Unha estatua de 60.000 euros públicos acaba no lixo

GC presenta as fotografías que proban como a desidia Parlamento de Galicia permitiu que unha obra de arte pagada por todos remate nun vertedoiro preto de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

En 2006 o Parlamento de Galicia pagou 60.000 por unha estatua do coñecido arquitecto e escultor compostelán Fernando Blanco. GC presenta agora as fotografías que demostran que a obra de arte atópase nun vertedoiro, no Milladoiro, límite entre os concellos de Teo e Ames.

Primeiro éxito de GC Aberto

A publicación destas fotos é produto do lanzamento de GC Aberto, o novo sistema de Galicia Confidencial que permite aos lectores subir noticias directamente. Foi un usuario de GC quen primeiro localizou a creación tirada no lixo.

A estatua comprouse como parte dos actos do 25º aniversario da Cámara Galega. Malia que a Xunta dispón de numerosos museos de arte contemporánea (por exemplo o CGAC, situado a 10 minutos do Parlamento), o Parlamento preferiu botala ao lixo no lugar de restaurala para que seguise sendo parte do patrimonio público. Cómpre lembrar que as obras de arte acostuman a gañar valor co paso dos anos.

O PSOE mercouna, o PP desfíxose dela

O PSOE tiña a presidencia do Parlamento cando se adquiriu a estatua. Segundo declarou a empresa que a fabricou e instalou a El País, en 2008 fíxose unha inspección e presentouse un plan de mantemento.

Con todo, a nova presidencia da Cámara, nas mans do PPdeG, decidiu finalmente desfacerse da obra de Fernando Blanco. O diario informou que o Parlamento alegaba que a estatua estaba "podre" e era irrecuperábel.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

66 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 29

    Gloris

    Como nos sobran os cartos tiramos todo ó lixo somos os mellores! viva!!!!


    28

    Breogão

    E mais uma vez fica bem à vista a IGNORÂNCIA e INCULTURA dos cosmopaletos, tanto falar castrapito e não tendes «ni puta idea» de arte contemporâneo: ninguém dos que não gostam da escultura foi capaz dar um só argumento para dizer que a escultura é má, tão só um infantil «es que a mi no me gusta». Sois como o cãozinho de Paulov, se uma coisa vos dizem que está bem (essa merda chamada Cidade da Cultura) pois é uma maravilha, mas se os retardados mentais do PP dizem que está mal, todos orneais ao uníssono a canção.

    3 respostas
    1

    Por CranioFurado: Redeus, mira que despertou forte o Breogán. Tomaría cereais pola mañá. Pois colle a escultura e lévaa para casa, home. E faille tí o mantemento. Por certo, eu falo galego. E tí portugués, cousa que me parece moi ben. É unha lingua irmá.

    2

    Por Pedro: Breogao, toma a pastilla, meu rei

    3

    Por Breogão: Oi, crânio-sem-nada, eu não falo nos meus comentários, escrevo, e não escrevo em português, escrevo em brasileiro, língua irmã do português. A escultura que queria para a minha casa é a do burro subido a um cavalo que estava em Ferrol...não saberás onde a tiraram os do PP?


    27

    Breogão

    Toda esta gente que considera tão bem feito tirar esta estátua entre as silvas... opinava o mesmo com a retirada da estátua de Franco em Ferrol ou a de Millán-Astray na Crunha? Fica bem claro o porquê da vossa opinião: símbolos franquistas sim, símbolos democráticos não!!! Fachas!!!«Se os vé el plumero»


    26

    Juan

    ¿Opinarían o mesmo se algún peatón se tiveses mancado coa chapas soltas desta estructura na rúa Ramón Piñeiro?. Eu pasaba con frecuencia por alí e sei do que falo. Menos mal que non se mancou ninguén que ben doaro era.

    1 resposta
    1

    Por Breogão: hahahaha, outra vaca no milho!!! essa escultura era «perigo para a segurança peonil»? Isso foi exatamente o que alegou um politiquinho do PP. Contudo, seria bom tirar entre as silvas toda a mobília urbana de Compostela, não vaia ser que se manque algum peão...


    25

    Requinte

    Esta seudo escultura é outra barrabasada cultural do PP. ¿Que eran dez millóns de pesetas para Fraga e Pérez Varela? Nada. Fíxose para pagar algún favor.

    1 resposta
    1

    Por Galego: Home, lee polo menos a noticia. Así andamos


    24

    Idega

    Deixando aparte se e ou non arte, tratase de un ben publico no que os politicos se gastaron 60.000 euros dos nosos impostos, se os "expertos" que aconsellaron mercala din que vale tanto ¿por que non venderla? En todo caso tirar o lixo 60.000 euros dos cidadans ademais de inmoral, coide que pode ser tipificado como delito.... Que menos que descontar do soldo das "señorias" os 60.000 euros para que o paguen eles xa que o botan o lixo..


    23

    URCL

    Isto é de risa. Ou sexa, que alguén paga por unha "escultura", quere seguir a cobrar polo mantemento, e cando alguén a tira poñémonos a oubear. Non sei cánto custou o enxendro iste, pero sí que sei o que se malgasta na administración ao cabo do ano, e podo dicir sen temor a equivocarme que o custo dise gusano brilante é coma un grao de area na praia do Vilar en comparación co que se despilfarra por outros lados. Os políticos deste país deberían ir ao cárcere nada máis rematar a lexislatura e logo dun xuízo saír dela, se procede, e non ir a cobrar pensións vitalicias, dietas inxustificables, viaxes, subidas de impostos, "obras de arte", etc.

    3 respostas
    1

    Por CranioFurado: O mantemento era por se deixaba de emanar.

    2

    Por Breogão: Escuta «espabilão», e quem quer cobrar (e quanto) pola manutenção? Se o suposto deterioro (que alguém explique se é certo que «la escultura estaba podrida») fosse certo «por las condiciones climáticas del exterior», não teria sítio em algures? Esses gigantescos espaços interiores e vazios da Cidade da Cultura, por exemplo. Mas tanto os políticos como a maioria dos opinadores desta notícia são autênticos SUBNORMAIS e DEMAGOGOS.

    3

    Por Choice: dijo el hombre(o mujer con un nombre sumamente curioso) que se ha dedicado a hacer lo segundo y parecer lo primero por todos los posts. Y exactamente tu opinion cual es? por que clara clara, no la dejas. Uno no sabe bien si la defiendes por que te gusta, por que te aburres o por que te parece fatal que la tiraran. Bueno, uno no sabe bien mucho de lo que dices. Salvo que te encanta poner insultos en mayusulas, y chistecillos entre comillas. Con todo, estoy con lo que se dice mas abajo. Como escultor, podia haberla construido bien en primer lugar, y como arquitecto, no habria estado de mas que no se cayera a pedazos la estructura. Lo de tirarla, asi y todo, sigue siendo un poco absurdo, en tanto a que se ha pagado las alternativas son muchas antes de semejante actuacion, incluso aunque fuera efectivamente un peligro que se caia a cachos. Pero bueno, nadie pregunto para ponerla, por que iban a preguntar para sacarla?:)


    22

    marian

    desde forjasa no permiten que telecinco entre para grabarla,no dejan a los medios de comunicacion acercarse .lo digo porque vinieron aver si desde mi casa se podia ver

    1 resposta
    1

    Por madian: no milladoiro


    21

    Black Crow

    ¿Obra de arte? ... ¿Este zurullo cósmico diseñado por un sobriño de algún alto cargo "obra de arte"?. Por favor.

    2 respostas
    1

    Por Breogão: Senhor crítico de arte: poderia vossa eminência explicar-nos argumentadamente em que se apoia você para questionar o conteúdo artístico desta escultura?. Acho que você, amais se ser um ignorante em questões artísticas e uma pessoa muito insensível, é um FASCISTA que quer extrapolar a sua valoração pessoal ao resto até convertê-la em ABSOLUTA. Adique-se à política, que será um grande DITADOR.

    2

    Por Alfonso García: Zurullos cósmicos hai abondo na Cidade da Cultura, zurullos ocos tamén, a nada revestida, e seguen a darlle cartos. Será que cobran os alcaldillos e construtores do PP? Será, será...


    20

    Pedro

    1- Segundo recollía hai uns meses o xornal El Pais, e alguén anotou por aquí, o proxecto orixinal tiña prevista a duración dun ano para que a instalación, e ese foi o permiso temporal que lles deu o Concello. Pasado ese tempo ten que se retirar. 2- No citado xornal di que non se pode saber o abonado pola escultura porque non están desglosadas as cantidades pagadas polas celebracións do aniversario do parlamento, que foi o motivo polo que se fixo esta escultura. Qué carallo de facturas son esas? Non están auditadas esas contas? Como é que non se pode saber o que cobrou ninguén? 3- O responsable da empresa que fabricou a escultura di que un clima húmido como o galego afectou a estrutura e que esixiría mantemento. E logo non se sabía o clima que había en Galicia cando se fixo a escultura. Se deseñou para Almería, entón? 4- E mesmo fixeron un informe para o seu mantemento. Qué querían, seguir cobrando sine die por manter a escultura, despois de facela mal?

    2 respostas
    1

    Por rebelde: e non hai museos en Galicia?

    2

    Por Pedro: E non teñen problemas dabondo os museos galegos? Sabes como se limitaron os seus orzamentos? Qué queres, que lles pasemos a pataca quente a un museo galego para que se faga cargo do mantemento? Sabes o que custaría almacenar una peza e manter de ese tamaño? Si a peza era unha instalación para un ano, pasado ese ano ten que se retirar, como se retiran ducias de instalacións nas rúas que adoitan facer os centros de arte contemporánea. O que non quita pedir responsabilidades sobre quen e cómo seleccionou a obra, e quén e como a cobrou. Houbo un comité de expertos para elixir o proxecto? Houbo convocatoria pública? Foi un “dedazo” dalgún cargo público? De quén? Ninguén se pregunta isto?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  •