A revolución da xente toma Galicia

Máis dun cento de persoas acampou no Obradoiro para protestar pola situación política e económica e, sobre todo, para denunciar á clase política. GC estivo esta esta noite con eles. Vídeo de Santiago e imaxes do resto de Galicia no interior.

Por Xurxo Salgado | Santiago | 18/05/2011

  • versión para imprimir

Vigo, a Coruña e Santiago están sendo o epicentro das mobilizacións sociais convocadas pola plataforma Democracia Real Xa. Centos de persoas, principalmente xente moza, pero tamén xubilados e parados decidiron esta noite –madrugada do mércores 16 de maio-- tomar as principais prazas destas cidades; a Porta do Sol, María Pita e o Obradoiro. Velaquí unha entrevista cos organizadores das manifestacións do domingo.

Na cidade olívica hai centos de persoas. “Din que hai 4.000”, asegura un mozo que está en contacto con outros compañeiros de Vigo. Comezaron xa a organizarse e, a esta hora –01.30 horas-- contan xa con unha infraestrutura montada que inclúe carpa e distribución de alimentos.

No Obradoiro, en Santiago, son máis dun cento os concentrados. Por agora, non hai carpas, nin tendas de campaña e os concentrados utilizan cartóns e sacos de durmir para pasar a noite. A Policía, polo momento, decidiu non intervir.

“Que vexan que nos movemos”


A pesar da hora e do motivo, a xente atopase animada. É a primeira vez en moitos anos que a xente moza se organiza de xeito espontáneo para berrar “basta xa”. “Só queremos que nos fagan caso, que vexan que nos movemos, que os políticos non solucionan nada”, comenta María.

Falta Sonia, esa muller decidida que hai unhas semanas comezou a chamar a xente, utilizar as redes sociais e convencer aos amigos para que se moveran. Hoxe tivo que quedar cos fillos, pero  a súa chamada tivo éxito.

Pero falamos con Xoán, un rapaz novo, que fai de portavoz dos convocados, ainda que aquí, como comenta outro mozo  con chaleque reflectante e que fai, ás veces, de organizador, “non hai organizadores”. “Hai tempo que se facía necesario este tipo de accións. Por fin, a xente se mobiliza por algo”, apunta Xoán.

Galicia non é Finlandia, nin Exipto, nin Túnez, nin Libia, nin Iemen, nin Siria, nin Portugal, pero, aquí, igual que nestes países, prendeu a chama da revolución social, a revolución da xente.

A chama prendeu o luns

A chama estaba acesa desde hai semanas, meses, pero avivou e esplotou coas protestas convocadas en toda España o 16 de maio. En Galicia, foron Santiago, A Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense e Lugo as que xuntaron a un número importantes de cidadáns críticos coa resposta á crise. Desde entón, todo se precipitou.


Este martes 17 de maio concentraronse nas principais cidades españolas e a última hora da tarde decidiron, en moitos lugares, como en Vigo e Santiago, permanecer e pasar a noite na Porta do Sol-Príncipe e no Obradoiro. “Xa era hora. Este movemento non vai parar, polo menos, ata despois das eleccións”, augura Xoán.

GC estivo con eles esta noite e, como xa fixo en máis ocasións, seguirá dándolle voz a esa xente anónima que un día decidiu saír á rúa e reclamar dignidade. Non é moito pedir nos tempos que corren.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

39 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 18

    Michelena

    Telmo Martín e o PP patrocinan a acampada de Ponte Vedra


    17

    Democracia real XA!!

    Lendo os comentarios queda claro a quén lle doe este movemento. A ultradeireita (como non) e a todos aqueles que creen que a "revoluzon" é patrimonio seu. Si, eses "elitistas" da protesta que todo o que non sexa unha protesta da sua secta política é españolismo ou burguesía pijoprogre. Están rabiosos por non ser capaces de movilizar a ninguén porque as suas filas apestan e están cheas de resentidos que se creen moi "cool" e lles encanta excluir e tachar aos que pensan distinto. Un saudo a todos


    16

    pablo

    En Pontevedra tambien hai acampada na plaza da peregrina.


    15

    SINDEmocracia

    Yo fui a la manifestación, ilusionado como el que más, compartiendo la indignación y manifiesto. PERO, hay algo que no me cuadra... y es la poca responsabilidad que se le atribuye al gobierno de ZP en el asunto del malestar. De ninguna manera tienen la misma responsabilidad los partidos en la oposición, que el partido que lleva "gobernando" más de 6 años. #nolesvotes surgió a raíz de la ley sinde para castigar a PSOE, PP y CIU, pero nada tiene que ver con el "PSOE y PP, la misma mierda es". Puede que estén hechos de la misma mierda, pero al PSOE se le entregó un país sano económicamente, integrado en europa, y funcionando, y la culpa de que se haya ido al carallo no es del PP. Eso es innegable. Lo que veo en DRY son ex-votantes del psoe, que además de indignados, están arrepentidos de haberles votado. Que solo votaron al PSOE por no votar al PP en la época del "no a la guerra" y el "nunca mais", y les ha salido el tiro por la culata.

    4 respostas
    1

    Por ...: http://www.meneame.net/user/SINDEmo... Un españolito facha,homófobo,e interecónomo que ven dende "menéamela"

    2

    Por asd: pero como me repugna comentarios como el de "SINDEmocracia".Di toda la mierda que dices pero debajo del agua haber si sin querer te ahogas.

    3

    Por Cejon: Pero que carajo dices, el PSOe lo ha echo rematadamente mal, pero le dieron una bomba que se sabia que explotaría en cualquier momento, eso sumado a la irresponsabilidad de gobiernos y el sistema financiero global han echo que lleguemos a donde estamos. Lo peor que se hubiera llegado igual con el PSOE O EL PP ahí radica el problema base y es que todos hacen lo mismo de una manera o de otra, pero con el mismo fin.

    4

    Por Chupóns fora da Galiza xa!: Xa estades od PPretes emporcando todo canto se vos pon por diante. Tan podres e mentirosos coma sempre. Que cruz!!!


    14

    Analisto

    De momento isto non vai valendo para nada, como non sexa facilitar a vitoria do PP o domingo. Ven sendo como o botellón da política... mal, mal, non está. O que pasa é que unha revolución necesita un ideario (ou varios) e unha organización (ou varias). Polo de agora isto é puro marketing, como digo un botellón. Pode acabar tanto servindo aos intereses pepeiros como disolverse tal cual botellón o luns pola mañá. Non podo tomalo en serio porque non ten detrás nengunha organización social nen civil, e non acabo de entender a que xogan con isto determinados "medios" de comunicación. E darlle unha cobertura esaxerada a isto, cando "pasan" amplamente de protestos laborais e folgas, xa é de coña. Estánnos montando outro 36 na cara e, igualiño que no orixinal, parvos a montes deitando pedras contra os seus tellados. Deus nos colla confesados a todos.


    13

    keyser soze

    Non sei que pensar de todo isto,vai servir para algo , non o sei?acabarán os "líderes" deste movemento fagocitados por partidos sindicatos e demais organizacións?problablemente. Vexo tamén a moita xente e moitas organizacións que (tradicionalmente levan a voz cantante) nas movilizacións na galiza proer de envexa e temer que isto triunfe , en vez de intentar colaborar ...o único que fan e poñer podre a esta xente que por fin se mobilizou


    12

    Nerón

    Como me gostaria que de verdade alguén se preocupara de revalorizar a idea de participacion cidadá, pero esto a verdade e que non deixa de ser unha nova maneira de brincar cos mobiles para xogar a revolución. Se queredes protestar vos fillos da opulencia, preguntade por cousas concretas e sitios concretos, a saber aquí en Galicia: Listas de espera, prazas de gardería, obxetividade informativa, dependencia, cambio de modelo produtivo, fracaso escolar, inversion en I+D etc... e identgificade os culpables o demáis é a guerra dos pitufos contra Gargamel.


    11

    Pirillan

    Cómo a militancia tradicional ve a morte clarísima do movemento comunista e do sindicalismo?Pois insultándo e tentando desacreditar,como un animal ante aquilo que non entende nin conhece.Espanholista?Sabes que Islandia,Portugal,Grecia e outros países tamén están movilizándose a raíz de este movemento popular, autoxestionado e espontáneo(tres palabras que aos bolcheviques lles producen urticaria?Este movemento naceu de cidadáns(casteláns,vascos,valencianos,galegos,etc)descontentos coa política de Madrid.Non é endóxeno, porque tampouco a crise nin os políticos o son.A vosa falta de miras é a que verdadeiramente perxudica a GZ.Non escoitei nin unha soa crítica á militancioa tradicional ate agora,só insultos infantiles e berrinches de iluminados, e estades deixándonos a tódolos galeguistas coma uns sectarios rancios.Pero nada,miles de persoas están xuntas loitando na rúa,pero vos os catro sodes sen dúbida os que tedes a razón dende os vosos sofás


    10

    Akiva

    Cem pessoas mal contadas é uma "revolución da xente que toma Galicia"? Vós estades de conha ou sodes bem manipuladores (inclino-me a pensar o primeiro).


    9

    Faldo

    Penso que este movemento está destinado a ser unha anécdota. Que foi dos "antiglobalización" e do chamado "Espírito de Seatle"? Imaxino que as risotadas aínda retumban nas sedes das grandes corporacións, do Banco Mundial, no FMI (agás no despacho de Strauss-Kahn) e demais covas de Alí Babá. Aínda así, hai que deixarse de tanto pesimismo recalcitrante e algo hai que facer. Tocarlle as partes brandas ao poder nunca está de máis.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Concentración no Obradoiro

    Pancartas na concentración do Obradoiro

    Pancartas na concentración do Obradoiro

    Protesta na Coruña no serán do martes

    Protesta na Coruña no serán do martes / Jordel Flickr

    Acampada no Obradoiro na madrugada do mércores

    Acampada na Praza Maior de Ourense no serán do martes

    Acampada en Vigo na madrugada do mércores