen prescindir de tantas pequeñas ambiciones y poner orden en un sector donde un buen número de cabeceras inviables, convenientemente asistidas con ayu-das públicas, inflan el mercado de la prensa ga-llega como una burbuja a punto de estallar".

E fronte a esa "política da subvención" contrapuxo o proxecto "innovador e moderno" de La Voz con novas rotativas "que ofrecerán todo color y permitirán dar muchos años más de vida en los quioscos a nuestras renovadas páginas".

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

44 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 31

    orgulloso do que son

    Unha aperta para M.Ferrín. Hoi moito montesco solto que como non ten responsabilidade ningunha e gábase do sou purismo de barra de bar; pero Ferrín ten unha moi longa traxectoria na defensa e promoción da nosa cultura. O que leve traballado máis ca el e con bonhomía pola cultura galega que o critique, o que non lle chegue nin en anos nin en esforzo que respecte que é o que corresponde á xente ben educada. Xa farto de tanto purismo e cainismo.

    2 respostas
    1

    Por Porco Jones: Concordo, sexamos un pouco menos sectarios e un pouco máis respectuosos cun histórico do galeguismo como é Ferrín.

    2

    Por Un ex da FPG dende agora mesmo: Os que estamos fartos somos nós, de que nos tome por parvos este espabilado do Ferrín, que volve demostrar a fonda miseria humana que enche o seu corpo. Como se pode ter tanta cara dura, manda carallo! e os catro que quedan dentro do chiringo a rirlle as gracias e a darlle palmadiñas no lombo... o único consolo que nos queda é que este home apodrece todo o que toca porque pensa que é máis listo cos demais, así que a ver se acaba de afundir á Voz despois de recoller o premio (que ben vai quedar na súa biografía, que é o único que lle intresa de verdade). Abur!


    30

    adramelo

    "Se cadra, o meu único mérito como colaborador de xornal foi o de ter defendido, na medida en que puiden e durante toda a vida, a idea dunha Galicia unida, próspera, igualitaria, progresista, dona dos seus recursos, plena de sabedoría e ciencia, brillante nas artes e nas letras, capaz de exercitar o autogoberno democrático e o dereito de autodeterminación que asiste a todos os pobos da terra. Unha Galicia, en fin, capaz de se reencontrar coa propia historia e mesmo coa máis recuada no tempo, reencontrándose en forma de nova Gallaecia co norte de Portugal, que é a natural continuidade de nós."


    29

    Roi ointe

    Ferrin se acude a algunha manifestación da esquerda independentista merece un escupitaxo na cara.


    28

    X.B.

    Si...si independencia e socialismo que estivo negociando na mesma mesa co socialista delegado de ZARA, co independentista galego Roberto Blanco Valdés, o nacionalista Alberto Feijoo. Caralludo


    27

    Xurxo Barreiro

    Caralludo Ferrín. Loitando por Galicia por terra,mar e aire. Independencia e Socialismo! E que rosme Feixoo


    26

    AIG

    Organizacións independentisas chaman a rexeitar das manifestacións deste signo a presenza de Xosé Luis Méndez Ferrín, e a disuadilo con ovos podres.


    25

    FPG

    A FPG (Frente Popular Galega) acaba de emitir un comunicado no que rexeita a aceptación deste premio por Xosé Luis Méndez Ferrín, e o suspende de militancia, na formación independentista e comunista.

    3 respostas
    1

    Por Galicia Confidencial: Poderíasnos remitir o comunicado a comunicacion@galiciaconfidencial.com ? Moitas gracias!

    2

    Por un calquera: Supoño que será mentira. Se é certo é un signo de totalitarismo inaceptable en calquera partido democrático. Ferrín é o presidente da RAG e debe manter as formas e non faltar ó respeto a ninguén. Non se lle debe retirar o saúdo a ninguén, nunca. Na defensa do galego Ferrín e a institución que preside teñen nos tribunais á Xunta de Galicia. O demáis son brindes ó sol de grupúsculos con vocación de seguiren sendo grupúsculos.

    3

    Por galizaceive: Toda a gandallada oligárquica tivo que tragar a mensaxe de Ferrín: Se cadra, o meu único mérito como colaborador de xornal foi o de ter defendido, na medida en que puiden e durante toda a vida, a idea dunha Galicia unida, próspera, igualitaria, progresista, dona dos seus recursos, plena de sabedoría e ciencia, brillante nas artes e nas letras, capaz de exercitar o autogoberno democrático e o dereito de autodeterminación que asiste a todos os pobos da terra. Bravo por Ferrín e adiante coa FPG!


    24

    galeguiño

    Señor Galego, do que falaron é de negocios. Galicia e eses incluido Ferrín só lles importan para enriquecerse, abastecerse de poder e megalomanía chocalleira. Con esa xente, incluido Ferrín mellor boar as pontes. Polos muros non se preocupe que eles sonlle expertos profesionais en construilos, agatuñalos e derroeles cando lles interese.


    23

    galego

    Ou tendemos pontes, ou tendemos muros. Na mesa de gala dos premios Fernández Latorre o señor Ferrín sentouse con Fernández Latorre, Castellanos, un delegado de Amancio Ortega, o presidente do Banco Pastor,Jove, Feijoo, Blanco Valdés (opiniólogo oficial de la coz). Todo o que en Galicia representa o poder, todo o que en Galicia representa o odio, ou simplemente o descoñecemento do galego coma feito de cultura. De qué falaron?. De Galicia?. A miña opinión é que falar de Galicia co presidente da RAG e escritor Mendez Ferrín só pode traer cousas boas. Seguramente os que descoñecen a cultura galega son menos descoñecedores dela tras esta cea, e os que odian a cultura galega a odien menos despois desta cea. E se non fose por dignidade?. Que imaxe terían da cultura galega estes señores?, pois algo minoritario e radical obviamente... Ou tendemos pontes, ou tendemos muros.


    22

    arturo garcés

    Logo da valoración de Santi Rey da obra de Ferrín, haberá que facer unha revaloración. Coido que Ferrín nin é un bó escritor e etica e politicamente resulta despreciabel.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  •