Unha vez descontados os fogos de artificio, os “tinglados”, as subvencións a entidades deportivas e culturais… este mandato queda revelado como un fracaso en termos de tráfico portuario. Como denunciamos hoxe a compañeira Olaia Fernández Davila e mais eu, nos últimos dous anos, os tráficos de mercadorías xerais descenderon en medio millón de toneladas.
Descendeu, por exemplo, en 60.000 toneladas o tráfico de froita do Porto de Vigo. Mentres a presidenta da Autoridade Portuaria e actual candidata do Partido Popular á alcaldía se preocupaba por diversos asuntos, entre eles o de pelexarse coa administración municipal, esqueceu negociar a renovación do acordo coa empresa concesionaria da terminal de froita. Debemos ser conscientes de que o Porto non vive só de cruceiros e transatlánticos, senón que o seu principal interese é comercial, como punto clave no transporte de mercadorías. E nestes momentos, atopámonos con que mesmo os graniteiros do Porriño teñen que buscar outros embarcadoiros porque teñen problemas no Porto vigués.
O Porto é unha institución estratéxica para o futuro da cidade e por iso consideramos que non se pode perder máis tempo en planificar acaídamente o seu futuro. O BNG estará onde sempre estivo, defendendo unha xestión portuaria seria, lonxe do curtopracismo electoralista, das maquetas e das obras cara a galería. E nese sentido, é inaceptable que aínda non contemos cun plano de usos, sendo Vigo o único dos 5 portos galegos de interese xeral que carece deste documento. Non se poden seguir facendo recheos indiscriminados nin reservando terreos para usos “lúdico-festivos” mentres non se poña orde na superficie portuaria, cuxa principal (e case única) actividade deben ser os usos ligados á economía produtiva.
Como teño dito en outras ocasións, o problema radica no uso do Porto como trampolín electoral. Non é Corina Porro a primeira en facer isto, pero agardamos que sexa a última. Vigo merece unha xestión portuaria que non actúe pensando na rendibilidade electoralista.
Santi Domínguez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Vigo tamén merece, ou mellor, necesita, un candidato nacionalista á alcaldía ben diferente, polo menos que non fale galego como o falaría Esperanza Aguirre. E digo "necesita", máis que "merece", porque merecer merece o que ten, que é o que vota.
Vigo tamén merece un Centro de Inclusión Social, como ven denunciando AI ¿E que fixestes? Nin contestar ¿Que morreron 37 persoas sen teito? Total eses non votan ¿ou non é iso, larcháns?
Por alusions o autentico Lobo non suscribe ren do impostor que escribe co meu nome, teño algo mais que añadir e que en Vigo o BNG esta forte e unido o redor da sua candidatura, elexida polo 95% dos seus militantes, concordo co outro lobo, (que non da sua camada), en que hai que botalos, a Corina e a Caballero ?, pero democraticamente indo a votar nas vindeiras eleccions e non quedarse na casa a velas-vir.
Por sorro: Como ides botar a Caballero, precisádelo para extenderlle a alfombra e seguir comendo quente os lobos mantidos do BNG: cómplices das miserias que se cocen en Vigo e nos outros concellos.
Naceu en Vigo en 1964. Candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Turismo, Industria e Comercio do Concello de Vigo.
Iniciou a súa traxectoria como concelleiro no Concello de Vigo no ano 1995. Foi director xeral para o Deporte da Xunta de Galiza entre os anos 2005 e 2007, etapa na que se disputaron os primeiros partidos da selección galega e se fundou o equipo profesional de ciclismo galego. A súa traxectoria profesional estivo ligada sempre ao ensino e á formación. Diplomado en Ensino, traballou como profesor de galego, inglés e lingua española no colexio San José de Teis, onde coordinaba o equipo de Normalización Lingüística e fundou o Club de Baloncesto San José. Posúe o título de adestrador nacional de baloncesto.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting