Video: Ducias de actores toman a sede do AGADIC

A Xunta non paga as axudas ao teatro e cancela as liñas de subvencións, denuncian ducias de profesionais da escena pechados na sede do organismo que dirixe Juan Carlos Fasero. Vídeo de Tingalaranga no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 26/10/2011

  • versión para imprimir

Uns setenta actores, actrices, magos, titiriteiros e outros profesionais da escena galega están arestora pechados na sede do AGADIC, o ente da Xunta que xestiona as artes escénicas, en Santiago. Os profesionais denuncian así o impago ou cancelación dos investimentos comprometidos polo Goberno Galego.

"Fasero dimisión!" é o berro máis coreado polos profesionais na corredoira da sede do AGADIC en San Lázaro, entre os que hai representantes das directivas da Asociación de Actores e Actrices de Galicia e de Escena Galega, que agrupa a gran parte das compañías de teatro, entre outros.

A mobilización comezou as 11 da  mañá e continúa cando son as 12:45. Juan Carlos Fasero, director do AGADIC, negouse en principio a recibir aos manifetantes pero, segundo fontes presentes na protesta, agora está a negociar reunirse con algunha representación.

Actores e empresarios do teatro critican o recorte dos investimentos da Xunta para este sector. Por exemplo,  o Executivo de Feijóo acaba de cancelar a convocatoria de 300.000 euros en axudas a pequenas entidades culturais.

"A actividade teatral galega corre serio risco de desaparecer a causa da desidia da clase política galega" denuncia Escena Galega.

GC publicará nas próximas horas un vídeo da mobilización.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

71 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 25

    fflores

    Podríamos hacer una cosa, prodríamos proponer que los recortes necesarios para el buen funcionamiento de las bases fundamentales del bienestar ciudadano, se hagan en todas las consellerías, administraciones, concejalías y ministerios que no dirijan cultura.


    24

    Del

    Hay que hacer otra, un lunes cuando no se suele programar para que Todos los que estamos implicados, que somos muchos podamos ir y se oigan todas nuestras voces, muchas gracias compañeros por alzar la voz


    23

    Del

    Hay que hacer otra, un lunes cuando no se suele programar para que Todos los que estamos implicados, que somos muchos podamos ir y se oigan todas nuestras voces, muchas gracias compañeros por alzar la voz


    22

    Amigo de Manolito

    El conceto es el conceto y como te digo una cosa te digo la otra ¿msentiende?


    21

    Gamela

    Ben feito! Tódolos colectivos tiñamos que visitar aos administradores da cousa pública para lembrarlles o que nos DEBEN! Para comezar débennos RESPECTO! e logo falamos dos cartos!


    20

    Cidre

    Parabéns aos actores e actrices polo acto de reclamación para a escena galega. É unha das columnas vertebrais da nosa cultura. E que se recorte en publicidade, pasta que se lle está dando a algúns medios de comunicación, en asociacións antiabortistas, nas axudas aos colexios privados que segregan por sexos,etc. E parabéns polo video tirado.

    1 resposta
    1

    Por Tingalaranga Audiovisual: Graciñas Cidre...concordo contigo en todo


    19

    Bruar

    Cultura para o Partido Popular é sinónimo de gasto non productivo. Polo tanto calquera pepeiro medio o primeiro que se lle ocurre cando escoita a palabra CULTURA é ¿e canto nos vai costar? e a sua autoresposta automática na maioría das veces é: salvo que sexa para touradas, fútbol ou Ciudad de la Cultura o mellor é non poñer un peso e pechalas. Parece brincadeira, pero é tan repetido que máis parece dogma de fe. Outra cousiña, os actos litúrxicos e procesións varias da Iglesia Católica son CULTURA per se, polo tanto non demostran o máis mínimo rubor en criticar ao Senado pola traducción a outras línguas e ao mesmo tempo bendicen que só o gasto da retransmisión da MISA na TVG custe máis.


    18

    Charlie Rivel

    Para os Maanoliños e demais ultras que por defender un partido non recoñecen o evidente. Segundo o estudo "O Sistema Produtivo da Cultura en Galicia. Unha visión económica", elaborado polo Servizo de Información Ardán da Zona Franca de Vigo en colaboración co Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, este sector movía no ano 2007 o 2% do PIB galego e daba emprego a 25.000 persoas en 725 empresas. É polo tanto un sector importante na nosa economía e move moito máis que outros sectores hipersubvencionados sobre os que Manoliño e as outras herbas non din nada. Aquí hai outro tema: a Xunta non cumpre as súas obrigas en canto a prazos e convocatorias legais. Estamos, por tanto, ante un organismo ineficaz e uns caciques que compracen tan só a aqueles que os apoian, non os que presublimente non están con eles. Pero as xentes da cultura non están con ninguén (lembremos as críticas a Bugallo), defenden o seu e o pan de miles de persoas.


    17

    antiespañol

    sacade a pistola fachas pepeiros que se está a falar de cultura.


    16

    saña

    E pregunto eu, seica o porco era coxo,? so miro un xamon.

    2 respostas
    1

    Por desratizador: O outro leváronllo ao teu amigo Paco Rodríguez, por aquelo de que hai que contentar a deus e ao demo á vez, e nunca se sabe...

    2

    Por saña: Toma ratibron, che ira ben, so un chisco tampouco te pases rimos a cachon ca tua sapienza desratizdor caducado.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Fasero diante da sede do AGADIC

    Os actores leváronlle xamóns e billetes falsos a Fasero / Bocixa

    Mobilización fronte a AGADIC