Códice Calixtino: oh!!

A existencia do Códice Calixtino, como todo o patrimonio histórico-cultural, material ou inmaterial, de Galiza, foi descoñecido, ignorado ou menosprezado pola inmensa maioría dos galegos e galegas. Así adoita pasar en toda colonia que o é sen recoñecelo.

Por Francisco Rodríguez | | 10/07/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O seu recente e estrafalario roubo veu impactar mediaticamente na sociedade galega, como unha sorpresa de pasmo e admiración, á vista de que voces autorizadas e oficiais subliñaron, compunxidas, a importancia desta xoia da literatura medieval en lingua latina e do seu exemplar máis antigo depositado no Arquivo da Catedral de Santiago. Certamente contén prodixiosa información histórica, relixiosa, musical, poética, artística, social e mesmo económica sobre o século XII na Galiza e na Europa.

Bebamos na súa fonte. Tiremos do libro información. Por exemplo, Viseu, Lamego, Coimbra, Lugo, Ourense, Iria, Tui, Mondoñedo, Braga, Guimarâes, Coruña e Compostela son consideradas todas elas cidades galegas. En contraste, cando enumera outras de distintos puntos da Península que non son a Galiza histórica, denomínaas españolas. Alguén murmurará: que disparate! Para o autor ou autores do texto, seguramente da Galia, os galegos acomódanse máis perfectamente ao seu pobo galo, que os demais pobos da Península, aos que considera de atrasados costumes. Outro rosmará: que barbaridade! Atribúense ao Papa Calixto II palabras que sitúan a Galiza no mesmo campo e categoría semántica que Franza, Alemaña, Italia, Hungría ou Dacia (Romenia). Un terceiro explotará: que esaxeración!!! Afonso VII é denominado emperador de España e de Galiza. Digo eu que ben o sabería o Papa Calixto, irmán e curmán, respectivamente, dos condes Raimundo e Henrique, gobernadores consortes da Galiza histórica, por seren xenros de Afonso VI. Raimundo e Urraca eran o pai e a nai do futuro emperador, nado en Caldas de Reis, coroado por vez primeira na catedral de Santiago. Nin disparates, nin barbaridades, nin esaxeracións. Simplemente, consideracións e observacións conforme á realidade daquel tempo e o noso papel, non precisamente marxinal. En fin, para o Códice Calixtino Galiza é sempre a nación, a terra, o pobo, entre outras moitas e moitos europeos que tamén se nomean. Curiosidade: a sidra era entón a nosa bebida nacional por excelencia…

Felizmente, malia espolios sen miramentos, a Basílica Compostelá posuía até agora o máis antigo e valioso manuscrito desta composición do século XII. Era un dos Códices máis preciosos de toda Europa. A maior proba de desprezo real por esta xoia é a ignorancia sobre o seu contido, a desconsideración oficial polo que di. Esta ignorancia e descoñecemento, que nos consume, é a que alimentan precisamente os que nos abafan continuamente con cantos sobre a nosa españolidade. Así sempre desaparece a nosa historia, o noso papel na Península e no mundo, malia a contundencia das probas. A nosa condición de galegos e galegas nunca acada categoría política de seu nen relevancia como colectividade ou pobo. A información do Códice Calixtino é xustamente a que se agocha no sistema educativo, nos medios de comunicación. É a que se censura para construír unha conciencia social manipulada e servil. Por que Galiza non figura na historia medieval oficial e escolar coa relevancia e o papel que o Calixtino revela? Por que tanta censura e desprezo destinados a eliminarnos como pobo, nación ou terra con historia e tradición relevantes?

O espectáculo mediático prefire centrarse no caso como o dun outro roubo dunha xoia cultural de grande, incalculábel, valor monetario. Intentan centrar a atención social na investigación policial, learnos nun suspense con morbo paifoco e estrambótico. Postos a ser estrafalarios, adianto a miña sospeita de que o Códice aterrará misteriosamente no Vaticano. O furto podería ser obra do Espírito Santo inspirado polos ciumes de Roma por Compostela posuír un exemplar de maior valor. Non é broma, trátase de obra atribuída a un Papa e pode ser que, polos corredores vaticanos, aínda resoe a competencia, de todo tipo, que representaba Santiago en tempos remotos. El será tamén que repararían na incautación perante o hipotético, pero real, perigo de que, inspirándose no Códice, o pobo galego pretenda asumir identidade, carácter e vontade? Esta hipótese goréntame máis. Como lles dixen, o roubo material engádese ao perpetrado, desde hai séculos, sobre a historia que contén.

Quen a furtou? Con expresión inmaterial, pero de base material agresiva, digamos que a españolidade, á que serven e adulan moitos galegos e galegas renegados, que van de cultos. Fagamos que o impacto informativo redunde no esforzo colectivo por recuperar con incidencia e forza social a historia que nos negan. Galiza necesítao.

