Guerra reparte a dedo 350.000 € entre certos xornais coa escusa do I+D

Economía segue a aumentar o gasto en propaganda sobre a innovación, ás veces mediante empresas de militantes do PpdeG, mentres reduce o investimento real en investigación.

Por Walter Burns | O Irixo | 01/12/2010

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O retorno do PpdeG ao poder veu acompañado dunha caída do 10% do investimento galego en I+D, segundo proban os datos oficiais do INE. Porén, a Consellería de Economía está a aumentar o gasto entre propaganda en certos medios coa escusa de promocionar a importancia da innovación.

GC xa informou que a Consellería de Economía gastou máis de 595.000 euros en anuncios sobre o I+D a través de Canal Uno de Comunicación. Trátase dunha axencia da que é copropietario o compañeiro de partido do conselleiro Javier Guerra, Juan Francisco Martínez Herrera Escribano, número 3 do PP vigués.

Agora Galicia Confidencial revela que, ademais dos anuncios, Economía acaba de subvencionar a dedo polo menos a tres xornais.

Cifras do reparto

O conselleiro firmou tres convenios con El Progreso de Lugo (100.000 euros); Editorial Compostela (100.000 euros) para a editora de El Correo Gallego e Galicia Hoxe) e La Región de Ourense (150.000 euros) o 14 de outubro.

Os convenios son un xeito de dar axudas sen concurso, publicidade ou competencia. A diferenza das axudas vía DOG, non dependen dun baremo obxectivo, senón do criterio de cada conselleiro. Por exemplo, nesta quenda de convenios Guerra non ten porque explicar porque escolleu a eses tres diarios e ignorou a outros con tiradas superiores.

Un xeito de influír nas liñas editoriais

Tanto o Colexio como o Sindicato de Xornalistas teñen denunciado en múltiples ocasións esta práctica, común en todos os executivos dende a era Fraga, pois evidentemente condiciona a independencia das cabeceiras.

Por exemplo, entre os motivos alegados pola Xunta para repartir estes 350.000 euros están “promover un maior recoñecemento social dos ámbitos nos que ten competencias a Consellería de Economía e Industria”.

 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

18 comentarios
10

manolitotocaelpito

portugal ten....ESPAÑA NON TEN!!!!!


9

unlector

Q ben!! os fachas non precisan nen réplicas nen comentarios! Asi aillados xa se definen eles! parabens por ignorar este tipo de xente nos comentarios.


8

Que nojo 2

Haveria que poder ir contra esta gente polo penal, por prevaricação, por condenar à investigação galega à indigência e a fame e por promover a emigração em massa de tanto científico jovem que está a perder as ilusões com este país. E para colmo, a Universidade de Santiago de Compostela decide não contratar (isto é despedir por não renovação) a aqueles investigadores e técnicos de investigação (um colectivo de perto de 1000 pessoas, nos que descansa em grande medida a investigação da USC) que já estiveram contratados a cargo de projectos durante mais de três anos, não vaia a ser que os ampare alguma lei laboral. Vai passar algo neste país, ou seguiremos como se nada?


7

Que nojo 1

Nesta ligação do web Direcção Geral de i+d+i, a partir da página 8, aparecem numa denominada "Lista de Agarda" 58 projectos de investigação básica, apresentados na convocatória deste ano ante a Conselharia de Indústria por outras tantas equipas de investigação. Estes são projectos que receberom uma avaliação positiva, onde os que os grupos que os apresentarom fôrom considerados cientificamente solventes. Porém, ficam na "lista de agarda", isto é, que a nossa Junta de Galicia" considera que não há dinheiro para os financiar (possivelmente com gastar um milhão de € mais seria avondo para financiar a uma grande percentagem ou a todos). Polo tanto, todos estes grupos de investigação seleccionados, ficam sem poder investigar. Já sabemos a onde está indo a parar este dinheiro (e bastante mais): à propaganda.

1 resposta

6

raul

e isto porque non é delincuencia?

2 respostas
1

Por español: No es delincuencia, ignorante, es gestión

2

Por un calquera: Máis ben é d+xestión é dicir dixestión dos fondos públicos.


5

Manoliño

Xa volo teño dito, somos moito máis listos ca vós e sabemos roubar con estilo, algo que parece gustarlle aos galegos que elección tras elección nos votan. Nacionalistas toca emigrar ou quedar coas migallas que vos deixamos por pena. ¡viva España!

1 resposta
1

Por tuvho: pero querido corrupto pepeiro, se tanto pensas que vos votan os galegos porque non lles deixades votar libremente, porque comprades os votos, porque levados os vellos da man a votar quitandolles o carné, porque nas empresas ameazades a xente co despido, porque tedes todos os medios de comunicación manipulando, mentindo e tapando e escondendo a vosa corrupción coma nos rexímenes dictatoríais e sen democracia..... porque enton votaríavos o 15% coma en catalunya... e decir sodes uns fracasados porque nunha siociedade libre e ben informada non seríades nada..


4

rosebud

350000 euros máis tirados en propaganda para mercar o silencio dos xornais galegos e que non digan todas as verdades, só algunhas.... E canto diñeiro vai xa...ufff, xa é difícil levar a conta. E Estela Eólica?, ningún xornal galego vai informar que a 3ª adxudicataria do consurso eólico do PP é unha empresa vinculada a altos cargos do PP?, non é noticia iso?... Galicia ten un grave déficit democrático cando só a corrupción de algúns partidos é noticia.


3

airadasenra

a GC, como sigades así, pronto lle cairán subvencions a esgalla... :)

1 resposta
1

Por XERION: aira (bonito nome)... que existan medios (papel, electrónicos etc) implica dedicación e tempo. Pola mesma, todos precisamos un salario mínimo para vivir. O traballo voluntario está ben, pero non se mantén anos con forza e seriedade, como agora parece que o toman as persoas de GC. DEBERÍAMOS APOIAR ENVIANDO INFORMACIÓNS, ANUNCIANDO EMPRESAS, ETC


2

Pardo de Cela

Goebbels facía o mesmo: só propaganda. Auteridade???, non gracias


1

miguel

Y que hay de malo en promocionar la importancia de la innovación mediante anuncios en medios de reconocido prestigio? O lo que molesta realmente es que os dejen al margen. Sois unos resentidos

3 respostas
1

Por Porco Jones: Miguel, o que non se pode facer é BAIXAR as axudas á innovación e AUMENTAR o gasto en promoción da innovación ao mesmo tempo. Se che cadra esa política, vaite mirar a cabeza meu, porque eso non o fai nen o que asou a manteiga.

2

Por Fuman2: Pues hay de malo en que en estos tiempos es impresentable promocionar algo que no existe, listillo.

3

Por Austeridá: Mola moito gastar máis cartos na promoción que no promocionado. Sabes cantos investigadores se poden contratar con estes cartos? Austeridá! Austeridá!


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button