Os desastrosos resultados colleitados (descenso en 5000 votos nun contexto de baixada xeral do PSOE) provocaron reaccións dentro da militancia popular. Malia que Corina Porro tratase de ofrecer unha imaxe de vencedora, non todos aceptaron un pacto de silencio. O primeiro en chamar publicamente a unha reflexión foi o exalcalde Manuel Pérez, o único que gañou unhas eleccións en Vigo pola organización de dereitas.
Os organismos locais preferiron non facer declaracións públicas e trataron de evitar calquera fuga. Pero Manuel Pérez contaba con outras voces poderosas (relacionados co empresariado vigués) para facer tambalear as columnas internas. Os críticos non querían só a cabeza de Corina, quen xa anunciara o seu abandono como portavoz municipal na oposición para encargarse da presidencia do Consello Económico Social (CES). Querían que se abrise un debate sobre a política exercida dende San Caetano cara a Vigo: a culpa non era só do PP vigués senón que boa parte proviña das actitudes do presidente Feijóo en decisións como a aposta pola fusión das caixas, o problema provocado con Povisa ou o desinterese por Peinador. A Corina acúsana de desatención e do silencio ante o que consideran “ataques” á cidade.
O nome de Manuel Pérez apareceu na prensa para substituír a Porro no Porto de Vigo pero as súas declaracións foron un impedimento. O sector afín a excandidata, que contou co apoio de Feijóo, promoveron a Ignacio López-Chaves, fillo dun dirixente falanxista local (presidente do Sindicato Español Universitario).
A reacción foi inmediata. A comunidade portuaria emitía un comunicado advertindo que cumprise coa xestión e que non fixese “oposición ao concello”. O empresariado ligado ao Porto de Vigo esixía un perfil técnico, coñecedor do funcionamento do organismos e que se centrase na explotación económica fronte ás batallas políticas (o balance do tráfico comercial con Corina Porro descendeu preto do 30%). López-Chaves non parece ter o mellor currículo para esta tarefa. Pero, como en todos os foros vigueses se sabe, é a recompensa á fidelidade a Feijóo e a Corina Porro.
Con este panorama (derrota nas eleccións, sucesión de Corina, elección de López-Chaves) aparece unha nova pelexa interna cando inicialmente o PP de Vigo rexeita que a Área Metropolitana estea presidida polo alcalde, Abel Caballero. Novamente os sectores empresariais esixiron unha rectificación que, finalmente, aconteceu.
Está é a situación interna do PP trala derrota.
O PARADIGMA DE CORINA PORRO
Corina Porro (Ferrol, 1953) apenas exerceu do seu cargo como responsable do PP de Vigo pero non renunciou ao seu soldo. É o paradigma do perfil dun político sen escrúpulos que, desinteresado pola vida municipal, pode ser até en tres ocasións candidata polo PP. Pasou parte da súa carreira fóra da cámara municipal agás os anos que gobernou Vigo trala retirada do apoio do BNG ao PSOE.
Perly, como se lle coñece nos círculos privados, chegou a Vigo da man de Manuel Pérez para ser concelleira de benestar social durante aquel mandato (1995-1999). Era a súa primeira experiencia política. O seu ascenso veu dado en parte polo seu home, o recoñecido cirurxián J. Luís Quintela, quen tivera un alto cargo durante o tripartito de González Laxe (Quintela foi responsable local de Coalición Galega en Vigo). Pero tamén despois do frustrado proxecto urbanístico en Golf Domaio e da promotora Residencial Muíños, que remataría con embargos en que estivo afectada a propia dirixente popular. Todo isto no mesmo ano de entrar no concello.
Cando o PP perde a alcaldía de Vigo (era a segunda da lista liderada por Juan Corral que perdeu case 20000 votos), é chamada por Manuel Fraga para a Dirección Xeral de Servizos Sociais (1999-2001) e, despois accede ao cargo de Conselleira de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia (2001-2003). Un agradecemento á fidelidade de Corina a Fraga tras as críticas de Manuel Pérez á política de San Caetano con Vigo e que o levaron a non repetir como candidato, aínda tendo logrado a única maioría absoluta do PP en toda a historia.
En novembro de 2003 abandona o seu cargo na Xunta para asumir en minoría a alcaldía de Vigo. Coa derrota nas municipais de 2007, Corina agardaría o seu momento para ser nomeada Presidenta do Porto de Vigo. Volveron as eleccións en 2011 e de novo foi candidata e volveu perder. Malia súa promesa de campaña de exercer a portavocía se quedaba na oposición, poucos días tardou en buscar outra saída, a presidencia do CES.
En resumo: Corina Porro non deixou de subir postos (e consecuentes salarios) na súa vida política sen exercer os deberes da súa acta de concelleira dende 1999 até 2011. Doce anos onde Perly non quixo saber da vida municipal de Vigo, deixando no seu lugar ao eterno secundón, Chema Figueroa.
A PUGNA ENTRE CHEMA FIGUEROA E MARÍA JOSÉ BRAVO
José Manuel Figueroa é o veterano da dereita viguesa. A súa experiencia valeulle de moito durante a xuntanza do comité local para avaliar os resultados do 22-M posto que fixo de apagalumes e evitou un estourido interno que podía pór boca arriba as liortas e enfrontamentos do PP vigués. Sen embargo, non evitou que se coñeza o malestar local, tal e como indicamos anteriormente.
Figueroa, con actividades na empresa privada e con salario dos organismos públicos, foi o voceiro do PP no concello de Vigo mentres Corina exercía outros cargos, aínda que ela fose a candidata. Dende 1987 no concello, será agora cando asuma a presidencia local e se encamiñe cara á súa candidatura nas vindeiras eleccións.
Pero a súa elección non foi doada. A aparición de María José Bravo, dun perfil semellante a Perly, provocou novas convulsións. Chegou a Vigo da man de Corina Porro e totalmente identificada coa liña desta e da galegofobia. O primeiro premio foi o seu posto nas listas: a terceira (o cal causou malestar noutros candidatos chegando a acusala de “arribista”). O segundo premio foi o nomeamento de portavoz do PP durante a campaña electoral. O terceiro premio parecía asegurado (a propia dirección local anunciouno publicamente na prensa): que fose a portavoz municipal. Pero non foi así. As tirapuxas internas, coa posible ameaza de airear os problemas internos do PP de Vigo, evitaron que Bravo (con ningún coñecemento de Vigo e sen experiencia na corporación; de aí que a chamasen “arribista”) escalase un novo posto na súa carreira política aínda que acumule derrota tras derrota dende o século pasado.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
EXCELENTE ARTIGO, E PARABÉNS AO XORNALISTA, NON PODE HABER UNHA DESCRIPCIÓN MAIS REAL DO QUE PASA NO PP EN VIGO CON CORINA PORRO E A SÚA BANDA DE PALMEROS E MAFIOSOS. O DE LÓPEZ CHAVEZ É UN ESCÁNDALO, ESTE HOME EN CALQUERA PAIS DEMOCRÁTICO SERÍA XULGADO POR APOLOXIA DA VIOLENCIA E EXTERMINIO CULTURAL,UN VERDADEIRO MATÓN E FANÁTICO ULTRADEREITISTA, UN PERIGO PARA A DEMOCRACIA, DÁ VERDADEIRO NOXO.
Quen firma este artigo. É quen de se chamar xornalista???. Vergoñento.
Por Miguel: O PPdeG non é santo da miña devoción pero as persoas que o representan merecen un mínimo de respeto. Por moi alonxada que estea a nosa visión do mundo da súa non se pode insultar desta forma. Isto non é un artigo de opinión, é unha noticia, se fora unha opinión deberíades poñer o nome do autor. Así perdedes a cada vez menos confianza que tiñamos algúns no derredeiro medio en galego.
Por ex-pp: Se fose un artigo de opinión faría xuízos de valor pero chamar ultracatólico a López-Llaves é mentir? Tu non debes estar ao tanto do que pasa. Dicir que M. Jose Bravo é un perdedora é mentir? Tu non debes nin mirar a prensa. Dicir que Corina Porro foi embargada en 1995 é mentir? Vergoñento é que os dereitosos do PP traten de camuflarse para criticar un xornal dixital. Pero se vos mira a leguas de distancia. E onde se faltou ao respecto e a quen? debe ser que a algún/algunha voz fode o que pasa no PP e queredes que non se saiba.
El juez cita como imputado al alcalde de Camariñas por «autocontratación» ¿E disto que di a prensa independente, sustentable e mais mandangas? Nin chiu. Mira que non se deu a murga coa operación orquestra, mira que non se axitou co de Lugo, pero estamos no de sempre: aquí o que se trata non é de convencer aos lectores independentes que consultarán varios medios e farán a súa opinión. Do que se trata é de crear algo así como reforzos cognitivos nun grupo cada vez mais minoritario para cohesionalo, ensalzando o favorable, calando o contrario, e metendo supostos aguillóns que lla soplan ao aguilloado e por sistema sesgados que por estridentes non danan a ninguén. Despois a sesgada e a dependente é a Voz. Veña ho, veña...
Por Enfin: Y? no acabas de descubrir nada nuevo, pero esto no esta relacionado con la noticia que se esta a comentar.
Vaia novidade. Todo isto xa foi relatado no blog http://www.corinaalcaldesa.com Todo o que alí se contou está aflorando agora. Ónde estaban os medios de comunicación que non informaron da operación de Feijoo de sustituir a Corina por Guerra. Logo laiámonos de que pechen os medios. O problema no son os xornalistas -que son os que van a sufrir o paro-, senon que os medios no teñen audiencia porque non contan nada de interese.
La extrema derecha del PP reivindicando "que hay de lo mío". Corina foi un fiasco, e mira que o tiña fácil ante un BNG debilitado a nível nacional e un PSOE en baixada xeneralizada en todo o Estado. En fin, hay mucha España y nacionalistas españolísimos en todos los rincones, que seguro pelearán por unha parceliña de poder. Están todos os lobos pepeiros esperando ás próximas eleccións xerais para cobrarse os favores feitos. De Ourense e o Baltarismo e do seu modus operandi non merece nin a pena falar. O Sur de Italia parece xogo de nenos comparado con estes...
Por Xoelho: Diante dun BNG que non ten candidato mellor para presentar á alcaldía de Vigo que o "modelno" do Santi Domínguez, calquera partido dos maioritarios teno fácil. Non me importa repetilo o que faga falta, mais un candidato supostamente nacionalista que fala o galego como o falaría un madrileño despois dun cursiño rápido da nosa lingua xa queda descalificado de partida, aínda que só sexa por ese feito.
O de Corina Porro é de traca, presenta-se as eleizóms e como non sae alcaldesa fuxe como do lume
Por Rayleigh: Esta señora creo que ten un record mundial..presentarse 3 veces para candidata a alcaldía(12 anos) e soamentes acumular 4-5 anos como concelleira nesa época. Quen sabe..o millor no 2015 volverá outra vez.
Figueroa, Corina Porro e María José Bravo / PP Vigo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting