O xornalismo galego reinventase en 2012

2011 foi o ano do peche de Galicia Hoxe e Xornal. Antes pecharan ANT, Vieiros e A Peneira. Pero neste 2012 nacerán até 4 novas iniciativas de comunicación integramente en galego. Sermos Galiza, Praza Pública ou Dioivo son algúns dos exemplos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/01/2012

  • versión para imprimir

Primeiro foi Diagonal quen, a mediados de outubro, presentaba a súa edición en galego grazas a un equipo de tradución conformado por varios colaboradores galegos deste medio estatal. Ao longo dos últimos meses, Diagonal estivo presentando este proxecto e procurando respaldo social e colaboradores co obxectivo de consolidar un espazo en galego deste dixital.

Dúas semanas despois, a finais de outubro, a revista mensual Tempos Novos sacaba unha nova versión dixital coma "complemento" da revista pero con contidos propios. “É un xornalismo de interpretación e análise da actualidade e do día a día", comentaba a GC, Denís Fernández, un dos seus coordinadores. Desde entón, temposdixital.com tense actualizado diariamente con información de actualidade.

Pero, á marxe destes dous proxectos, será neste 2012 onde fructifiquen outros proxectos xornalísticos que levan tempo xestandose; Sermos Galiza, Praza Pública, Dioivo e un novo medio que están impulsando ex traballadores de Xornal de Galicia.

Sermos Galiza

Ata o momento, os máis avanzados son os proxectos de Sermos Galiza e Praza Pública. Precisamente, Sermos Galiza (SG),  plataforma nacionalista para crear un dixital e un semanario en papel, acaba de anunciar que logrou xuntar os 300.000 euros que se marcou como mínimo para botar a funcionar un novo grupo mediático.

“O próximo día 11, o grupo promotor reunirase para executar quizais as derradeiras decisións como tal, antes de rexistrarmos todo perante a notaría”, explican nun comunicado.

A CIG inviste en Sermos Galiza

SG afirma contar con 750 accionistas,  o que significa unha media de 400 euros de investimento por accionista. Entre os colectivos que decidiron investir no novo medio de comunicación está o sindicato nacionalista CIG.

A central que dirixe Suso Seixo explica que “a Executiva Confederal da CIG acordou apoiar este proxecto de comunicación que considera imprescindíbel para defender os nosos dereitos sociais e nacionais”. Para prever dependencias, ninguén puido mercar máis do 10% de SG. Outros colectivos próximos ao BNG tamén se sumaron á Sermos Galiza, cuxa data de saída aínda se descoñece. 

Cando naceu, a iniciativa pretendía saír en 2011, pero o grupo de promotores explica agora que están traballando na “a constitución da sociedade, a contratación de profesionais e as últimas decisións sobre deseño do medio que culminen o traballo iniciado”. O seu obxectivo é lanzar un semanario –na liña do desaparecido A Nosa Terra— e un xornal dixital. Sen embargo, polo momento, aínda non comprometeron unha data de saída. Primeiro teñen que definir o medio e, logo, buscar aos profesionais para levalo a cabo.

Praza Pública

Quen vai máis avanzado é Praza Pública, outro proxecto xornalístico que foi presentado ao longo dos últimos meses e que, segundo os seus promotores, conta con ver a luz antes de que acabe o mes

Praza Pública nace co obxectivo de ser un xornal “aberto e plural” e converterse no “Público ou en El País galego”, tal e como suliñou Marcos Pérez Pena, o seu director, durante a presentación do proxecto en Compostela. O xornal quere comprometer aos lectores coa súa liña informativa e tamén no enfoque. Por iso, incidirán nas noticias en profundidade e na análise informativa. Conta cun equipo de dous xornalistas que coordinará Perez Pena. O xornal, terá, ademais, numerosas colaboracións.

Sen embargo, e a diferencia de SG, Praza Pública nace sen un orzamento pechado. Precisamente, ao longo dos últimos meses, os seus impulsores estiveron recaudando cartos, a través de donacións, para financiar a fundación que sustentará o novo xornal.  

Os dous, SG e Praza Pública, salientan o seu carácter compremetido co país pero independente. Con todo, as dúas iniciativas están organizadas por persoeiros próximos ao nacionalismo. No caso de Sermos Galiza, entre os promotores hai numerosos militantes de varias correntes do Bloque, sobre todo da maioritaria UPG, e no caso de Praza Pública, un dos seus editores é Filipe Díez, ex-militante de Máis Galiza e do BNG.

Dioivo

En 2012 tamén xurdirá outro proxecto xornalístico de corte cultural, aínda que tentará abranguer máis áreas da actualidade. Trátase de Dioivo, un medio que xa lanzou dous interesantes vídeos promocionais.

Detrás de Dioivo están un grupo de xornalistas dos desaparecidos Galicia Hoxe e Xornal de Galicia e que teñen como lema de “contar e contrariar”.  “A cultura será unha prioridade no proxecto, porque é un campo que quedou bastante desatentido nos medios e porque cadra que varios dos que estamos nel, estamos "especializados" en cultura”, apunta unha integrante deste proxecto a GC.

De todos xeitos, en Dioivo tamén haberá política, economía, sociedade ou deportes. “E non será unha empresa, senón, polo menos en principio, unha asociación cultural”, apuntan. “Funcionará como o GC no sentido de que haberá un núcleo de xente que o poña en marcha e despois moitos colaboradores”, asegura.

Sen embargo, Dioivo non nace co obxectivo de “tentar competir dando as noticias antes, porque é imposible”.”A idea é facer textos interpretativos, análise, noticia, entrevista... Tampouco sen chegar ao grao de profundidade de Tempos Novos, por exemplo”, asegura.

Coa experiencia de Xornal

Finalmente, e logo da experiencia recollida no Xornal de Galicia, varios xornalistas deste medio xa desaparecido tamén están tentado sacar adiante un novo proxecto dixital impulsado por quen foi subdirector do Xornal, Xabier Blanco.

Nun primeiro momento, o proxecto pretendía ser un xornal dixital ao uso e xestionarse a través dunha cooperativa de xornalistas. Pero a idea inicial non foi adiante. Sen embargo, Blanco asegura que o futuro medio “será moi novidoso” e completará o panorama informativo galego, “con boas propostas agora mesmo no forno”.“Non será un xornal ao uso, como foi Xornal.com, xa que logo de debullar varias propostas imos apostar por algo que non existe nin en Galicia nin no Estado”, asegura a GC. “Estamos a cociñar a proposta e pretendemos caer na rede este ano”, indica ao tempo que incide que detrás do proxecto “só hai xornalistas”

Ante algúns rumores que xurdiron nas últimas semanas, Blanco suliña que detrás deste proxecto, e a diferencia doutros, “non está nin un partido político nin un grupo empresarial como se está a dicir. Temos as mans libres e pretendemos seguir así”. Tamén quere deixar claro que o futuro medio que se está a cociñar “non ten nada que ver con Praza Pública”, a pesar de que nese medio traballarán tamén ex xornalistas de Xornal.

O equipo de GC deséxalles aos catro novos medios a mellor das sortes na súa próxima botadura.

Unha información de X.S. e W.B.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

50 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 26

    non debin de nacer

    Hai que ler SermosGaliza, sen dúbeda. Fora iniciativas non dirixidas polo partido.


    25

    gatv

    Unha boa nova o de Sermos e o de Dioivo. O de Sermos esperemos que non a fastidien ó final engadindo artigos en portugues e demáis desbarres que fan que a xente normal fuxa dese tipo de proxectos. En canto o de Traza Pública nin o considero un xornal galego, sabendo de onde ben, xente que ata hai dous días quería modernizar o BNG unindo este no PSOE.

    2 respostas
    1

    Por bouzas: "A xente normal" e a norma internacional, o certificado de "xornal galego" que outorgas ti, supoñemos... As túas palabras feden, vai lavar a boca!

    2

    Por ManuelN: Trabucaste, non é Traza, é Praza. Trabucaste con Portugal, é un pais cunha lingua propia. Trabucaste, e xente normal non se trabuca tantas veces en tan pouco tempo. Trabucaste tamén con


    24

    ManuelN

    O de Sermos Galiza será o novo xornal do BNG, para os do BNG ou pola contra os do BNG decatanse de sermos un problema para Galiza. A desfrutar que é media hora


    23

    Luxilde

    A estratégia é clara. Achega-se a Assembleia Nacional do BNG, e as correntes que luitam pelo poder vam lançar um médio afim aos seus interesses para defende-los. UPG com Sermos Galiza, e os +Galiza e demais o Praza Pública. E nom há mais.

    2 respostas
    1

    Por bambu: Se o País está limitado ás miserias internas do reformista BNG, entón o que está en liquidación é o mesmo País.

    2

    Por Hans: Estaba lendo noutros foros e Twitter, por certo, os comentarios cheos de odio e veleno que se alegran do (posible, espero que non) peche de "Público". Dos ultras de sempre, vamos. Como me lembran os que aparecen por aquí a miúdo contra a Voz. Doutros ultras. Ao final, todos son o mesmo.


    22

    ánimo

    Eu reivindico aquí aos de Dioivo... que todos falando do Praza e do Sermos e ninguén di nada dun proxecto que pinta moi, moi ben, na liña independente do GC. O outro que montan os ex de Xornal non o coñezo tanto así que xa non opino.


    21

    realista

    Ánimos e parabéns e todo o que queirades pero é unha pena que non se puideran poñer todos de acordo para facer un gran medio porque uns son da UPG e outros da contra e porque Filipe Díez e Néstor Rego case nen se falan. Ao final pasará o de sempre, pecharán e dirán que é culpa da Xunta porque non hai subvencións. De pena.


    20

    Bruno V

    Muito animo a tod@s, fazedes muita muita falta.


    19

    non debin de nacer

    Qué bonita é a liberdade de opinión. Para quen crea nela. Paco.


    18

    Oxir

    Se eu fose Santiago Rey estaría encantado ao ler algúns comentarios, deses que rezuman cainismo e bordean o autoodio. Pode que, persoalmente, nin Praza Pública, nin Sermos Galiza ou os que veñan me parezan perfectos. Pero apoiareinos na medida das miñas posibilidades por seren medios de comunicación galegos e en galego que ademais empreguen xornalistas en condicións dignas. O demais, xogos florais, estreitez de miras, envexas, fariseísmo e o dito, cainismo. Moito ánimo aos novos proxectos.


    17

    Ricardo M

    Ao marxe das xestión económicas dos proxectos, os que os coñecemos sabemos que se está a falar nalgúns dos casos de grandes xornalistas galegos, que así o demostraron nas súas traxectorias en Xornal de Galicia e no Galicia Hoxe. En vez de criticar e insultar, hai que dar as grazas porque aínda surdan proxectos xornalisticos... Xa está ben de tanta mala baba. Sen pluralidade informativa Galiza aínda será máis pobre. Ánimo!!!!!!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • Teresa Moure e Nestor Rego nunha das presentacións do proxecto