Os fans de Mariano Rajoy presumen de que o máximo dirixente da dereita española confeccionou un goberno sen hipotecas partidarias e mediáticas.Están –segundo esa lóxica discursiva- as persoas mais capaces e mais leais ao proxecto e á propia figura do gran líder.O único tributo do que non falan é do que paga aos poderes fácticos que actúan nos despachos de Bruxelas e nos mercados financeiros.A presenza de Luis de Guindos racha esa imaxe idílica do “superman” que non negocia a composición da súa equipa e demostra que ter exercido de “vip” no universo da especulación é perfectamente compatíbel coa idea que ten Rajoy sobre a estatura moral que deben posuír os seus colaboradores.
Xesús Veiga
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Se o autor, natural de Monforte de Lemos, falara da súa terra de orixe, de como a súa irmá -concelleira do BNG, con mando en praza, e de apelidos sen normalizar- mantén e renova sen concurso a unha empresiña de Allariz chamada Rural Consulting, curiosamente propiedade dunha Quin -irmá daquel ao que o señor asesorou (é un dicir)-, pois igual despois podía falar dos demais... Mais cando hai moito que limpar na casa, sendo público -coñecido e denunciado pola oposición-, semella pouco elegante ver só unha parte do problema. É que hoxe os do Suso sodes tamén parte do problema!
Por Campodafolla: E como sempre, os que non tedes argumento ningún en contra do exposto (vai ser que estades dacordo, supoño), desviades a atención intentando desprestixiar e insultando ao persoeiro. Pero, repito, sen argumentos, sen datos que contrasten a opinión e, dende logo, sen altura moral (senon non teríades que recorrer ás descalificacións). Moi do estilo PP, ese que vota aos corruptos coa esperanza de que lles toque algún día o seu petisco dos cartos públicos. Qué triste, señor. Qué pouco futuro.
Por lemes: Os palanganeiros do PP, herdeiros dos Pin e súbditos da Raquel polas terras de Lemos, sonche moi semellantes a ti: andades a tapar as vergoñas dos amos. Polo demais o argumento é contundente: está igual de emporcado -considerando a porcentaxe de poder que detenta- o BNG que o PSOE, o PP, ou a familia que deixou colacada Franco para a xefatura do Estado. Até hoxe todos tedes corruptos dentro, así que vaite lavar a conciencia antes de opinar sobre quen somos os que criticamos. Por certo, poñemos nomes moi claros que calquera que o desexe pode comprobar, mais hai que desexalo...
De Guidos e Urdangarin, pasando por Fernando Blanco( ó que lle tocou a lotería como a Fabras) http://www.lavozdegalicia.es/notici...
Non hai nada que decir. Esto vai de mal en pior, pero é o que hai. A xente vota sin mirar o que fai e despois, pasa o que pasa. A Guindos, ráscalla moitisimo que desde esta tribuna se lle diga algo. O Urdanga, traille frouxa a crise española, él anda lonxe e o roubado ainda mais lonxe, en paraisos agochado, e Mari ano, vai o seu: mirará todo pequerrechiño, ¿lembrades os fiuiños..?
Remata de destaparse Feijóo cun: a postos de responsabilidade na administración non ven ninguén a aprender, todos virán formados. Supoño que se refire a De Guindos, sobeu impostos a rendas mais baixas coma o do IRPF, pero non tocou as SICAVS, nin evasión de impostos, é a sua leción ben aprendida. Como tiña ben aprendida a lección Urdagarin, parte da uneca dinastia gobernante europea sobre o que existe a lei da omerta. Só sabese que non tiña un patacón cando Franco nomeouno seu sucesor e vivia de aluguer en Estoril.
Por Antón: E que seu pai deixoulle só a él e hirmans 36.000 euros, mais algúns pisos, pero non se sabe, como sabese de outras monarquias a canto ascende o seu patrimonio, nin cantos impostos paga, nin cantos regalos recibe como o iate que regaloulle Mario Conde, etc. Sabese por vox populi, que non porque o publiquen,que non le un libro, que lle gosta o viño e as mulleres, e que ten varios fillos ilexitimos, como o que ten cunha aristócrata italiana, froita das suas frecuentes correrias, nin do seu papél a duas bandas no 23F. O que antes levaba as contas da casa real, antes de morrer tivo dous xuizos por corrupción, con Conde y de La Rosa.
Por Teresa: Sábese Antón. El negocio de la libertad(Jesús Cacho)Los hijos silenciados de los Borbones( David Garrido)Bastardos y Borbones(José Mª Zabala) Hasta la coronilla. Autopsia de los Borbones (Iñaki Errazkin) Hai máis.....
Por Antón: Si como tamén o de Iñaki Anasagastegi, o que quero decir é que non se sabe oficialmente, debido a opacidade con que se tratan os temas da casa real. Por exemplo en Suecia un caso de corrupción fixo temabaleala monarquía, cando soubose que un empresario privado sufragou a lua de mel dunha das princesas, houbo xuizo é transparencia total, moi diferente aquí.
Por xan soares: O rei, colocouse ao mando do exército despois da ditadura porque ninguén se fiaba de ninguén e foi bó para evitar que comenzara outra guerra civil en Espanha. A día de hoxe, dentro da unión europea sería imposible que se porducira unha guerra civil dentro de ningún país así que o rei xa non pinta nada. Hai que darlle porta canto antes porque o grao de corrupción da casa real é inadmisible.
Licenciado en CC.EE. pola Universidade de Bilbao. Profesor –dende o ano 1974- no Departamento de Organización de Empresas e Comercialización da Facultade de CC.EE. da USC. Dirixente do MCG. Posteriormente, foi dirixente de Inzar. Dende 1993 é membro do Consello Nacional do BNG.Foi deputado polo BNG no Parlamento galego dende 1993 ao 2005. Dende Setembro do ano 2005 ate o mes de Abril do ano 2009 foi asesor para asuntos económicos no Gabinete da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting