Conde Roa, Negreira e Rey son alcaldes

23:00 horas: Malos resultados para o BNG en case todas as cidades salvo Pontevedra. O PPdeG segue a gañar apoios e logra derrotar aos bipartitos de Santiago e A Coruña. En Ferrol tamén terá maioría absoluta. Democracia Ourensana dá a sorpresa. Datos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 22/05/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Resultados oficiais

En Santiago, con máis do 98% escrutado, o PP tería maioría absoluta (13 concelleiros), con 9 para PSdeG e 3 para BNG. O PP subiría dous e socialistas e nacionalistas perderían un cada un. O alcalde Sánchez Bugallo xa recoñeceu a súa derrota.

Na Coruña, con máis do 98% escrutado, o PP tería maioría absoluta (14 concelleiros), con 8 para PSdeG, 4 para Bloque e un para Esquerda Unida. O reparto estaba en 11 para PP , 10 para PSOE e 6 para o BNg.

En Ferrol, con case o 100% escrutado, o PP tería maioría absoluta (13 concelleiros), con 7 para PSdeG, 2 para Bloque, 2 para Esquerda Unida e 1 para IF. Maioría absoluta para José Manuel Rey e importante retroceso do PSOE de Irisarri.

En Lugo, con case o 100% escrutado, o PSdeG  perde un representante (11 concelleiros) e o BNG dous (2), poderían gobernar co PP na oposición, con 12 representantes. Un concelleiro pode cambiar e con el a color do concello, pero o candidato do PPdeG, Jaime Castiñeira, xa recoñeceu que farán oposición.

En Ourense, con case o 99 % escrutado, o PSdeG gobernaría en coalición co Bloque, pois os socialistas suman 11 concellais e os nacionalistas 3, caendo a metade dos seis que tiñan. Gran sorpresa dos veteranos independentes Democracia Ourensana, que entra con dous representantes.

En Vigo, co 100% escrutado, o PSdeG poderá gobernar con 11 concellais, subindo dous, máis 3 do BNG, que perde dous. O PP de Corina Porro con 13 queda de novo a un da maioría absoluta.

En Pontevedra, con case o 100% escrutado, o BNG podería liderar un goberno de coalición co PSOE ou mesmo gobernar en solitario. Os nacionalistas pasan de 7 a 10 deputados e os socialistas caerían de 6 a 4. Telmo Martín (PP) perde un representante dende 2007 e queda agora con 11 concelleiros en total. Lores consigue o único resultado positivo para a fronte nas urnas.

20 horas: Resultados da enquisa a pé de urna da TVG

Os primeiros resultados das enquisas a pé de urna da TVG debuxan un panorama preocupante para o PSdeG. Os socialistas baixarían en Santiago, Ferrol e A Coruña que poderían ser gobernadas en solitario polos conservadores. Da caída socialista, segundo a enquisa da CRTVG, libraríanse Ourense, Vigo e, en menor medida, Lugo. En Pontevedra a caída do PSdeG sería compensada pola suba do Bloque.

En Vigo podería repetir o bipartito PSdeG co BNG, pois Corina Porro (PP) perdería até dous representantes. O PP sería o máis votado con 12 ou 13 representantes, 10-11 para os socialistas e 4-5 para o BNG.

Na Coruña hai un forte retroceso dos apoios do bipartito. Carlos Negreira (PP) conseguiría estaría moi preto da maioría absoluta e Esquerda Unida podería entrar no consistorio. Na Coruña, o PP sería a primeira forza na cidade, con 12 e 14 cidadáns, 8-9 para o PSOE e 4-5 para o BNG. Esquerda Unida tería un ou dous representantes.

En Santiago, o PP estaría preto da maioría absoluta, pois móvese nunha orquilla de 11-13 deputados. A sorpresa podería dar Esquerda Unida, que podería entrar no Concello. O socialista poderían perder a alcaldía na peor das situación. A eles a enquisa dálles 8-10 deputados e aos nacionalistas 4-5.

En Lugo podería gobernar de novo Orozco cunha coalición de esquerdas. O PP quedaríase en 10-12 escanos, os mesmos que os socialistas que desta volta estarían lonxe da maioría absoluta. O Bloque quedaría con 2-3 e sería clave para o goberno.

En Ourense a sorpresa sería Democracia Ourensana, que lograría entrar no Concello. PSdeG e Bloque sumarían votos abondo para gobernar en coalición.

Bos resultados para Lores

En Pontevedra, bos resultados para o BNG, que subiría catro representantes ate 10-12 concelleiros, e forte caída dos socialistas, até 3-4. Telmo Martín (PP) quedaría lonxe da maioría absoluta, igualando os resultados do Bloque

En Ferrol, os conservadores poderían obter até 14 deputados, co que José Manuel Rey podería gobernar en solitario sen necesitar aos independentes de IF, que terían un ou dous representantes.  O PSOE quedaría con 7 ou 8, Esquerda Unida 1 ou 2, igual que o Bloque.

A nivel estatal, o PSOE xa advertiu que "non será unha boa noite". O PP parece confirmar a súa maioría absoluta tanto no Concello como na Comunidade Autónoma de Madrid.

Dentro de dúas horas prevense coñecer os resultados ao 70%, que xa serán case definitivos.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

28 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 4

    markos

    Ou sexa que suben os máis corruptos, os campeóns do desemprego, os que defenden o final do estado do benestar, os galegófobos, os baltarinos, o pp?? e hai aleutos que se alegran. Animalciños.


    3

    Tomás

    Lo mejor de todo es la caída brutal del grupo marxista leninista, separatista y antisistema llamado BNG. Un gran día para Galicia.

    3 respostas
    1

    Por Anton: Perdone usted, caida del bloque?? Ha leido bien los sondeos? Por el momento gobernando en Pontevedra y en coalicion en Vigo, Lugo, Ourense..veamos Coruña.

    2

    Por Tomás: Háztelo mirar y compara los % de voto entre 2007 y 2011. Ya verás que risa. No te engañes, en Vigo, Lugo y Orense serán simples floreros previos a su desaparicíón a la siguiente legislatura. Me voya a celebrarlo

    3

    Por Roel: O Sr. Tomás tomou en serio que era un nick de ocasión a agora incluso publica máis mensaxes. Veremos cando cambia de nick. Como lle cambiou o discurso, antonte non tiña idea de quen ir votar, agora xa mostras síntomas claros de ser un dos habituais por aquí. En fin, cada loco con su tema...


    2

    compostelaa

    Primeiras palabras de Conde Droghas: "y quien no esté colocado que se coloque, Anubis BIC ya"


    1

    os de sempre

    avisarlle a Telmo Martin que sempre terá o Galicia Confidencial para desafogarse cos seus artigos,e sen sobreprezos.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  •