Pioneiros das aplicacións móbiles para galego

Sen subvención, pero explotando as vantaxes do software libre e o 'boom' da navegación móbil. Así naceu Galapps, creador dos primeiro tradutor e conxugador de verbos en galego. Xa van polas mil descargas. Entrevista no interior.

Por Walter Burns | Santiago | 19/12/2011 | Actualizada ás 20:35

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

De onde naceu a idea de crear GalApps?

Comezou ao decatarnos do lanzamento do conxugador web Cilenis. Vimos que estaba baseado en software libre, e dixemos "por que non?". Sabela e Xurxo levaban tempo querendo facer algo xuntos, especialmente relacionado con Galicia e formuláronse facer o ConxuGalego. Xurxo e Juan traballan xuntos na UDC e comentando o ConxuGalego, Juan comentou a idea de poder facer tamén un dicionario de galego e así foi como nunha semana tiñamos xa dúas apps para Android entre os tres, o conxugador e o DicionarioGalego. O do tradutor foi unha “necesidade”, completar un puzzle, e iso fixemos.

Daquela en Galapps hai diferentes perfís profesionais ...

Somos tres, Juan, Sabela e Xurxo, as persoas que estamos detrás. Juan e Xurxo adícanse ó desenvolvemento, á programación, Sabela leva todo o tema de deseño gráfico e web, e ademais é o que agora chaman Community Manager, encárgase da difusión de GalApps a través dos medios e das redes sociais.

Todas aplicacións son gratuítas, como as logrades financiar?

Non hai financiamento de ningún tipo. Como xa publicamos por Twitter, a publicidade nas aplicacións está aí unicamente por motivos de seguemento, xa que o xestor que empregamos xera unhas estatísticas moito máis precisas que as do propio Android Market. Os ingresos totais por esta publicidade ata o de agora non superan os 30... céntimos. E hai que ter en conta que a alta no Android Market son 25 dólares.

E como vai o volume de descargas das diferentes aplicacións?

O domingo 18 de decembro superamos entre as tres aplicacións as 1.000 descargas. Unhas 370 de ConxuGalego, unas 500 de DicionarioGalego e o resto de TradutorGalego. Aínda que esta última aplicación a puxemos no Market (o sitio de descargas das aplicacións de Android), facía só catro días. Ademáis notamos a través das redes sociais que eran aplicacións que a xente votaba en falta e aínda que sexa un "mercado" moi reducido, agardamos que as descargas aumenten aínda bastante.

Un tradutor para móbil, un dicionario galego para móbil ... é posíbel facer isto sen subvencións?

Totalmente. Sí, é posible, e GalApps é a proba. Aínda que é moito máis difícil pois soamente podemos adicarnos a isto no noso tempo libre. Isto dificulta bastante todo, non hai case tempo. Os últimos 30 días foron un non parar, literalmente.

Sería factible produtos así sen un software libre de base sobre o que construír?

Imposible, sen dúbida. Nós implementamos o que vén ser a ponte entre o usuario e unhas tecnoloxías que xa estaban aí. ConxuGalego emprega o conxugador do grupo ProLNat@GE da Universidade de Santiago de Compostela e Cilenis, DicionarioGalego emprega o dicionario da 1ª Edición da RAG, e TradutorGalego emprega o tradutor que está na web. Estaban as ferramentes dispoñibles para a web, pero faltaban para o mundo dos móbiles.

Cales os próximos proxectos de GalApps?

Agora estamos centrados en portar as tres aplicacións a iOS. Existe unha demanda por parte dos usuarios, e esa é agora a nosa prioridade, aínda que levará tempo. Logo, temos algunha cousa pensada, pero... tempo ao tempo.

Que outra aplicación en galego considerades que non debería faltar en ningún móbil?

O primeiro que debería existir sería que os propios terminais tivesen a opción de ter a interface en galego. Non a hai, e é un primeiro paso. Existen iniciativas moi boas como O teu Móbil en Galego. Se os preditores de texto, a interface en xeral, etc. estivesen en galego, a xente animaríase máis a usar o galego nos seus móbiles.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
5

uuu

O primeiro conjugador de verbos em galego fora o Conjugal feito pola agal.


4

Black Crow

Parabens ... parabens ... que palabra mas bonita y fácil de usar, pero el hecho es que el I+D+I no se limita a tener un chalao con bata blanca en un sótano sino que empieza desde arriba. Ahora, con la mano en el corazón, ... ¿Creeis que los gañanes que nombró Paco Rodriguez durante para bipartito darían la talla en una empresa de I+D+I? ... me refiero a esa tropa de licenciados en filosofía, profes de literatura, enfermeros y expertos en normalización lingüistica ... porque la UPG fuera de eso poquito poquito ¿Eh?

6 respostas
1

Por CranioF: Pero deixa o BNG dunha vez, home!. ¿Qué importa o que haxa no BNG se non van gobernar durante unha boa temporada?. Se non cambian, peor pa eles. Son marisco podre.

2

Por TomasDou: En bo xardín te fuche meter comparando a Camilo Nogueira enxeñeiro industrial e economista ou Teresa Táboas doutora en arquitectura, a recoñecidos economistas e médicos ou, mira, mesmos os rectores das Universidades Galegas, os dous canditatos á reitoría da UVigo ambos eran militantes do bloque, gañou Tano doutor en Bioloxía. En bo xardín te fuches meter comparandoos coa recua de funcionarios enchufados e explotadores sen estudos que conforman o PPdG actual. A trola esa de que o BNG son todos filólogos, a parte de que non sei en que iso sería un insulto, non a credes nin vós mesmos.

3

Por Black Crow: TomasDou : "gañou Tano doutor en Bioloxía" ... vaya hombre, como Anita Obregón.

4

Por Chuzos de Ponta: Sem falar do novo reitor da Universidade da Corunha...

5

Por eee(ecubo): Suarez Canal matemático, Obelleiro catedrático de teleco... pois si, un equipo de I+D+i do Bloque podería ser abraiante. E eu aínda poría a enfase nas novas xeracións, eu en Vigo non oio case galego iso si entro na escola de peritos industriais e o que non se escoita é castelán. Arriba rapazolos, a ver se desta saen os industrias galeguistas que sempre nos fallaron!

6

Por Cholas: Como se nota que volta o franquismo (ainda que nuinca se foi) que volve a febre da titulitis, contra a APARENCIA DA titulocraCIa faise necesaria a efectivista meritocracia.


3

Gromit

Parabens! Mas uma puntualização. A interfaze em Galego nos telemóveis já existe mas vem sob o nome de Português! Obrigado.


2

Wiki-wiki

Noraboa pola iniciativa! eu xa a descarguei!


1

Androidado

Así se fai país. Con xente comprometida coa cultura, pero que é libre e non anda a pedir da teta do político de turno. Parabéns a Galapps e ao GC por darlles bombo.

2 respostas
1

Por xan soares: exacto!, os meus parabens e que cunda o exemplo.

2

Por Ano Mariano: A miña admiración


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button