ALS, o graniño imobiliario de Louzán

Sanxenxo xa ten un novo partido froito dunha excisión do PP. Louzán, Telmo Martín e mesmo o conselleiro Hernández teñen moito que ver no seu nacemento. Pero, quen está detrás desta formación?

Por Galicia Confidencial | Sanxenxo | 31/01/2011

  • versión para imprimir
A pasada semana confirmouse a fractura do PP de Sanxenxo. Un grupo de militantes críticos coa labor da actual alcadesa Catalina González e as inxerencias de Rafael Louzán por non convocar un congreso local para designar o candidato a alcaldía, decidiron crear un novo partido; ALS (Agrupación Liberal de Sanxenxo).
 
Unha situación semellante á que hai catro anos fracturou ao PP de Tomiño, coa creación dunha nova formación que obtivo dous concelleiros, impulsada polo ex conselleiro Diz Guedes que se presentou en Tui tamén con outra formación, e que provocou a perda da alcaldía. Hoxe, os membros do “partido do ladrillo”, como se lle coñece volven estar dentro do Partido Popular polas intensas mediacións de Rafael Louzán.
 
Tamén en Sanxenxo, o novo partido está integrado, na súa maior parte, por importantes militantes populares e, a súa aparición, pode provocar que o PPdeG perda a súa hexemonía neste concello. E, quen está detrás deste novo partido?. O seu presidente Francisco Villaverde, xa anunciou a algúns dos compoñentes desta agrupación, a maioría ex concelleiros do PPdeG. 
 
Quen é quen?
 
Francisco Villaverde, o presidente, foi concelleiro de urbanismo con Telmo Martín e foi na lista coa actual alcaldesa. Ocupando esta concellería construíu un chalet en zona de dominio público e foi denunciado polo colectivo “Salvemos Pontevedra”. A obra foi declarada ilegal e esta pendente de recurso.

 
 
O vicepresidente, Marcos Cacabelos, empresario, construíu unha nave no polígono de xeito ilegal e foi precintada no seu día. A licenza foi concedida meses máis tarde e actualmente a actividade do aserradeiro de pedra atópase pechado porque o  polígono non conta ainda cos servizos básicos. 

 
 
O secretario é Enrique Santos Pombos tal e como publicou La Voz de Galicia. É ex-xerente de Insula Sanxenxo, empresa municipal de vivenda creada por Telmo Martín pero sen actividade, a pesares de ter gastos de persoal. Hai un ano a alcadesa decide integrar Insula Sanxenxo dentro da Xerencia de Urbanismo despendindo ao xerente e os dous empregados. Entón Santos denunciou ao concello que foi condenado a  pagarlle unha indenmización por despido improcedente.

 
 
Coñecidos empresarios
 
Entre os vocais atópanse nomes tan coñecidos como Manuel Otero Pombo, ex concelleiro do PP e que foi na última lista do PP. Os populares de Sanxenxo recoñecen que gracias a súa labor na anterior campaña, Catalin Gonzáleza acadou a alcaldía desta vila. Pertence a  Xunta de Compensación do polígono empresarial e é un dos seus promotores.
Os dous sectores son irreconciliables. Louzán ten desacreditado aos que agora integran a ALS e criticado a Telmo Martín por “darlle alas”. Pola súa banda, Villaverde  contratacou asegurando  “ que o PP de Sanxenxo  non responde os intereses da poboación" senón máis ben a intereses "de partido e persoais". 

 
O avogado asesor de Hernández
 
Nestes días deuse a coñecer que o TSXG fallou en contra dun recurso presentado polo concello, pola Xunta de Compensación e por algunha empresa e un particular que pedían a anulación da sentenza dun contencioso administrativo no cal se anulaba o plan de equidistribución do polígono empresarial de Sanxenxo. Dita denuncia foi presentada por un particular propietario dunhas parcelas en dito polígono e que non estaba conforme coas parcelas que lle tocaran. O denunciante, a través dunha avogada de oficio, interpuxo a demanda que foi gañada en primeira instancia e agora ratificada polo TSXG, sen posibilidade de recurrir de novo, sendo sentenza firme.
 
O Concello presentou o recurso a través do avogado Jose Luís Narbón, contratado polo concello para levar os pleitos urbanísticos xa que según palabras da alcaldesa é un dos mellores avogados neste eido. Actualmente Narbón tamén exerce como asesor na Consellería que preside Agustín Hernández.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

16 comentarios
9

mnuel

nadie debe salir ese día a votar..sino que se voten ellos asi mismos..total, dará lo mismo; juntaran nuestros votos en alianzas y a nosotros que nos den morcillas.Ese día reunión en la plaza del pazo y fiesta rachada, mientras "ellos" juegan a politicos...sinó, si tienen co... que hagan listas abiertas..ja,ja,ja, ni se lo piensan, no vaya ser que alguno no salga votado y después de que vive...carallo que traballen como todos e non a conta de todos..non si?


8

lilaino

oes...¿ non será que os votos que consigan estos sumaranselles os que consiga o PP? así, non tendrían que pactar con ningen, somentes con LIStos; tremenda xogada oye.


7

Xan

Xa o dicía José Mota: ALS, a la saca


6

compostelan

Home, pois eu, só pa votarlles, acabo de empadroarme en Sangenjo. A ver se gañan e de paso suben o custe dos amarres no Nautico, que hai moito PER.


5

Rayleigh

Agora me separo. Agora me uno. Si tu me dices ven, lo dejo todo. Tránsfugas varios, mocións de censura... e logo din que o PP é un partido unido. Si home si. En torno a un principio (só teñen un): O Poder. A estes importalles ben pouco Sanxenxo e os seus cidadáns. Simplemente queren pillar cacho dentro de 3 meses para que logo lles fagan unha oferta que non van rexeitar dos mesmos polos cales se separan. E a xente picando unha e outra vez.

1 resposta
1

Por asier: que hay que facer pa ilegalizar a esta banda


4

sla

vaia tropa, tal para cual, non hai diferencia


3

indignado

Louzan tiene que nombrar ya candidato en Sanxenxo, la situación resulta bochornosa para la militancia, no somos ciegos, pero tal y como estan las cosas mejor quedarse en casa porque tanto los que están ahora como los que fundaron el nuevo partido tienen todo la culpa del desastre inmobiliario y la situación económica en la que se encuentra Sanxenxo.


2

Uno de Pontevedra

Cuánto miedo hay en el PSOE y el Bloque a perder las elecciones?, a que si?. Pues a joderse.

1 resposta
1

Por groso: Como a xustiza lle dé por traballar non quedades un, e non porqué vos ilegalicen que sería o normal, senon porque acabades todos no caldeiro por ladróns


1

o padriño

Non o tomedes como nada persoal, simplemente son negocios. Seguramente dentro duns anos estemos de novo no partido e sanxenxo deixará de cheirar a merda, é o que ten a merda, que se non a removes, pois non cheira. Así que deixade ó PP en paz por favor, que cheira mal. E os do bloque que, mira que son malos eses ou qué, un concelleiro ten problemas coa muller, non dicides nada?..

5 respostas
1

Por cambio: Se ten problemas coa muller que o arranxe se quere, aquí o que interesa é que aos veciños de Sanxenxo non nos coste máis cartos. Canbian de collar, pero son os mesmos cans, tanto PP como ALS ( agrupación de Ladróns de Sanxenxo). Que pouca vergonza, están apra arranzar cada un as súas ilegalidades. Que vergonza. Sanxenxo é algo máis que esa banda.

2

Por nbvc: LADRÓNS... pon nome e apelidos, e logo demostras si son ladróns, e que roubaron.... seguro que ti e outros coma ti tedes mais que rascar.... o que parece e que lle hai medo a esta nova agrupación, pois nace con moitos mais afiliados co bng de SANXENXO en toda sua historia.

3

Por Rayleigh: Medo medo..Seguro que ten máis afiliados co BNG? Ti pides probas, pois da probas disto ti. Aparte que importa? Total, están a ver se trincan 1 ou 2 concelleiros para volver ó PP pola porta grande. Para isto e non outra cousa, fórmase este partido. Todos eses "independentes" que saen do PP, son máis pepeiros que os que quedan nese partido.

4

Por Spartan: claro que si los Pepeiros que se van del PP para formar Independientes son los verdaderos fundadores de un partido que ahora mismo da verguenza y necesita una limpieza a fondo, los votantes del PP se han dado cuenta y ahora ya no votan a partido sino que a individuos, ser de derechas o izquierdas a pasado a la historia gracias a Rajoy y su panda de vulgares predicadores de politica falsa

5

Por manuel: de todos os partidos, po-lo que decides somentes se salva o VIP..menuda panda...e logo din que salgamos a vota-los..na casa habería que quuedarse e que se voten eles asi mesmos...total,logo xuntan os votos de uns cos outros para quedarse no poder, e os votantes que lles den morcilla.Esto e de xulgado.Os de ALS xa teñen cara..non se salva ningen..un pa legalizala casa, outro para sua nave, outro para que lle devolvan os cartos da fianza do poligono, en fin unha pandilla de ....xa sabedes a que non votar.


Fotomontaxe dos problemas en Sanxenxo/cousasdesanxenxo

Louzán e Catalina González/cousasdesanxenxo