Xornalistas políticos?

O PSdeG pide o cese da directora de informativos da TVG por ser interventora do PP. Feijóo pásalle a pelota ao director xeral da CRTVG. Un xornalista da Ser irá de número cinco na lista do PP en Lugo.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 31/03/2011

  • versión para imprimir

O ex conselleiro e deputado Ricardo Varela pediu hoxe o "cese inmediato" da director de informativos da TVG, Pilar Bermúdez, por exercer como interventora do Partido popular nas últimas eleccións autonómicas na localidade de Bertamiráns, en Ames (A Coruña).

Bermudez non é a única, xa que o director do Telexornal Noite tamén exerceu como interventor do PP tamén en Bertamiráns, aínda que este anunciou que dimitiría.  "Calquera é libre de facer coa súa vida política o que desexe, o que non pode baixo ningún concepto é facer carreira política dentro dun medio público como a TVG”, sinalou ao suliñar que esta situación pon de manifesto o "control político" que o PP exerce da TVG.

"Correspondelle" a Sánchez Izquierdo

E foi o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, quen tivo que saír ao paso destas acusacións na rolda de prensa posterior ao Consello, pero sen emitir ningunha opinión ao respecto. "Iso correspondelle valorar ao presidente da compañía", dixo en alusión a Alfonso Sánchez Izquierdo, moi cuestionado dentro da CRTVG por seguidores do ex director da Radio Arturo Maneiro.

Sen embargo, a Feijóo tampouco se lle escapou que outro presentador dun programa da Radio Galega, en alusión a Xusto López Carril, tamén foi xefe de prensa do PSdeG durante o bipartito. "O director da CRTVG ten liberdade e independencia para distribuir as funcións como crea oportuno e con criterios profesionais sen mirar se a directiva foi interventora dun partido ou un presentador desa mesma casa foi xefe de prensa dun partido, porque como profesionais teñen que cumprir o seu traballo", engadiu.

Un xornalista nas listas do PP de Lugo

Por outra banda, o director de informativos de Radio Lugo-Cadena Ser, Arcadio Silvosa, foi "fichado" polo PP de Lugo para ir en postos de saída, como número cinco, nas listas deste partido na capital lucense. Unha decisión que provocou sopresa entre os profesionais de comunicación da provincia xa que Silvosa traballa nun medio afin ao PSOE e, tradicionalmente, moi combativo coas teses do Partido Popular.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
7

UbvjPutjVsUwbFhelr

6

AOguuvxDoVgEZCU

Xa tedes un suoiedgr que non pensa perder nin unha entrega deste titorial.Bo traballo!


5

quequedeclaro

Para saber que la directora de informativos de la TVG defiende única y exclusivamente los intereses del PP no hay más que ver los informativos de esa casa, donde la manipulación y la censura están al orden del día: solo se da aquello que beneficia a la Xunta o al PP y perjudica al BNG y al PSOE o, lo que es lo mismo, se censura aquello que perjudica a la Xunta o al PP y beneficia al PSOE y al BNG. Eso sí, la susodicha actúa con la connivencia y la docilidad de los bien pagados directores de los Telexornais, todos contratados, excepto el marido de la propia directora (candidato del PP en las últimas municipales en Ames)y que tienen garantizado un puesto fijo en las próximas oposiciones.

1 resposta
1

Por Andamolho: O que dís fica clarinho nesta ligazón,manipulacion e estado puro: http://agalegainfo.crtvg.es/videos/...


4

mimadriña

Pra que logo digan que os da SER e do País son do PSOE...


3

ópanpan

Unha aclaración: o que dirixe o Telexornal da noite non é que fose interventor do PP, non, o que realmente foi é candidato polo PP na lista que se presentou nas últimas eleccións municipais (2007) no concello de Ames, como queda reflectido no propio blog do candidato á alcaldía, Santiago Amor. Aquí deixo o enlace. Figura como número 4 de suplente. http://webcache.googleusercontent.c...+%22manuel+gonz%C3%A1lez+maceiras%22+PP+Ames&cd=1&hl=es&ct=clnk&gl=es&source=www.google.es http://www.google.es/


2

Porco Jones

En Galiza e en Espanha temos uns xornalistas que son tan bos coma os nosos políticos.....


1

os de sempre

se empezamos a cesar a todos os xornalistas que teñen vinculos políticos enton non quedaría ninguen,iso xa o sabemos todos vendo todas as canles de tv tanto nos informativos coma nos deportes pero mais culpa ten quen llo consinte.

1 resposta
1

Por tarabelo: Imaxinades como serían os informativos se formase parte dun goberno o BNG, posibilidade cada vez máis lonxe, e o Director de Informativos fose Xosé Mexuto? Pos iso.


Arcadio Silvosa / Lugonet