"Hai investigadores traballando gratis desde setembro"

GC entrevista á presidenta de Precarios Galicia na véspera da protesta diante da Xunta. Cotón advirte do "risco de fuga de cerebros" e cre que "cos cartos da publicidade poderían ter creado 46 bolsas".

Por Walter Burns | Santiago | 15/12/2010

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Cal é a situación dos mozos investigadores hoxe en Galicia?

Unha situación gravísima e insostible, o futuro de milleiros de investigadores está en xogo. Non ten sentido que se invertan cartos na súa formación, para despois deixalos ir a outros lugares a desempeñar o seu labor. Ademais, co actual panorama, a xente que remata as carreiras universitarias non percebe a investigación como unha saída laboral decente, o que pode supoñer que se perdan mentes brillantes que poderían consolidar a investigación en Galicia. Tampouco entendemos como a inversión en I+D+i non é unha prioridade, pois está demostrado que a medio ou longo prazo é rendíbel. De feito, países como Alemaña, EEUU ou Reino Unido apostan pola inversión en I+D+i como vía de saída da crise na que estamos inmersos.

Precarios Galicia di que "o sistema investigador galego corre un enorme risco de desfacer os obxectivos acadados nos últimos anos e perder o tren da converxencia coas outras comunidades". Na vosa opinión, mellorou ou empeorou a situación do I+D co novo Goberno?
 
Co actual Goberno do Partido Popular non só non mellorou a situación da I+D+i, pois xa observamos unha redución o ano pasado do 61% con respecto ao 2008 no número de axudas convocadas, tanto bolsas de 3º Ciclo e mestrado, como nos contratos englobados dentro do Programa de Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica - INCITE, senón que empeorou ao descubrir que a menos de dúas semanas de que remate este Plan, houbo un descenso do 93'5% nos contratos do INCITE e nas bolsas de mestrado.
 
O gasto de I+D en Galicia caeu un 10 % en 2009 fronte a 2008, datos oficiais do INE. Asemade, a Xunta paga numerosos anuncios nos medios incidindo na importancia do I+D, campaña contratada cunha consultora do número 3 do PP de Vigo. Como se vos queda o ánimo ao ver esa propaganda cando, segundo denunciades, están en risco centos de prazas de investigadores?

A verdade é que vendo estas cifras, estamos bastante indignados, porque cos cartos que se empregaron nesa campaña publicitaria, poderíanse ter financiado 17 contratos posdoutorais ou uns 46 predoutorais.

As cifras que dá Precarios sobre a caída do número de bolsas son alarmantes ...

As 586 axudas (tanto bolsas como contratos) foron as que se convocaron no último ano do Goberno bipartito (2008). No ano 2009, xa coa actual Xunta á fronte, houbo 230 axudas (tamén incluíndo bolsas e contratos). Este ano, de entre todas estas bolsas e contratos, só se convocaron 15 contratos posdoutorais Parga Pondal e ademais baixo unhas condicións pésimas, pois non aseguran prórrogas nin posibilidade de estabilización, como si ocorría ata o de agora, para estes investigadores. Si que se corre risco dunha fuga de cerebros, pois hai actualmente xente traballando gratis desde setembro coa esperanza de que saísen estas convocatorias e, se queren continuar investigando, o máis normal é que se vaian a lugares onde poidan cobrar.

A Xunta alega que está preparando un novo plano de I+D, de feito contratou unha consultora privada para identificar as prioridades. En teoría, debera estar antes de fin de ano. Como parte activa do sector, consultáronvos dalgún xeito?

Non sabiamos que se contratara a unha consultora privada para identificar as prioridades. De feito, a nós aseguróusenos que se vai negociar o novo Plan de I+D+i no Consello Galego de Universidades coa Dirección Xeral de I+D+i e a Secretaría Xeral de Universidades. Por outra parte, con Precarios-Galicia non contactou ninguén da Xunta para tomar parte na elaboración do novo Plan de I+D+i. Supoñemos que está en vías de ser elaborado e que a principios do ano próximo se concretarán os detalles entre as Universidades e as dúas consellerías involucradas ,Educación e Industria.

Cantos mozos investigadores hai aproximadamente en Galicia e Cantos deles teñen unha situación laboral estable?

Esa pregunta é dificil de responder, pois non existe na actualidae un Rexistro oficial de investigadores, algo que por outra parte Precarios-Galicia leva solicitando desde hai tempo. Pero máis ou menos calcúlase que somos sobre uns 3.000 investigadores.
 
Ademais da mobilización en Compostela, que outras protestas tedes previstas?

 De momento temos que valorar a repercusión que poida ter esta concentración e, en función diso, xa pensaremos nos seguintes pasos a dar.

Mantiveron algún contacto con algún representante do Goberno ou dos partidos políticos?

Houbo unha reunión de Precarios Galicia con Ricardo Capilla (Director Xeral de I+D+i) e Javier Guerra (Conselleiro de Economía e Industria) a finais de outubro , despois de máis de seis meses solicitándoa. Nesta reunión aseguróusenos que sairían as convocatorias este ano e que o novo Plan Galego de I+D+i estaría listo para o ano que vén. Obviamente, a primeira promesa non se cumpriu, veremos o que pasa coa segunda... Tamén nos reunimos co Grupo Parlamentar do PSedG hai aproximadamente dous meses xa que eles fixeron dúas Proposicións Non de Lei pedindo que se crease un novo Plan de I+D+i que substituíse ao INCITE, e ambas foron rexeitadas no Parlamento. Co Grupo Parlamentar do BNG tamén mantivemos unha reunión antes do verán.

No seu programa electoral o PP argumentaba que era necesario unha mellor transferencia de resultados da investigación ás empresas. Tomou algunha medida efectiva neste sentido?
 
O único que sabemos a este respecto é que a Xunta vai separar o I+D (Investigación+Desenvolvemento) de Universidades do i (innovación) de empresas, e polo tanto encargaranse de xestionalos desde Consellerías diferentes, aínda que no novo Plan de I+D+i que están elaborando, estarán recollidas as tres partes.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

78 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 11

    Gamela

    I Guerra Dixital Mundial (Paper Storm) http://www.wikifiltraciones.com/?p=...


    10

    grrrrr

    desde setembro?? e dende antes!!... e cando por fim vao me contratar, a usc diz que nom que ja superei os 3anos de vinculacion com eles!!


    9

    Manuel P.

    E que falar da empresa privada, chea ela de grandes directores que toman as grandes decisións como hai que facer, moi formados e que convirten ao sector privado español nun dos máis competitivos de Europa, por non falar de que as persoas que traballan ben formadas cobran o que se merecen e están ben valorados. A xente sempre ascende en función dos méritos e normalmente os máis válidos son as persoas con capacidade de dirección. De feito a maioría das persoas preparadas que non atopan oco na sociedade galega xamais o atopan no estranxeiro, deste perfil exportamos pouca xente, máis si que exportamos grandes directivos, pois son na súa meirande parte cerebros ben valiosos e privilexiados.


    8

    Manuel P.

    Todo ben, o Estado Español funciona perfectamente ben, a edministración é un exemplo de eficiencia e sobre todo de bo facer, non coñezo a ninguén que xamais atopara a un funcionario fora das súas horas de traballo facendo algo que non lle corresponde, tampouco coñezo a ninguén que aprobara unhas oposicións por enchufismo.


    7

    precaria

    boto en falta en Precarios Galicia, que nos incluan a todas as que somos bolseiras feuga, doutras fundacións, da xunta da consellería de xuventude etc. que tamén traballamos en condicións de precariedade laboral

    1 resposta
    1

    Por Tino: Precários-Galiza é umha associaçom de investigadores, técnicos e tecnólogos, que estám a trabalhar em situaçom de precariedade. Tu es investigadora, ou técnica, ou tecnóloga?


    6

    Rabinovich "Einstein"

    1ºIdea: ---Estudio para la explotacion y exportacion de recursos acuiferos.(Imaginemos el lago de Cerceda o de As Pontes, como embalse de agua para exportar) "Agua por petroleo". (Galicia-Emiratos Arabes,Iran,Libia...) A través de buques especiales semejantes a buques-tanque. --No me digan que ya se penso por que de aquella no habia la crisis que hay hoy--

    7 respostas
    1

    Por Pepe: ¿Tienes idea del coste que supone exportar agua hasta el Golfo Pérsico?. Si no me equivoco sale más barato potabilizar el agua allí

    2

    Por Modesto: Estes cienfíficos de taberna

    3

    Por Modesto: Estes cienfíficos de taberna

    4

    Por Pepepub: El ser humano que ideo la rueda,o el que descubrio la forma de hacer fuego,no tenia ningun titulo de Oxfor,ni de ninguna universidade de "demostrada reputacion". Seguro que tenia mas de "taberna" que de "cientifico", pero puso el punto de MIRA en mejorar su situacion y la de sus congeneres y lo logro.

    5

    Por 2+2=4: El coste de un supertanque de 100.000tons, es mucho menor que el de transportar 100 "citroens" desde Vigo a Marruecos.

    6

    Por Porco Jones: Pepe, por Deus bendito! cala a boca! das vergonha tío! se ti non es listo dabondo para facer un lume ou uma roda é o teu problema, pero non nos contes a prehistória, que no século XXI (ao que aínda non chegache) xa o sabemos.

    7

    Por Pepepub: Perdoa, Porco Jones, esta claro que confundinme de pais, sodes demasiado intelixentes para min. As miñas disculpas,calare e proseguire aprendendo de vostedes...!a¡ sauda a o teu irman Indiana. ¿non é?....e,e...e... ¿pra o seculo XXI e por ali ou por ala?. --Ala chao!--


    5

    investigador de Ourense

    Tendo en conta que o ano pasado non se celebraron oposicións en todas las materias de secundaria, e que para 2011 está previsto que se conxelen. E para rematar. O I+D non é unha máquina de solucionar problemas en 5 minutos. O proceso de investigación básica a investigación aploicada para obter un producto final é lento e laborioso. Hai que coñecelo e entendelo para poder opinar.


    4

    Investigador de Ourense

    Moitos dos chamados "contratos" soen ser sempre a menos de xornada completa, de xeito que traballamos todo o día, e cotizamos e cobramos só media ou 3/4 partes da xornada, etc. Os sistema de oposicións de secundaria, (o que podería ser unha saída para nós), non ten en conta prácticamente o traballo investigador, dándose o paradoxo que dous cursos dun sindicato, de calidade ínfima e 120 euros de prezo cada un, pode contabilizar no baremo tanto coma ser doutor. Un deses cursos conta tanto coma o título superior dun idioma da escola oficial de idiomas (o que serían 6 cursos). Os traballo científicos dos investigadores, artigos, congresos, etc, apenas contabilizan, eso se o chegan a facer, dado que ao ser en inglés, as trabas que pón a administración son increibles nos tempos que corren.


    3

    Investigador de Ourense

    Moitas das becas son iso; beca, sen dereito a paro, baixa por enfermidade ou maternidade, cotización á seguridade social, e aínda máis: se tes unha beca desas de 600 euros non podes, por lei, traballar noutra cousa, iso sí, un deputado podre cobrar de todos nós e cobrar doutros traballos. Os chamados "contratos" son sempre por obra e servizo, cos que non acumulas antigüidade nungunha, nen che conta como tempo traballado na administración nin na universidade, no caso de que un investigador se quixese presentar, por exemplo, a unhas oposición de auxiliar de servizos, etc.


    2

    Rabinovich

    Ya que hablamos de grandes investigadores que sin duda pueden aportar creatividad e ingenio a nuestra sociedad,¿por que no los cuidamos un poco?,¿por que no les invitamos a crear un grupo de elite y los ponemos a pensar en como se puede salir de esta crisis y vivir un poco mejor?, Estoy seguro que con estos elementos "mal cuidados" por nuestra sociedad encontrariamos salidas viables a nuestra penosa situacion. En vez de malgastar nuestras escasas fuerzas y recursos ,invirtamos en ellos/as para vuscar un futuro mejor!

    3 respostas
    1

    Por Rabinovich 2º parte: Pues bien creemos un super-grupo creativo y un foro donde vaciar nuestras ideas,una tormenta de ideas , seguro que de ese experimento saldra alguna conclusion sorprendente y beneficiosa para nuestra sociedad.

    2

    Por Rabinovich 2º parte: Pues bien creemos un super-grupo creativo y un foro donde vaciar nuestras ideas,una tormenta de ideas , seguro que de ese experimento saldra alguna conclusion sorprendente y beneficiosa para nuestra sociedad.Seamos por un momento positivos y no esperemos ayudas ni subenciones de nadie!

    3

    Por Alfonso García: Cala, cala, que aquí o único que se lles ocorre aos políticos é ver se hai petróleo a tropecentas millas da costa, dificilísimo de sacar aínda que o houbera. Seica non lles chegou o que trouxo o Prestige. Rabinovich, pensar non se leva, lévase privatizar. Asegúroche que en pouco tempo ese grupo estaba baixo o paraugas dunha empresa. Só queda no público o que perde cartos, o que da beneficios privatízase para os amigos. Pensas que podemos agardar algo destes fatos no poder -e non o digo só polos de agora, non me confundas-?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  •