Unha estatua de 60.000 euros públicos acaba no lixo

GC presenta as fotografías que proban como a desidia Parlamento de Galicia permitiu que unha obra de arte pagada por todos remate nun vertedoiro preto de Santiago.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 14/01/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

En 2006 o Parlamento de Galicia pagou 60.000 por unha estatua do coñecido arquitecto e escultor compostelán Fernando Blanco. GC presenta agora as fotografías que demostran que a obra de arte atópase nun vertedoiro, no Milladoiro, límite entre os concellos de Teo e Ames.

Primeiro éxito de GC Aberto

A publicación destas fotos é produto do lanzamento de GC Aberto, o novo sistema de Galicia Confidencial que permite aos lectores subir noticias directamente. Foi un usuario de GC quen primeiro localizou a creación tirada no lixo.

A estatua comprouse como parte dos actos do 25º aniversario da Cámara Galega. Malia que a Xunta dispón de numerosos museos de arte contemporánea (por exemplo o CGAC, situado a 10 minutos do Parlamento), o Parlamento preferiu botala ao lixo no lugar de restaurala para que seguise sendo parte do patrimonio público. Cómpre lembrar que as obras de arte acostuman a gañar valor co paso dos anos.

O PSOE mercouna, o PP desfíxose dela

O PSOE tiña a presidencia do Parlamento cando se adquiriu a estatua. Segundo declarou a empresa que a fabricou e instalou a El País, en 2008 fíxose unha inspección e presentouse un plan de mantemento.

Con todo, a nova presidencia da Cámara, nas mans do PPdeG, decidiu finalmente desfacerse da obra de Fernando Blanco. O diario informou que o Parlamento alegaba que a estatua estaba "podre" e era irrecuperábel.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

66 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 19

    compostelana

    A ver se acaba igual a estatua de Ratzinger, obra efémera 100% que se nos impuxo aos composteláns desde o Concello e as catacumbas da estrema dereita.


    18

    Troy

    A escultura representaba como o poder emanaba da rúa cos seus votos, entraba no parlamento, e voltaba á rúa. Conceptualmente impecable. O seu destino amosa que é unha obra de arte viva que segue a interactuar. Hoxe, tralo estado de alarma e demais actuacións dos gobernos central e autonómico, o poder dos votos, a nosa democracia está no lixo. Deberían poñer unha tele ou unha estatua de Belén Esteban no seu lugar. A verdadeira interactuación entre o pobo e os políticos.

    1 resposta
    1

    Por CranioFurado: "Emanaba"... Emanou tanto que acabou no chan. Pensar que se gastan cartos nesas cousas que...emanan. Do meu peto só emanan arañas. Qué noxo de políticos.


    17

    Rayleigh

    Creo que esto é unha metáfora que explica a perfección o odio e o sectarismo desta xente do PP. Como non a colocaron eles mesmos, non vale. E tamén a forma de comportarse desta xentiña ante acordos que eles mesmos firman con outras forzas, que para eles son sempre papel mollado.


    16

    Navegante

    Atopei isto na rede, onde se explican detalles desta historia: http://anossalingua.forum-livre.com...

    1 resposta
    1

    Por Teresa: Grazas! Góstame o de parlamentinho (faime lembrar a unha persoa moi querida por mín que así lle dí)


    15

    Galego

    Por qué non ledes a ligazón de El Pais: "Blanco se muestra dolido porque en el interior de la estructura le hizo "un pequeño homenaje, como un altar privado" a un amigo fallecido". Cómo é posible que en algo público, se faga unha homenaxe privada? Xa sabemos que o PP non é santo de devoción de moitos e miña tampouco, pero cargarlle tódolos males?

    5 respostas
    1

    Por rumoroso: E que carallo ten que ver esa altar co feito de tiren a un vertedoiro algo polo que pagaron 10 millóns de pesetas? Ou estiveron mal pagados, ou cagárona ao non manter a escultura.

    2

    Por Manda caralho!: Tu chegache tarde ao reparto de cérebros, nom é? ESSA ESCULTURA NOM É DO FERNANDO BLANCO, É NOSSA. Como o jardim do parlamento nom é dos pepeiros, senom dos galegos. Isto é outro atentado mais contra o nosso património, neste caso o nosso PATRIMÓNIO ARTÍSTICO. E quem a consideram cara, eis uma razom mais para nom tirar com ela.

