Bin Laden xa non vive aquí

A lenda de Osama Bin Laden sustentábase fundamentalmente no feito de que estaba vivo, de que conseguira atacar no corazón emocional do imperio americano e de que conseguira fuxir durante unha década da persecución (agora vese que implacábel) dos Estados Unidos.

Por Pedro G.-Valadés | Vigo | 04/05/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A execución en Bagdag de Sadam Hussein o 30 de decembro de 2006 alongou a súa lenda e fixo máis escandaloso se cabe o estrondo da gargallada perpetua na que vivía o inimigo número un dos Estados Unidos e de todo Occidende. Porque podían caer si, e con relativa frecuencia nas montañas de Paquistán ou en Afganistán os números tres de Al Qaeda, mais Bin Laden seguía agochado na súa fortaleza descoñecida. Ate o pasado domingo.

Pero cal foi o maior éxito de Bin Laden? Na miña opinión claramente o maior éxito de Bin Laden foi conseguir crear unha organización que podía (poderá?) sobrevivirlle. Esixía a outros grupos yihadistas -ao xeito dunha franquicia do terror- un xuramento de lealdade e acatar unha mensaxe islamita fanática, pero non impuña misións concretas e permitía a ampla autonomía operativa dos múltiples grupos que operan sob o paraugas de Al Qaeda, “A Base”. Porque a descentralización é un dos puntos crave da súa exitosa estratexia e o que o facía -e fai- máis perigoso para os servizos de intelixencia occidentais que desde hai unha década tiñan a cabeza de Bin Laden como obxectivo número un.

Descabezar a Bin Laden (figuradamente) é sen dúbida descabezar á organización máis perigosa do actual mapa do terrorismo islamista a nivel global. Afortunadamente morto Bin Laden, ningún membro de Al Qaeda poderá durmir xa tranquilo. Lembrar que Estados Unidos chegou a ofrecer 50 millóns de dólares pola súa captura e aínda así ninguén falou, ninguén delatou a quen parecía posuir o don da invisibilidade e da fortuna eterna. Ate o pasado domingo.

Algúns analistas afirman que o perigo ven agora, que a vinganza de Al Qaeda será terribel. Discrepo. Por suposto que Al Qaeda tentará provocar unha masacre, cometer un acto terrorista de alta simboloxía. Mais a cuestión é, antes, con Bin Laden vivo, non era ese un dos obxectivos fundamentais e fundacionais de Al Qaeda?

Se os actos denominemos megaterroristas (11-S, 11-M, Metro de Londres...) non sucederon con máis frecuencia foi só pola eficacia dos servizos de seguridade e de intelixencia que nun discreto e escuro segundo plano, traballan día e noite para que os peóns da historia poidamos subir a un tren, baixar a un metro, voar nun avión… sen ver posta en perigo a nosa vida só pola visión fanática, totalitaria e xenocida do terrorismo islamista, nomeadamente Al Qaeda mais non só Al Qaeda.

Porque hai moitas máis bandas terroristas de ideoloxia islamista no mundo. Hai uns días, foi feito público o acordo entre Al Fatah e o grupo terrorista islamista Hamás. Un acordo que seica pretende pon fin ao duro e inclemente conflito interno entre unha Fatah que quere chegar a un acordo negociado de Paz con Israel, baseado na solución de dous estados para dous pobos, e unha organización manifestamente terrorista que chama e reitera unha e outra vez que o seu obxectivo é a destrucción de Israel e o establecemento dun califato islamita que ocupe todo o actual Estado de Israel e os Territorios palestinos, (Cisxordania e a Franxa de Gaza). Onte unha das reaccións máis sinceras e honestas (nunca discutirei a “honestidade” homicida de Hamas) á morte de Osama Bin Laden foi precisamente a que chegou desde Gaza na voz do seu máximo dirixente Ismail Haniyeh  quen á vez que condenou a acción norteamericana, loubou a quen denominou “guerreiro santo do Islam”. Sen comentarios.

Por último chámame poderosamente á atención, a dupla vara de medir (mais unha vez) de tantos e tantos columnistas, tertulianos, políticos, etc... que hoxe saúdan con alegría (que eu por suposto comparto) a eliminación dun terrorista baixo un “formidábel operativo norteamericano”, “nunha operación de película”, “de alta precisión” e logo, cando as forzas de seguridade de Israel levan a cabo unha acción semellante contra algún terrorista responsábel como Bin Laden da morte de centos de civiles israelís en salvaxes atentados indiscriminados en Centros Comerciais, Discotecas, Universidades, Kibbutzs,  autobuses escolares…entón a acción, que cando fora executada por operativos norteamericanos foi “unha gran acción de intelixencia e militar” pasa a ser denominada como “terrorismo de estado”. Cousas veredes Don Sancho.

Pedro G.-Valadés




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

42 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 17

    Cogumelo feroz

    O racista irrelevante apoiando aos terroristas israelíes... en fin... patético. Copio e pego comentario anterior por consideralo unha razón máis que suficiente para nin ler o artigo. Que fumas para estar tan lúcido, Valadés?


    16

    dadas

    Agora vai resultar que foron os de esquerdas quen lle regalaban misis Stinger e anticarros "Milan".Ben Laden foi creado polos EEUU;e a operación non é máis cunha vaqueirada chapuceira.Deixou problemas a Pakistán,perdeuse información de 1ª man ca súa eliminación e deixou en ridiculo ós EEUU durante dez anos que o estivo buscando en covas


    15

    CranioF

    Unha cousa é apiolar a un criminal, de xeito aséptico e sen provocar "daños colaterais", e outra moi distinta e someter a un brutal bombardeo a toda unha poboación polo feito de que alí hai un grupo terrorista, provocando miles de mortos. A acción norteamericana non foi terrorismo de estado, matar a un asesino pode non ser moi legal, pero todos o podemos entender. O que fixo Israel en Gaza sí é terrorismo de estado, pois aterrorizou e matou a miles de persoas. A ver se diferencias isto, Valadés, que o final do teu artigo dá vergonza allea.

    2 respostas
    1

    Por Sr_J: Volve ler o que escreveche, anda, a ver se lhe atopas algum sentido... ou seja que para qualificar uns assassinatos de "terrorismo de estado" tem que haver miles de mortos?? Venha ho! Matar 1 persoa à margem da lei já é terrorismo de estado, por definiçom! Que por certo, nom é o que aconteceu com Bin Laden: canda el matárom outras persoas, ainda que apenas se mencione.

    2

    Por Manolo2: No te enteras de nada. Tras el 11-S, Estados Unidos declaró la guerra al terrorismo. El Congreso autorizó al presidente para tomar las medidas necesarias para obtener la victoria frente al terrorismo, un enemigo bélico, no un ciudadano. No se juzga a un delincuente común. Se combate al enemigo con medios militares que es lo que se ha hecho.


    14

    os de sempre

    moita operacion milimétrica estratégica e demáis dos yankis,entran na mansion con equipos de alta vanguardia e tecnoloxía e non saben traer a bin laden vivo ¿e iso é o que lle enseñan nos cuarteis? menudos corpos especiales de última xeración,huberan mandado a mortadelo e filemon que aínda o facerían mellor.


    13

    Arenga

    Assassinar está justificado??


    12

    Urco

    Esta morte só é unha especie de golpe psicolóxico, ultimamente, era unha alimaña acurralada, como el hai moitos, os rusos acaban de liquidar a un similar, pero ese caso non merece comentarios críticos por parte da tropa filoislamita. A base principal do islamofascismo son os Irmáns Musulmáns, son a nave nodriza dende a que se xeran tódalas demais: Hamas, Hizbula, Yihad… Normal que todos los filoislamitas patrios anden alporizados, as súas incoherencias provocanlle uns barullos mentais de moito carallo e iso fai que perdan o Norte e tratan de pintar o branco negro e o negro branco, os seus dogmas de fe, inculcados polo aiatolá de quenda, fai que así sexa, só saben repetir a mesma prédica constantemente. A loita contra esta ideoloxía despótica, totalitaria e intolerante non rematou con este feito, o proceso será duro, longo e contarán coa inestimable axuda dos quintacolumnistas patrios, a forza da xenética é tremenda e “a cabra sempre tira ó monte”.

    7 respostas
    1

    Por Roel: Non te compliques a vida Pedro con explicacións que só ti e os que pensades coma ti creedes. Ti defendes o terrorismo de Estado de I. e criticas ao outro terrorismo. Nin máis nin menos. Eu son ártabro, e así me considero. Ao contrario ca ti I. quédame moi lonxe, pero ainda sei discernir entre a legalidade internacional e os crimes de lesa humanidade, sexan cometidos por grupos terroristas ou por estados terroristas. No de repetir a prédica, non nos critiques; é o que ti fas, o que che jode é non ter público que te aplauda. A min o público impórtame bastante pouco pero ti necesítalo desesperadamente. Repítoche o de sempre: un estado terrorista é un estado terrorista, ainda que sexa o teu preferido.

    2

    Por Urco: Roel o desnorte é evidente, tanto lavado de miolos, na madrasa, provoca non saber avaliar a realidade. Eu non son Pedro, nada teño que ver con el, nin o coñezo, pero cando só se cree e se abdicou de pensar acontecen estes barullos mentais. O suposto problema palestino é a bandeiriña de enganche para que todos aqueles que profesan un odio irracional contra os xudeus poidan canalizalo a vez que lle serve ó islamofascismo como ariete para tentar derrubar o estado de Israel e de paso ir conseguindo apoios para o posterior avance na súa paranoia do “Califato Universal”, moitos colaboran conscientemente, outros fano a consecuencia do lavado de miolos que os aiatolás, de quenda, lles fan nas correspondentes madrasas e todo elo ben financiado pola peste negra do petróleo.

    3

    Por Roel: Pedro. em serio crees que eu teño o cerebro lavado por un iatolá? Cando me viches a min ou a outros que opinamos xustificar a violencia? Os que que non opinamos coma ti, temos o cerebro "lavado", é evidente que si utilizara os mesmos argumentos só che podería dicir que defendes argumentos sectarios e sabemos que os que pertencen a unha secta pensan que todos os demáis son equivocados. Según as tuas reiteracións profeso odio irracional, pero é o que vexo en ti. Derrubar o estado de I., nunca afirmei tal cousa, só digo que practica terrorismo de estado e é evidente. Califato e tonterías varias que nunca pronunciei, madrasas. etc, mira, aquí as únicas madrasas son as nais que se desviven por coidar e educar aos seus fillos. Queres rebaixarnos á altura do teu debate, pero hai que saber diferenciar entre estado de dereito e defender métodos violentos. Sigue, calificando a todo o que non pense coma ti como islamista terrorista e verás o éxito que tés. Con Dios...

    4

    Por Urco: Ou co diaño, non creo en filosofías relixiosas. Estas de coña ou, do contrario, tes os miolos moi fodidos, non sei quen es nin quen é Pedro, co que tes tanta teima, supoño que será o que escribiu este artigo, supoño. As madrasas existen e algunha delas ten importante concorrencia, a da capital do vello reino, por exemplo, e é só cuestión de tempo o seu incremento. En canto ó que denominas terrorismo de estado ¿Cales son os países que están libres de pecado? Cicais a antiga URSS, a actual Rusia, China, Cuba…, ti dirás cales son os exemplos de tal conduta inmaculada. Os rusos acaban de eliminar ó colega de Bin Laden no Caucaso, isto, polo que se ve, é normal, non causa alporizamento. ¿Non te decataches que estamos nunha guerra? Guerra que os islamofascistas comezaron e denominan “santa”. Nas guerras, por desgracia, hai mortos, civís incluídos, e isto acontece desde que o mundo e mundo. As utopías son moi fermosas pero, de momento, son só iso, utopías.

    5

    Por Urco: Se collemos unha balanza e colocamos no seu prato esquerdo as barrabasadas cometidas polo Gran Satán (USA) e o Pequeno Satán (Israel) e no dereito as cometidas polos islamofascistas é evidente que o prato dereito baixara a unha velocidade próxima ós 10 metros por segundo e non o fará mais rápido debido a que a forza da gravidade non llo permite, esa éche a puta realidade, que os filoislamitas non o queiran admitir é normal pois o fanatismo e u odio irracional non permiten pensar, non permiten razoar. Por sorte, e de momento, non estamos nun sistema totalitario e cada quen pode espallar as súas ideas libremente, por iso, remato dicindo que cando non se teñan razóns minimamente obxectivas recorrese a disparates de todo tipo e desbótase todo aquilo que non encaixe nos sagrados dogmas de fe.

