"Para impulsar o Estatuto deberiamos ter un presidente de Galicia, non un baleiro"

Caamaño lidera por vez primeira unha contenda electoral pero faino como se levara toda a vida en cargos do PSOE. Nesta entrevista con GC, critica a "falta de humildade" do PP e di que cun PSdeG galeguista "Galicia irá mellor". De Pepe Blanco suliña que "non está feito para a derrota".

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/11/2011

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Galicia Confidencial (GC): Como leva a campaña?
Francisco Caamaño (FC): As municipais foron un bo campo de entrenamento, pero ser candidato cambia as cousas. En todo caso, estar coa xente resulta moi gratificante, o mellor da campaña.

GC: Pregúntollo porque hai quen di dentro do PP que é un novato nisto de encabezar listas que igual non aguanta o ritmo?
FC: Se aguantei os insultos do PP durante tres anos como ministro de Xustiza seguro que soporto a campaña, e, como espero saír elixido, o traballo que desenvolveréis como deputado. Teño dúbidas de que alguén no PP soporte o meu ritmo como representante dos cidadáns da circunscripción da Coruña.

GC: E como é iso de compaxinar o Caamaño ministro, do Caamaño político?
FC: En realidade, trátase sempre de ser Fran Caamaño. Dá igual qué cargo veña despois do meu apelido.

GC: España "xa non vai ben". Que parte de responsabilidade teñen os socialistas na situación actual?

FC: Unha parte relevante, como corresponde a un partido con vocación de goberno, e que cando goberna, asume a responsabilidade en lugar de evitar o desgaste a conta de evitar un drama maior para os seus cidadáns. O presidente Zapatero acaba de asumir a responsabilidade da situación, do drama que significan os millóns de parados. Agora só fai falta que aqueles que teñen responsabilidades nos territorios autonómicos que gobernan, e que non aplican as fórmulas máxicas que seica ten Rajoy, asuman tamén a súa parte, e dese modo estará completo o mapa da responsabilidade deste país. Talvez sexa inocente pola miña parte pensar que no PP poden admitir que teñan a culpa de algo.

"A crise é dura"

GC: Precisamente a crise é o que está a acaparar o debate político. Aí o PSOE xoga en desventaxe, non?
FC: Calquera goberno xoga con desvantaxe nun contexto de crise mundial. Esta crise é tan grande, dura xa tanto, e custará tanto abandonala, que non existen ventaxes para un partido que exerce a acción de goberno.

GC: E como pode convencer a un cidadán que está no paro desde hai meses e non ve perspectiva de atopar traballo para que o vote?.
FC: Non lle vou prometer a un cidadán nada que non vaia ser capaz de levar adiante. Iso significa que non lle mentiredes dicíndolle que o día 21 de novembro todo se arranxará e disporá dun emprego automaticamente. A xente hai que dicirlle a verdade. O país está mal, o país alimentou durante anos un modelo de crecemento baseado no ladrillo e na baixa cualificación, que nos conduciu até onde estamos. Agora hai que cambiar o modelo, e dada a situación, aumentar os ingresos para incentivar o crecemento. Iso non se vai baixando impostos, a menos que para compensar un somete aos servizos sociais a recortes atroces. Eu non quero prexudicar a igualdade de oportunidades, así que é preciso aplicar máis solidariedade dende os estratos sociais que menos padecen a crise. É dicir, impostos máis altos a quen máis pode pagalos, para incentivar a contratación dos que están en paro. A partir de aí iremos crecendo e demostrándolle á xente que non é o mesmo o PSOE que o PP.

GC: O PP semella que vai de sobrado. Ten motivos?
FC: No PP sempre faltou humildade. Lembre a Aznar. Así que dende ese punto de vista sóbranlle motivos para ir de sobrados. Agora ben, darse por gañador, á marxe da decisión dos cidadáns, é moi perigoso. 

GC: E non confía no que din as enquisas?
FC: Eu confiarei no digan os cidadáns.

GC: Falando de propostas. Que é o que fará polos coruñeses se é elixido?
FC: Traballar sete días á semana. É dicir, representar os seus intereses no Congreso, cando haxa plenos ou comisións, e o resto do tempo atenderei a Oficina do Parlamentario que crearei na medida que me elixan e tome posesión. As propostas non serán tanto miñas como dos cidadáns, que terán máis voz que nunca antes.

GC: Hai uns días falaba dos "listillos" que hai en España... Realmente temos tanta xente que fai trampas?
FC: É difícil traballar con datos precisos, pero todo indica que proliferan os listillos, e a cultura dos listillos. Porque hai un problema en dúas fases: o intre no que se defraudan os intereses colectivos, porque mentres un fai trampa o resto cumpre a lei, e o intre no que se produce a comprensión do fraude por parte dos que rodean ao defraudador. Ambas manobras constrúen a “cultura” do fraude.

GC: Pero isto é moi "español", non?
FC: Moi español sería que erradicaramos a cultura do fraude que se practica no país. O noso PIB e o benestar darían un salto cualitativo e cuantitativo.

GC: Vostede tense declarado federalista. Debería mudar logo o estado das autonomías?
FC: España practicametne xa é un Estado federal, o que acontece é que non hai cultura federal. E iso é o traballo no que debemos afondar.

GC: E que ten Andalucía que non teña Cataluña para que lle boten atrás un estatuto?

FC: O PP.

GC: Do galego, entón, xa non falamos, non?
FC: En realidade, deberiamos falar. Pero para iso deberiamos ter presidente de Galicia, e non un baleiro no oco que deixou Emilio Pérez Touriño hai dous anos e oito meses.

"Un PSdeG galeguista"

GC: No BNG veno como un perigo en potencia por iso de que vostede é "moi galeguista". Pensa que esa vena galeguista pode prender no electorado nacionalista?

FC: Cantos máis galegos confíen un PsdeG galeguista, mellor para o PsdeG, e mellor para Galicia.

GC: Tamén falou hai pouco dos procesos xudiciais e da necesidade de respectar a presunción de inocencia. Cre que Blanco é inocente das acusacións da Operación Campeón?
FC: Creo que Blanco, ao igual que o conselleiro Hernández, ou o ex deputado Escribano, son inocentes mentres non se demostre o contrario. A menos que agora non rixa a Constitución española.

GC: En todo caso, non pensa que sae moi tocado de todo o que se está a publicar contra del?
FC: Un home como Blanco non está feito para a derrota. Resistirá.

GC: Pensa que existe unha campaña detrás de todo isto?
FC: No meu carácter non vai crer no que non vexo, así que serei prudente, e direi que confío en que a Xustiza aclare o que a política confunde.

GC: Adiante un resultado para o vindeiro 20N.
FC: Un resultado? Malo será.

GC: E, como ministro, adaptarase ás bancadas da oposición se perde o seu partido?
FC: Por suposto. Actuarei co mesmo alento tanto se represento aos cidadáns como partido de goberno ou como partido da oposición.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

22 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 9

    Bruar

    Este home ten e terá ataques dos "españoles" do PP en Galicia. Debería ser el o candidato do PSOdG á Xunta nas próximas eleccións galegas, ainda que non creo que internamente llo permitan. Un PSOE galeguista que lle mine o terreo ao PP e recorte dunha santa vez o españolismo no de decaeu o PSOE na súa guerra interna nos finais dos oitenta. Galeguismo vs Españolismo. Si o PSOdG non se arrimara tanto ao PP en Galicia fai moitos anos que o PP quedaría sin coartada e non gobernaría.


    8

    Koroshiya Itchy

    Este "galleguista" fala em espanhol para quase toda a media galega.

    1 resposta
    1

    Por Enfin: Este hombre (Koroshiya) debe ser del PP, ya que sus comentarios lo único que hacen es favorecer al PP.


    7

    Revolución 20N

    Oque nos fai falla é que entren a gobernar partidos que realmente presenten unha alternativa real á política social e económica actual. O 20N hai que dar un envorcamento electoral. O 20N temos que cambiar a sociedade! #Revolución20N http://www.youtube.com/watch?v=xnNj...

    6 respostas
    1

    Por pjrngw: Ave María purísima. Queridos hermanos de este santo foro: Con motivo de las inminentes elecciones generales que se van a celebrar en nuestra patria, este pastor de almas quiere daros a todos los españoles unas orientaciones cristianas sobre el sentido de vuestro voto, con la seguridad de que nuestro llorado Caudillo, allá desde el cielo y con la complacida mirada del Supremo Hacedor, suscribirá punto por punto mis palabras. Fijaos bien, hermanos, en la fecha de estas elecciones, una fecha sagrada para todos los buenos españoles, puesto que es el 20 de noviembre, día en el que en 1975 el Caudillo de España y Generalísimo de los ejércitos fue llamado por Dios a compartir a su lado la gloria por los siglos de los siglos. En una fecha tan patriótica no podemos permitir de ninguna manera que los sin Dios y antiespañoles consigan el apoyo electoral del sano pueblo español y todos los buenos cristianos.

    2

    Por pjrngw: España se encuentra en estos momentos en proceso de liquidación, producto de una crisis sin precedentes por culpa del gobierno marxista-leninista que padece bajo la bota de Zapatero y que pretende perpetuarse en la diabólica persona de Rubalcaba, apoyado por la ETA y todo el separatismo vasco, tras haber llegado a un acuerdo con el Terrorismo para que abandone las armas pero a cambio se convierta en legal la parcelación y venta a bajo precio de esta nuestra España que antaño era UNA, GRANDE y LIBRE.

    3

    Por pjrngw: Pero, señores, ¿cuál es la causa de la crisis? La ley del divorcio express y la de los matrimonios de maricones y tortilleras, así como la persecución religiosa, con la prohibición del crucifijo en los centros públicos de enseñanza y las negociaciones con el Terrorismo para vender España al mejor postor. Todas estas diabólicas maniobras llevadas a cabo por la dictadura marxista que se instaló en España a raíz del atentado del 11 de marzo de 2004 en Madrid, perpetrado por el PSOE, el BNG y la ETA juntos para entregar el gobierno a los rojos, con la relajación de las costumbres y el apartamiento de los designios de Dios que ello supone, dieron lugar a una crisis sin precedentes en España que por contagio se extendió a Europa y a los benditos Estados Unidos de América, que tanto velan por nuestra civilización occidental y cristiana.

    4

    Por pjrngw: Esto ha corroído a nuestra sociedad, desarrollando vicios y aberraciones de todo tipo que han destrozado la economía y se han disparado las cifras de alcoholismo, drogadicción, homosexualidad y masturbación, por apartarse de los mandamientos de la ley de Dios y de la Santa Madre Iglesia, pues ya saben ustedes que Dios castiga sin palo y sin piedra. Así pues, hermanos, hemos de votar por el PP para, con la ayuda del Señor y con el ejemplo del Generalísimo Franco, enderezar el rumbo de la nave através de la tormenta para retomar el buen camino, ese que sin duda y con perseverancia y el rezo diario del santo rosario nos conducirá al final de nuestros días a la Casa del Padre, para gozar de la presencia del Señor por toda la eternidad. Palabra de Dios.

    5

    Por desfondacranios: ... te alabamos señor... jajajajaja, merece un premio

    6

    Por Bruar: Sempre leo con agrado as tuas mensaxes pjr.. Aportan un punto de humor e análise totalmente fiel á realidade que case me fan arrepentir dos pecados e voltar á senda da Santa Madre Iglesia para ser un "español" medio e mediado. Grazas por facernos rir e pensar.


    6

    Gallegol

    Los gallegos a los largo de los siglos hemos demostrado nuestra nula capacidad para cuidar y defender nuestra lengua, cultura y economía, por ello lo mejor que podemos hacer como buenos gallegos, y siguiendo nuestra tradición secular, es abrazar con fuerza la cultura y lengua dominante. Animo desde aquí a todos los gallegos a que admitan de una vez por todas que somos unos incompetentes como ya hemos hecho la gran mayoría, déjense llevar, súmense al carro como los alemanes lo hicieron con el movimiento nazi. ¡No se resistan, será peor!

    2 respostas
    1

    Por Vijes: Jajajajajaja Postremonos ante la todo poderosa Zamora!

    2

    Por daquella es verda: jaur, jaur... :)


    5

    anonimo

    Hay partidos que deciden suicidarse y el PSOE es uno. La única posibilidad de quitarle el poder al PP en Galicia la tienen con Pepe Blanco, ahora como empiecen a darle al nacionalismo, la gente se va a vocar en el PP. ¿ES QUE NO LO VEN? el BNG baja pero no porque la gente necesite un nacionalismno más moderado, es simplemente que NO QUIEREN nacionalismo, empezad a darle otra vez a la matraca de la identidad y de la lengua y la cagamos manolito, tenemos Feijoo para rato. Por algo está intentando cargarse a Pepiño, porque sabe que fue consiguiendo tener muy buena imagen. es de alucine, no se ouede ser mas corto.

    4 respostas
    1

    Por Arenga: Pois para nom querer nacionalistas temos a um nacionalista espanhol como presi.

    2

    Por desfondacranios: eis un exemplo claro de carga da profundidade españolista da que falaba antes... con tipos coma éste cabe algunha posibilidade de galeguismo no psoe?

    3

    Por CELTA: Eu tamen penso, que para non gustar aos nacionalistas, os Galleguiños, votan a tropel a un nacionalista Español. Ademais canto mais Galleguiños son mais gustalle que lle den polo........costas. A mercaduria mais vendibel é baselina, nº one no "top ten" dos medicamentos das farmacias, e si non que pregunten aos Manolos, que fan todos os domingos na Parafarmacia.

    4

    Por anonimo: allá vosotros, ya veréis que palo se lleva también el PSOE en Galicia, joé qué coñazo, más Feijoo.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button