    3

    Por Rayleigh: En que consiste ese "pequeno homenaxe"? Eu tamén podo dicir que a min gostábame, recordábame algo. Iso significa que "gastaron 60 mil € en facer algo que so entende un cidadán, ou sexa eu"? O importante é a razón pola cal se puxo. O demáis, é un intento de xustificar o inxustificable.

    4

    Por mceleiro: Este país é o país da incultura. A «pequena homenagem» é ao grandíssimo escultor ourensão Luís Borrajo, que infelizmente morreu sem o reconhecimento e homenagens que merecia. http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

    5

    Por mceleiro: PS: Mas nesta Galiza ensombrecida pola ignorância, o auto-ódio e o analfabetismo, os galegos sabem quem é Cañita Brava e não sabem quem é Luís Borrajo.


    14

    Manoliño

    Vos seguide dando voltas e facendo terapia de grupo con algo que xa é coñecido. Tratábase dunha instalación efímera, e de feito estaba corroída polo óxido da estructura interior. Por outra banda, din que calquera necio, confunde valor e precio.

    2 respostas
    1

    Por CCTV Nécora: Manoliño, até o de agora pensaba que eras un fachiña (perdón, un conservador autóctono) que non tiña máis que rañar que tocar a moral aos que el cre do BNG. Sen embargo, ao ler o teu intento de minusvalorar este evidente escándalo ( http://www.meneame.net/story/estatu... quedame clara a túa evidente condición de fontanero do partido. A tal hora debes estar chamando a todos os periódicos para que mañá non aparezan máis fotos deste esperpento. Canto me equivoco?

    2

    Por Manda caralho!: Titanlux, manoliño, umha ou duas maos e assunto arranjado. Muitos fachas também estám corroídos pola ferrugem e nom os tiramos dum vertedoiro...


    13

    Rubén

    A escultura foi encargada no seu día polo Parlamento e todolos grupos políticos deron a súa aprobación. Era unha escultura para conmemorar os 25 anos de Parlamento, non se facía referencia nin a esquerdas nin a dereitas. Cando Fernando Blanco presentou a maqueta da escultura, todolos grupos o felicitaron pola súa estética e polo seu sigificado... e agora mandana ao lixo sen o seu consentimento (por certo, non é que estivese en mal estado como se comentou). Teñen que saber que as obras de arte teñen unha propiedade intelectual ... esta Xunta quer destruir todo o que fixo o bipartido, aínda que estivese dacordo con el no seu momento

    1 resposta
    1

    Por Pirata: A SGAE, a filla de p*** Sinde e o Alex de la Iglesia armarían a de san quintín se a escultura fose copiada (pirateada), pero se a tiran nun vertedoiro, pois non pasa nada.


    12

    filantrópico

    Pareceme que aguantou bastante semellante merda.Mira en que gastaron os cartos o pequeno touro e mister quin. Estan ben onde están os dous,na rue.

    2 respostas
    1

    Por Picassinho: Se o Guernika de Picasso estivesse na Galiza e os ignorantes, féridos e duros que hoje ocupam o poder não gostassem dele, pois ao vertedoiro de Milhadoiro!!!!.

    2

    Por lois: cecais pequeno touro e mister quin están ben na rúa, mais Feijoo, Farjas, Rueda, Jesusito, Toñito, e os demáis de la Juntita de Galicia deberían estar no cárcere polo que están facendo co noso país


    11

    Nico

    ¿Onde está a exclusiva? Esta información fou publicada hai varios meses por varios xornais.

    2 respostas
    1

    Por Manoliño: For example: http://www.elpais.com/articulo/Gali...

    2

    Por Santiago: ¿Y alquien puede decir dónde salió publicado donde estaba esta estatua?. ¿Que medio publicó que los 60.000 euros estaban tirados en medio de la nada?.... Es cierto que se sabía que la "desgüazaban", pero no donde iba a acabar. Así que para aquellos de "derechas" que quieren desviar la atención, me parece que lo que están haciendo es todo lo contrario. Yo ya he mandado este link a muchos amigos. Que se sepa donde fueron a parar los 60.000 euros. Una auténtica vergüenza. Gracias a GC y al lector anónimo por esta información.


    10

    marcos

    A cultura e o pp nunca se levaron ben. Muera la inteligencia!!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  •