    6

    Por Roel: Sagrados dogmas de fe, diso non sei Pedro. Eu sónche ateo ou agnóstico. No caso do Caucaso, é un caso que descoñezo, en todo caso véseche a ti moito máis posto, neste caso. Tes razón, existen jrandes madrasas, que todos coñecemos polo amor aos seus fillos. Os miolos ben fodidos: non oh, fódese por outro sitio, si non tes experiencia váite a un gabinete destes que cho explican de balde. Rusia, China, Cuba.. de xeografía ben, grazas; e de xeografía política e historia cando queiras dóuche un par de clases. Do que non me decatara é de que nós estamos nunha guerra contra os musulmáns, quizáis ti e algún adelantado nos poidades armar (de argumentos). Afortunadamente concordamos en que non estamos nun sistema totalitario. Eu clamo pola legalidade internacional e ti penso que non liches "O Príncipe" de Maquiavelo nin "A arte da guerra". Si o liches non che aprobeitou. Saudos dun fanático, pero dun fanático da legalidade e da separación de poderes.

    7

    Por Urco: Retranca, demagoxia, botar balóns fora…, en fin, algo típico e tópico, pero o da retranca non é cousa dos Galegos de raza, eses van de fronte e din o que pensan, non precisan andar polos arredores, con tretas e eufemismos, iso e cousa dos que utilizan ese precepto denominado “taquiya”, si non es un deles é evidente que estas contaxiado. En canto a experiencias e leccións, normalmente, o persoal soe presumir do que carece. Respostas concretas poucas ou ningunha, é normal a realidade vai por un lado e ti vas polo outro e é evidente que de intuición andas fatal, pois segues coa teima de que son ese Pedro que, polo que se ve, soñas con el, se no resto funcionas igual non das, nin darás, unha. O tempo é un xuíz, implacable e inapelable, que da e quita razóns, polo que el será o que dite o veredicto final.


    11

    Pfffffffffffff

    O racista irrelevante apoiando aos terroristas israelíes... en fin... patético


    10

    Roel

    Básicamente todos entendemos que o que fixeron foi terrorismo de Estado. Xulgar cumpable de crimes contra a humanidade a B. Laden tamén é certo e doado de entender. Pero a invasión de Irak foi terrorismo de Estado masivo, pois un país decide sin o mandato da ONU ocupar militarmente outro Estado soberano. Resultado: en N.Y. 3000 mortos, en Irak 6000.000mortos. Nun planeto global de dereito universal o legal sería capturar a B.Laden, intentar mantelo con vida (non asasinalo directamente) e levalo ante a Corte Penal Internacional. Unha vez xulgado, cumprirá a sentencia imposta. Este tema parece unha clara invitación ao maniqueismo, pero a legalidade internacional, si queremos que signifique algo, hai que respectala.

    1 resposta
    1

    Por Urco: ¿A que legalidade internacional te refires? A da actual ONU, organización que ten no seu Consello de Seguridade cinco países con dereito a veto e na súa Asemblea Xeral unha maioría de estados que son sistemas totalitarios: ditaduras, oligarquías, teocracias… E algúns so teñen en consideración as súas resolucións cando lles ten conta. Por que non recordas, tamén, os millóns de asasinatos que o islamofascistas ten levado a cabo de forma indiscriminada, en Sudán, por por un exemplo, levan cometido masacres salvaxes, pero iso non interesa, os novos nazis teñen "patente de corso", concedida polos mouriscos patrios, para matar impunemente. “O QUE ESTEA LIMPO DE PECADO QUE TIRE A PRIMEIRA PEDRA”, por certo, pasatempo criminal, brutal e salvaxe practicado polos islamofascistas para asasinar ata crianzas recen nadas por ser “impuros” ó ser fillos de solteira, incrible pero certo.


    9

    Xavi

    Eu non podo crer algunha cousa que leo ou escoito. ¿Como alguén minimamente demócrata non pode felicitarse pola desaparición dun tipo como bin Laden? Como moi ben dixo José Luís Rodríguez Zapatero onte no Congreso "el se lo buscó".

    1 resposta
    1

    Por Arenga: Quem dezide " quien se lo busca"? Se a alguem matam-lhe um familiar pode dezidir se o assassino hà que mata-lo? Entom os tribunais e as leis jà nom valem?


    8

    CranioF

    Israel que saia primeiro dos territorios ocupados, e despois poderá ter dereito a defenderse. Non esquezamos que os paos da Historia os levaron primeiramente os palestinos. A existencia de Hamas non é excusa para o non cumprimento deste requisito. Se eu entro nunha casa que non é miña, non teño "dereito a defenderme" ata non saír dela.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Pedro Gómez-Valadés

    Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, coordinador do Consello de Redacción da revista ENCLAVE e responsábel de comunicación na Executiva de Esquerda Nacionalista.