Francisco Rodríguez




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

260 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 34

    Rubenson

    Sen entrar en consideracións ideolóxicas e políticas paréceme un pouco ventaxista elixir como base da argumentación do artigo unha obra dunha época concreta da nosa historia na que en efecto este rincón do mundo foi reino independiente obviando que tanto antes como despois foi parte integrante de estados mais grandes e así está reflectido en obras escritas desas épocas. Creo que un marco máis amplio e necesario e non só non danaría o razonamento se non que eliminaría o sesgo,faríao máis respetable e desde logo moito máis didáctico.


    33

    Xabier G.

    Seguidelle cargando o carro a este iluminado. A la carga!!!!!!!!


    32

    Roel

    Sinto profundamente que esta entrada se convertira nun vertedoiro de lixo, non porque comparta moito con Francisco Rodriguez senón polo sectarismo dos argumentos. Aquí calquera pode opinar o que queira, pero cando máis de 3/4 partes do argumentario non teñen ren que ver co titular... Sexamos un pouco sensatos e procuremos referirnos ao titular, non despotricar sin máis nin máis, nin leas de ti vs eu a ver quen ten máis kg de razoamentos. A vida e os comentarios non se acaban hoxe, temos kilómetros e meses para debatir...

    1 resposta
    1

    Por roemos todos: Eu tamén penso o mesmo... Imaxinemos que Feijóo faga un artigo sobre a cria do salmón en cautividade en Muros, que seguro que estarían os palanganeros do BNG a falar dos medicamentos, da pesca e marisqueo e do valor turístico da ría. Seguro, pois é a disciplina e o que importa.


    31

    Gamela

    Galegos "renegados" non temos, só queda algún RESESO! http://galiciaconfidencial.com/nova...


    30

    xan

    No medio de tanta bazofia como se lee nestes comentarios, de cando en vez aparece algun con sentidiño,como o de Lobo, para cando a RAG se decatara da valia de este señor? ou sera moito caldo pra pouca taza?


    29

    ferrolvello

    Propoño a suscrición popular para erguerlle un monumento a Francisco Rodríguez, o lugar debe ser en Canido, e irá montado nun burro para nos ser menos que o outro Paco de Ferrol. Camaradas os tempos de rascarse os petos son chegados, o noso lider na sombra merece ser recoñecido. Contribuir da puntos para situarse nas próximas listas. O que non arrime a axuda esperada, que logo non lamente.

    6 respostas
    1

    Por Roberto Tojeiro: Contade comigo. Hai que abrir, de xeito inmediato, unha conta en NoCaGa eu serei o primeiro en contribuir, é moito o que lle debo a Paco Rodriguez, se non fose pola súa axuda e o seu compromiso cando nos xuntamos na zona de Betanzos, non sería posible que Reganosa estivese funcionando e so me preguntou se eu falaba galego, ningún outro compromiso. Moitas grazas Paco moito che debo

    2

    Por O Pindo: Isto xa é moito, o Chatarras fai un comentario (Ferrolterra) e el mesmo contesta (Roberto Tojeiro). Este tipo é o máximo en manipulación nos foros, por iso mesmo foi expulsado, con sentenza xudicial firme; por mentir e difamar, ese é o seu traballo, iso si agora está en Esquerda Unida, o que lles faltaba para acabar con eles.

    3

    Por trecola: O Pindo: Estás obsesionado con ese que chamas Chatarras a quen non coñeces de nada e lle atribues continuamente comentarios que non fixo

    4

    Por trécolo: A Chatarras coñéceno ben en certos círculos de Ferrol. Non sabía que se afiliara a IU, agora encaixa todo. Si que lle gusta andar por Internet.

    5

    Por Vou cajar: ¿¿Pero quen carallo é CHATARRAS??

    6

    Por A Curota: Chatarras, segundo O Pindo é un que expulsaron de tódolos lados, incluso de asociacións de veciños, e que agora é de Esquerda Unida


    28

    Gamela

    Outra que vén de facer os deberes! http://www.xornal.com/opinions/2011... Paco pon tarefa e toda a UPG traballa de lo lindo...!


    27

    Bruno V

    Parabéns polo artigo. Dizer que estou a leer "Otra idea de Galicia" de M.A. Murado. Recomendo o livro enteiro ainda que nom entra em muitas profundiades (nom é o seu objectivo), esta mui bem o capitulo 3 titulado "Tierra sin historia" onde comenta como a historiografia oficial espanhola borra a Galiza durante 1.000 anos, ademais de como os mesmos historiadores passam a chamar o Reino de Galiza como Reino de León "pola jeta". Em fim si conhecessemos a nossa historia virariamos mais cara o atlántico e menos cara meseta.

    11 respostas
    1

    Por p3y5: Moi ben, tes moita razón, pero se queres pasar de ser colonia castelá a colonia portuguesa, non fai falla que uses o eufemismo "mirar cara o Atlantico".

    2

    Por Realista: "que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd coñeço o fijera". Carta galega dirixida ao Conde de Gondomar. Ano 1598. ¿Así que portugués non?, documentate un pouco p3y5.

    3

    Por p3y5: Non és capaz de poñer un anaco desa carta sen que apareza un "ñ". "coñeço".

    4

    Por Realista: Certo, mais tamén son incapaz se poñer un "z" ou un "x", e iso case no século XVII, porque nos anteriores de "ñ" pouco. O portugués conserva a grafía puramente galega mal que lle pese a algúns.

    5

    Por Giky: Colonia portuguesa? E porque non colonia inglesa? Quen acodiron á chamada da nobreza galega cando esta perdeu o control político da Corte castelá foron os Reis de Portugal (Fernando I, Rei na Coruña 20 anos, por exemplo) e os nobres ingleses (o duque de Lancaster, por outro exemplo) Fai falta que poña as citas orixinais das fontes de como os galegos SAÍAN Á RÚA RECIBILOS COMO SOBERANOS ou aforramos deixar en ridículo os ignorantes?

    6

    Por p3y5: Se les eses textos vaste decatar que Fernando I non mandou tropas para defender Galicia, deixando tirados ós galegos que o apoiaban. Portugal é así, un simulacro de país do que non podemos esperar nada, máis que ir algún domingo de excursión.

    7

    Por Realista: Si si, reconstruiu as murallas das grandes cidades, trouxo grao directamente desde Lisboa para suministrar Galicia, mandou facer un mercado común entre ambos reinos, e ves dicindo que nos deixou tirados, home...foi defender o seu reino. P3y5, Portugal garda moito do que noutrora foi cultura puramente galega, non se trata de copiar nada aqui en Galicia, senón se tendes pontes e recuperar o noso coa axuda do resto. Senón pois poderemos dicir sempre "presupostos" no canto de "orzamentos", "seguridade" no canto de "seguranza" ou "ventá" no cando de "xanela". Portugal é un irmán do que si podemos agardar moitas cousas se falamos con el, e non perdemos o tempo facendo macrorexións con Burgos, Valladolid ou Cuenca dentro de pouco.

    8

    Por p3y5: Andades moi trabucados do que é e foi Portugal. Dende o asesinato de Inés de Castro ata os númerosos intentos de conquistar o bispado de Tui en todo o antigo réxime, pasando polo racismo antigalego do lisboetas, Portugal nunca tivo nada con nós. E por moito que o repitades o galego non é portugués, teñen sistemas foneticos diferentes, e nunca ides asimilarnos a eles, ou vos centrades en Galicia, e nos territorios que nos roubaron coma o Bierzo, ou o nacionalismo nunca pasará de marxinal.

    9

    Por Giky: Teñen sistemas fonéticos diferentes? Carallo como os ancareses e os fisterráns! Real Academia da Lingua Ancaresa xa! Aínda que pensándoo mellor, co sistema fonético ceceante de 5 vogais que tragamos pola RTVG se cadra mellor non. Portugal un fracaso de país? É a túa opinión, pero non vexo a España moito mellor. Non se trata de sermos portugueses trátase de recuperarmos a grafía para a lingua que temos en común, e deixar a española para cando escribamos o español.

    10

    Por p3y5: Agora vai ser que nos Ancares din "colonisaçao" e "fome". Pero ben, por sorte pouca xente vos fai caso.

    11

    Por Lucense: P3y5: para dizer essas asneiras, melhor estar calado.


    26

    hrih

    Que foreiros tan desprestixiados coma Gamela, ataquen a este señor, só pode levarnos a pensar que a UPG non é tan mala. E que esta UPG é o que lles molesta os movemento amarelos e subvencionados coma os que defende o tal Gamela e asimilados.

    3 respostas
    1

    Por Zarzuelas non, grazas: A escala de valores dun nacionalista do BNG: foreiro/señor, a UPG non é tan mala=é boa/amarelos e subvencionados... Só che quedou dicer españolista, fascista, pepero, difamador... Como se nota que perdeches argumentos e tiraste ao bulto!

    2

    Por Rayleigh: jajaja..E que ti das argumentos gamela/zarzuelas? Vaites..E o mellor de todo es que o cres.

    3

    Por Zarzuelas non, grazas: Ray, fai o cursiño de galego, que o españolista aquí es ti (aquí o "es" vale, mais non no teu post). E coidado con deixar escapar o racismo, que ti ao luso xa sabemos que o odias, verdade españolista do BNG?


    25

    Paquita la del Barrio

    E quen fai este tipo de comentarios non renega do país? E logo falas de que en Galicia ensinan sevillanas: http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

    1 resposta
    1

    Por O Pindo: Chatarras, xa con dicir quen eres nos foros ti só te descualificas; aínda máis, en todos os foros non que entras acaban, antes ou despois, pechando; podería citar varios, por iso é mellor que GC estea preocupada.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • Francisco Rodríguez

    Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro do Consello Nacional do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal