Agredida a nai readmitida en Autobuses de Calo

Nélida Pisco foi despedida tras quedarse embarazada. Gañou o preito e volveu a traballar, pero agora denuncia agresións físicas e laborais.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 02/01/2012

  • versión para imprimir

A CIG denuncia que o encargado de Autobuses de Calo agrediu fisicamente a Nélida Pisco na nave da empresa o pasado mércores. A traballadora tivo que ser atendida no centro de saúde, onde se levantou o preceptivo parte de lesións.

Nélida Pisco é condutora de autobuses e foi depedida do seu posto de traballo da empresa de transporte Autobuses de Calo despois da maternidade. A continuación sufriu  un calvario xudicial de varios até que logrou que o despedimento fose declarado nulo. Grazas a loita polos seus dereitos laborais recebeu o premio 8 de marzo da secretaría da muller da CIG o ano pasado e reincoporouse á empresa de transporte da comarca de Compostela. Velaquí un resume en vídeo da súa historia:

Tras a agresión física denunciada, a central asegura que "Hedegasa está dando cobertura a un acoso laboral e agora tamén físico porque non se lle perdoa á traballadora ter defendido o seu dereito a ser nai e traballadora".  Este martes terá lugar nos xulgados de Fontiñas un xuízo rápido pola vía penal.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
3

tino

Já começa a nova xeira PPaifoca (pós-Fraga): os empresariuchos com m*rda na cabeça enchem o peito pensando que som os donos do mundo no que habitam seres que há que escravizar


2

cachamuiña

E a CIG que ten pensado facer?

1 resposta

1

Galeguista

Ese fulano que lle pegou a unha muller habería que ir a buscalo e sacalo a ostias dalí. Estou destes nacional fascistas españois até as mesmísimas pelotas. Non so presumen de ignorancia senón que agora adícanse a pegarlle ás mulleres. A violencia xera violencia e hai moitos aos que xa se nos están inchando de máis as pelotas....

2 respostas
1

Por Santiago: Talvez o que lle pegou é tan galego coma calquera outro, mellor non mesturar conceptos

2

Por anacondo: Concordo contigo Santiago. A brutemia é moi nosa... debémoslle as mulleres e debémonos a nós mesmos un respeito que non existe aquí, na nosa terra.


Nélida Pisco logo de coñecer a súa adminisión na empresa Autobuses de Calo/ cig